"Ya" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 670.

  • Modalidade de teatro de sombras hindú, na que se utilizan máis de cincuenta monicreques feitos con pel de cabra e que aínda se conserva no estado de Karnataka. Conta cun museo específico na cidade de Bangalore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Foi correxidor en Chiquimula de la Sierra e Casablastran (Guatemala) desde 1730. Nomeado gobernador de Nicaragua (1748) ascendeu a coronel de Infantería (1751).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista fundada en 1954 por José Camón Aznar e subtitulada “Revista de Arte”. Publicada pola Fundación Lázaro Galdiano, continuou o labor de La España Moderna, de José Lázaro Galdiano. Recolle artigos de investigación sobre historia da arte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Licenciado en Belas Artes, foi profesor de debuxo no instituto Salvador de Madariaga e na Escola de Artes e Oficios da Coruña. Cursou estudios de arquitectura. Realizou as reconstrucións artísticas de San Cosme de Maianca e San Xulián de Serantes. Ilustrou Escudos reales, municipales y nobiliarios de La Coruña (1967), de Carlos Martínez-Barbeito, e La Coruña en seis rutas (1975), de Teodoro Santodomingo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Fillo dun dourador, en 1760 ingresou no taller de José Luzán en Zaragoza. Trasladouse pola súa conta a Roma (1771) e, ao regresar, pintou ao fresco o coro da basílica de El Pilar de Zaragoza (1772) e realizou once pinturas ao óleo sobre xeso para a cartuxa da Aula Dei nas que narrou a vida da Virxe. En 1774 residía xa en Madrid e, protexido polo seu cuñado Francisco Bayeu, ingresou na Real Fábrica de Tapices, na que realizou, ata 1792, 63 cartóns nos que reflectiu desde escenas idílicas ata escenas da vida cotiá nun estilo romántico e decorativo de carácter costumista. Entre os primeiros cartóns que realizou destacan La caza de la codorniz (1775), El quitasol (1777), El paseo de Andalucía (1777) e Las lavanderas (1780). Neste tempo gravou obras de Velázquez, realizou retratos e obras relixiosas, entre as que destaca Cristo crucificado (1780), co que ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, da que foi tenente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galardóns que entrega anualmente a Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España. Con estas distincións prémiase os profesionais do sector que máis destacaron nese ano. O premio consiste nun pequeno busto de bronce que representa o pintor Francisco de Goya. A primeira edición tivo lugar en 1987 e contaba con 15 premios, correspondentes a outras tantas categorías, aínda que co tempo se ampliou o número, que en 2002 era xa de 27. Os premios concédense mediante o voto secreto de todos os membros da Academia, agás o Goya de Honor, que o concede a xunta directiva por unanimidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cirurxián. Doutorouse en Medicina na Universidad de Madrid en 1900 coa tese “Sobre a influencia da tiroide no crecemento e desenvolvemento da idade infantil”. Foi profesor do Hospital Xeral e director do Instituto do Cancro. Destacou no campo da cirurxía, na que introduciu unha serie de métodos e procedementos como a ofrioplastia ou a arterioplastia. Da súa obra destacan Sobre angioplastia (1905), La sutura en cirugía del sistema vascular (1912), La ureterostomía como operación de urgencia (1918), Cirugía del tiroides (1929) e Cirugía de las aneurismas (1942). Foi membro do Comité Internacional do Cancro, do Colexio Americano de Cirurxiáns, membro da Real Academia de Medicina e doutor honoris causa pola facultade de Medicina da Universidade de Bordeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e profesor. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. En 1926 nomeárono catedrático de Histoloxía e Anatomía Patolóxica da mesma universidade. Foi director do manicomio de Conxo, do Gran Hospital e da leprosería de San Lázaro, médico da beneficencia provincial e director do laboratorio, autopsias e tratamento antirrábico do Hospital Clínico. Das súas obras destacan Anatomía práctica (1898), en colaboración con Barcia Caballero, Nocións de Técnica Histolóxica (1925) ou Prácticas de laboratorio (1931). Foi alcalde de Santiago de Compostela (1922-1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Participou nos diversos movementos artísticos da década de 1970 e en 1980 integrouse en Atlántica participando nas súas exposicións. Desde os seus comezos artísticos, nos que realizou paisaxes, mostrou unha inclinación cara á abstracción. Cara   1983 comezou unha etapa artística na que realizou series de pinturas ao redor dun motivo concreto, como Río (1984), Toledo (1986), Figuras (1989) e Sombras (1991), caracterizadas polo expresionismo. O cumio desta etapa sitúase na súa participación na sección Áreas de Silencio da Bienal de Arte de Pontevedra de 1994. A partir de entón, experimentou con novas técnicas e recursos pitóricos. A súa paleta caracterízase pola sobriedade, en ocasións cunhas tonalidades fortes e con contrastes violentos. No eido dos encargos públicos, realizou, entre outras obras, as columnas do Berbés, a cúpula do Centro Comercial Plaza Elíptica e os xardíns de acceso á Estación Marítima de Vigo. Participou, entre outras mostras,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Norfolk, Inglaterra, Reino Unido (48.273 h [1981]). É o principal porto inglés da pesca da sardiña, no esteiro do Breydon Water. Do seu patrimonio cultural destaca o edificio do Town Hall (1261-1400).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo que se abre entre o cabo de San Juan e o cabo Cruz, na costa SL de Cuba. Constituído por unha plataforma continental pouco profunda e moi extensa, posúe unha gran riqueza pesqueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Guayas, en Ecuador (1.973.880 h [1997]). Está situada na confluencia dos ríos Daule e Babahoyo. É a cidade máis poboada do estado e o porto principal. Ten industrias de refinado de petróleo, químicas, téxtiles, de fabricación de cemento, alimentarias e estaleiros. Establecida por Sebastián de Benalcázar (1535), foi fundada como cidade (1538). Centro produtor de cacao durante a época colonial, S. Bolívar anexionouna á República de Colombia (1822) e a partir de 1830 integrouse no Ecuador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo de Ecuador, no Pacífico, situado entre a punta de Santa Elena e o cabo Blanco (Perú).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Ecuador (20.503 km2; 3.201.672 h [estim 1997]). A capital é Guayaquil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou arquitectura e pintura na Escuela Nacional de Bellas Artes de Quito. Pintou temas humanos e sociais. O xigantismo e a dimensión mural, como tamén os personaxes crispados, convulsos e axitados, son característicos das súas obras. Da súa creación destacan os murais do Palacio de Gobierno y Legislativo de Quito, do aeroporto de Barajas (Madrid) e da sede da UNESCO de París. Obtivo, entre outros galardóns, o premio ao mellor pintor sudamericano da Bienal de São Paulo (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do sheng de Guizhou, China, na rexión do SO (1.018.619 h [1990]). Está situada na beira do Nanming He, tributario do Iang-Tsé. Ten unha gran planta siderúrxica que subministra aceiros á industria local da fabricación de maquinaria e ferramentas. Ten xacementos de bauxita ao N da cidade e tamén industria química, de fabricación de pneumáticos, de produtos téxtiles, de vidro e de papel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado do NL de América do Sur, que limita ao N co Océano Atlántico, ao L con Suriname, ao S e SO con Brasil e ao O con Venezuela (215.083 km2; 865.000 h [estim 2001]). A capital é Georgetown.
    Xeografía
    Situada sobre o macizo paleozoico da Güiana, ofrece un relevo que se eleva suavemente cara ao límite con Brasil e Venezuela. Ao S, outro macizo granítico elévase a 1.500 m de altitude na Serra de Acarí, fronteiriza con Brasil. De clima ecuatorial, a superficie que se dedica á agricultura é unha mínima franxa costeira, que pola fertilidade dos aluvións, obtén boas colleitas de raíces e tubérculos, hortalizas e froita; pero, sobre todo, produce cana de azucre, e arroz nos deltas. O bosque cobre máis das tres cuartas partes do territorio, pero só unha cuarta parte é accesible por río. A pesca satisfai as necesidades internas e incluso permite a exportación de gambas. O subsolo é particularmente rico en bauxita, ouro e diamantes. Tamén hai xacementos de cobre, molibdeno,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento francés de ultramar situado ao NL de América do Sur, que ocupa unha parte do macizo da Güiana (83.534 km2; 157.213 h [1999]). A capital é Cayenne (50.594 h [1999]). Ten un clima ecuatorial moi marcado. A maior parte do territorio está cuberto pola selva ecuatorial (88%). A poboación, distribuída moi desigualmente, é sobre todo mestiza e fala linguas caribes, como o wayana, o wayampí e o kari’nya, e o francés, a lingua oficial. As principais producións agrícolas son a cana de azucre, o café, o cacao, o millo, o tabaco, a mandioca e os plátanos. A riqueza mineira céntrase no ouro e na bauxita. A capital é famosa polo seu penal. Colonizada desde 1604, a industria do azucre foi a base da economía, pero despois dunha etapa moi próspera (1827-1846) sufriu unha recesión pola abolición da escravitude (1849). En 1855 descubríronse xacementos de ouro. Transformouse en departamento de ultramar francés en 1949. O goberno está formado por un prefecto ou gobernador...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Acerbaixán, situada á beira do río G’andžčaj, afluente do Kura (282.200 h [1991]). Segundo centro industrial e cultural do país, despois de Bakú. Ten unha industria téxtil moi desenvolvida, con fábricas de aparatos de precisión, de aluminio e de porcelana. Fundada no s VI, estivo baixo dominio persa desde o s XVII ata a conquista rusa (1804), cando pasou a denominarse Elisabetspol. Trala Revolución Rusa recuperou o seu primitivo nome, pero en 1935 este cambiouse por Kirovabad en memoria de S. M. Kirov. Dende 1991 volveu ser coñecida por Gyandzha. Do seu patrimonio cultural destacan os restos da tumba do poeta Nizami (s XII) e a mesquita de Abbas (s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO