"aris" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 297.

  • Tratado asinado o 10 febreiro de 1763 entre Francia e Reino Unido, que marcou a fin da Guerra dos Sete Anos (1756-1763). Por este acordo, que consagraba a vitoria inglesa sobre Francia e España, Francia cedeulle a Reino Unido, Canadá e o leste de Louisiana, e abandonou Senegal, Dominica, Saint Vincent, Tobago, Granada e Menorca. España, pola súa banda, cedeulle Florida a Reino Unido e devolveu a colonia de Sacramento a Portugal e, en compensación, recibiu de Francia o oeste de Louisiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado o 10 de decembro de 1898 entre España e EE UU. Supuxo a fin da guerra e do imperio colonial español, que perdeu Cuba, Puerto Rico e Filipinas, e o inicio do imperialismo estadounidense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proba automobilística de resistencia creada en 1977 por Thierry Sabine, despois de perderse durante varios días coa súa moto no deserto de Libia. O rallye reúne máis de 300 pilotos nunha carreira de 20 días e uns 10.000 km de percorrido entre as dúas cidades. Motos, coches e camións compiten en cadansúa categoría nunhas condicións extremas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario informativo de actualidade fundado en París, en 1949, por Jean Prouvost, como continuación do semanario deportivo Match, que desapareceu durante a ocupación nazi. Editado polo grupo Hachette Filipacchi Médias, as súas reportaxes -en que se tratan temas nacionais e internacionais-, o tratamento da información, a súa fotografía e as grandes informacións en equipo convertérona nunha revista de referencia internacional e a máis divulgada no mundo de fala francesa. Inclúe artigos en que se analiza a situación política e social no mundo, e apartados especiais dedicados á saúde, ao diñeiro e á gastronomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario francés vespertino, fundado en París en 1923. Desde 1930 Jean Prouvost converteuno no primeiro xornal da capital francesa, grazas ao seu sensacionalismo e ao emprego da fotografía. Instalado en Lyon (1940), a censura de Vichy suprimiuno en 1943. Mentres, en París, os alemáns controlaban un falso Paris-Soir colaboracionista, que desapareceu en 1944. Co tempo converteuse nun medio de comunicación de referencia en Francia que se caracterizan pola análise de temas nacionais e internacionais, tratados nos apartados de deportes, industria, política, negocios, saúde, sociedade e tecnoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista italiano. Comezou a súa carreira literaria con Il ragazzo morto e la cometa (1951), e conseguiu un éxito total con Il prete bello (1954). Posteriormente publicou as novelas Il fidanzamento (1956), Amore e fervore (1959), Il padrone (1965) e Biafra (1968), o diálogo L’assoluto naturale (1966), os apólogos de Il crematorio di Vienna (1969), contos como Sillabario nº 1 (1972) ou Sillabario nº 2 (1982), diversas reportaxes xornalísticas e o libro de narracións Gli americani a Vicenza (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario fundado en París en 1944 por C. Bellanger e É. Amaury, que xurdiu dun grupo que traballara na Resistencia, e que rapidamente chegou a ser o primeiro diario da mañá pola súa tiraxe. A partir de 1974 a súa popularidade declinou, aínda que continuou a ser un dos medios de comunicación de referencia en Francia. Centrado na análise da realidade nacional e internacional, inclúe apartados referidos a política, deportes, sociedade e espectáculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a París ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • parisílabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten un número par de sílabas.

      1. Que ten o mesmo número de sílabas ca outro.

      2. Que presenta o mesmo número de sílabas en todos os casos da declinación latina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de parir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Réxime político en que o parlamento, elixido democraticamente, é o eixe da vida política e a principal fonte de poder. É característico da maioría de estados da Europa Occidental. O réxime está presidido por un xefe de estado sen responsabilidade política. Ademais, o apoio do parlamento é imprescindible para que o goberno se poida manter no poder xa que o parlamento lexitima a autoridade do goberno. De feito, nun réxime parlamentario, o goberno é, en certa maneira, unha comisión parlamentaria, encargada de elaborar e presentar, para a súa aprobación, os orzamentos do estado e todas as medidas lexislativas para gobernalo, aínda que o parlamento controla e limita esa liberdade de acción. O exemplo máis puro dun réxime parlamentario é Reino Unido: o xefe de estado, o monarca, limítase a recoñecer a situación política definida polos resultados electorais e o partido que consegue a maioría dos escanos nas eleccións forma o goberno. Aínda que, en teoría, o parlamento é protagonista dos réximes...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao parlamentarismo.

    2. Partidario do parlamentarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés, vizconde de Parny. De nome Évariste-Désiré de Forges, empregou a ironía e a burla para escribir sobre temas relixiosos e políticos. Parte da súa obra dedicoulla á súa amada Esther Lelivre, que el mesmo bautizou como Eléonore. Escribiu Poésies érotiques (1778), Opuscules poetiques (1779) e a parodia bíblica La guerre des dieux (1799), contestada por Chateaubriand. Foi membro da Académie Française (1803).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inclinación exclusiva ou parcial por un interese particular ou propio sobre o xeral ou común.

    2. Actitude relixiosa, vinculada frecuentemente a intereses nacionalistas e contraposta ao universalismo, pola que un grupo social se considera particularmente escollido por Deus con exclusión doutros grupos ou pobos de relixión diferente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao particularismo.

    2. Seguidor do particularismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas ou perennes, da familia das escrofulariáceas, que presentan as follas alternas e as flores tubulares dispostas en inflorescencias terminais. En Galicia aparece P. sylvatica, que se coñece como herba piolleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador e deseñador gráfico. Colaborou coa revista Caminar (1975) e desde 1977 traballou no eido da publicidade, nacional e internacional, e en publicacións como Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Can sen Dono e Xo. Ilustrou obras como Os enredos de Olalla (1990), A fuxida dos nenos (1994), Gluf contra Blef (1998), Papá Ogro (1999), Soños de Carme (2000), Un susto para Glub (2000) e Estela, a domadora de ras (2002). Parte da súa obra está exposta no Museo do Humor de Fene.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e político. Foi deputado nas Cortes de Cádiz (1814), ministro de Estado (1820-1821 e 1838-1840) e embaixador en Lisboa (1834-1848). Presidiu o Consello de Ministros (1838-1840) e, coa derrota do goberno, tivo que exiliarse ata que acabou a rexencia de B. Espartero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de erosión e tipo de modelado característico das rexións frías da Terra, non recubertas de xeo dun xeito continuo e onde as alternancias de xeo e desxeo son o factor erosivo esencial. O termo foi introducido en 1909 por W. Lozinski para describir o tipo de clima e os trazos morfolóxicos superficiais controlados polo mesmo. Aproximadamente, unha sexta parte da superficie das terras emerxidas están baixo os efectos do periglaciarismo. Durante os períodos de clima frío do Cuaternario, esta superficie foi considerablemente maior, e os sinais do modelado periglacial aínda son perceptibles. O sistema periglacial localízase nos sectores de latitudes moi elevadas e nos sectores de alta montaña. Nas latitudes elevadas hai dous tipos de áreas cubertas de xeo durante longas tempadas cada ano; as áreas de clima polar continental, como ao NL de Siberia, e as áreas de clima polar oceánico, como Islandia. Nas grandes altitudes, o xeo desenvolve un importante papel durante gran...

    VER O DETALLE DO TERMO