"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
VER O DETALLE DO TERMO
murcho.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á liña telefónica en que a marcaxe dun número se fai pola emisión de varias frecuencias, ou sexa, varias tonalidades en vez de impulsos.
-
-
Relativo ou pertencente a varias razas.
-
Que contén ou está formado por varias razas.
-
-
-
Calidade de munificiente.
-
Acto propio dunha persoa munífica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de conversas preliminares para poñer fin á Guerra dos Trinta Anos, celebradas en Münster e, simultaneamente en Osnabrück. Iniciáronse en 1643, pero non foron efectivas ata 1645. O resultado destas conversas foi a Paz de Münster, seguida dos tratados de Münster e de Osnabrück, un conxunto de acordos coñecido co nome de Paz de Westfalia (1648).
-
GALICIA
Biólogo. Doutorouse en Ciencias Biolóxicas na Universidad Complutense de Madrid (1972). Investigador científico e xefe do departamento de Biotecnoloxía e Acuicultura do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, foi director do Instituto de Investigaciones Pesqueras (1983-1987) e vicedirector do Instituto de Investigacións Mariñas (1990-1994). As súas investigacións centráronse na análise residual, dinámica ambiental, metabolismo e aspectos tóxicos dos compostos organoclorados, na calidade microbiolóxica das augas litorais e na súa influencia no cultivo de moluscos, na biorremediación en ambientes mariños, na produción de probióticos e probiontes, na depuración e bioconservación microbiana de residuos da industria alimentaria e na aplicación de modelos matemáticos a procesos de bioconservación, operación e deseño de bioreactores. Membro do consello editorial da revista Investigaciones Marinas, os seus artigos son habitualmente citados en Science Citation Index (SCI). Das súas...
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da Comunidad Autónoma de la Región de Murcia (370.745 h [2001]). De orixe musulmá e situada orixinariamente á esquerda do río Segura, conservou o seu carácter medieval ata mediados do s XIX, cando iniciou a súa expansión urbana coa formación do novo barrio do Carmen. O seu crecemento foi impulsado, en gran parte, pola construción do ferrocarril, que deu saída aos produtos da horta. Grazas a isto, o municipio de Murcia rexistrou un crecemento demográfico notable, de 111.539 h que tiña en 1900, pasou a 158.724 h en 1930, e a 249.738 h trinta anos despois. Nos primeiros anos do s XXI, a cidade continuou a medrar cara ao N e ao L. O núcleo antigo céntrase nas rúas de Platería e Trapería, onde están os monumentos artísticos principais. Durante os reinos de taifas pasou sucesivamente a diversas dinastías, en 1078 caeu baixo o dominio da Taifa de Sevilla, e máis tarde baixo os imperios almorábide e almohade, ata que en 1244 pasou a Castela polo Tratado de Almirra (1244), ratificado pola...
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Comunidade autónoma de España, constituída pola provincia homónima (11.317 km2; 1.197.646 h [2001]). Limita ao N coas provincias de Albacete e Alacant, ao S co Mar Mediterráneo, ao L coa provincia de Alacant e o Mar Mediterráneo e ao O coas provincias de Almería, Granada e Albacete. A súa capital é Murcia.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo é variado e complexo. Todas as montañas son de idade alpina e forman parte do extremo nororiental das cordilleiras Béticas. As principais cadeas, as serras de Espuña e Quípar, están formadas por materiais secundarios, terciarios e cuaternarios. A Penibética remata no cabo de Palos e abrangue as serras litorais de Almenara, Mazarrón e Cartagena. No interior atópanse as serras Subbéticas, e as serras de Carrascoy, Espuña e Taibilla. A principal conca interior é a do val Sangonera-Segura, que provén da provincia de Almería, atravesa Murcia e finaliza en Oriola (Alacant). Outras depresións importantes son as de Yecla,... -
REINOS
Reino musulmán anexado á Coroa de Castela durante a Reconquista. Tras a conquista musulmá da Península Ibérica, unha parte do seu territorio quedou incorporada ao reino de Tudmir, coa cidade de Murcia como capital (despois de Orihuela). Co desmembramento do Califato de Córdoba, Murcia foi sede da Taifa do mesmo nome, incorporada ás veces á Taifa de Almería ou á de València. Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ ammad ibn ‘Ā’iša incorporouna ao Imperio Almorábide; á caída deste entronizouse ’ibn Mardaniš (1147-1172), quen, coa alianza de Afonso VII, freou a ofensiva almohade. Aínda así, logo de diversos golpes de estado e intentos de supervivencia, o Reino de Murcia caeu (1266) baixo Xaime I de Aragón, quen o entregou, segundo establecía o Tratado de Almirra, ao seu xenro Afonso X.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade de fandango propia das terras de Murcia.
-
-
Relativo ou pertencente a Murcia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Murcia.
-
ariedade lingüística do castelán propia de Murcia.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Musicólogo, crítico da arte e crítico literario, cultivou a poesía, a novela curta, o conto e a tradución de poetas anglosaxóns como M. Wilson e R. Eberhart. Da súa extensa obra destacan os libros de poesía Un día más o menos (1963, Premio Ciutat de Barcelona), Este claro silencio (1970, Premio Nacional de Poesía), Del tiempo y soledad (1978, Premio Francisco de Quevedo) e La bufanda amarilla (1985), a novela curta Cartas a Tobby (1972) e o libro de contos El mar sigue esperando (1982, Premio Nacional de Literatura Infantil). É membro correspondente da Academia Venezolana de la Lengua (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que perdeu a frescura e o brillo.
-
Capa de fungos que se cría na materia orgánica en descomposición.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Carnota, Mazaricos, Muros e Outes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada na Coruña a partir de 1882. De carácter moral e instrutiva, estaba dirixida aos máis pequenos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo arqueolóxico provincial situado desde 1951 no palacio episcopal de Ourense. De titularidade autonómica, a súa orixe atópase en 1895 cando a Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense decidiu reunir nun museo os restos arqueolóxicos que formaban parte do Museo de Pinturas. En 1993 a sección de etnografía, con sede en Ribadavia, separouse e converteuse nun museo independente. A súa colección arqueolóxica e artística componse de restos megalíticos, castrexos, galaico-romanos e prerrománicos, así como de importantes pezas escultóricas renacentistas e barrocas e pinturas dos ss XVII e XIX. Tamén posúe unha mostra de mobiliario e artes decorativas. Pertence ao Consello Galego de Museos. En 1941 creouse o Grupo Marcelo Macías de colaboradores do museo, encargado de publicar o Boletín Auriense. A sede foi declarada Ben de Interese Cultural en 1962.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada na Coruña a partir de 1 de outubro de 1872. Baixo o subtítulo “Revista moral e instrutiva dedicada a la niñez”, saíu cada dez días dos obradoiros da Tipografía Católica. Ventura Pueyo exerceu como director ata febreiro de 1873, data desde a que o director e propietario foi Xulio Sandino. Dedicada a instruír os nenos na moral católica, prestoulle especial atención ás nenas, ás que lles inculcaba a submisión ao home.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Roma. Ocupa unha boa parte da antiga cartuxa de Santa Maria degli Angeli, construída sobre restos das grandes termas de Diocleciano (298-306), e recolle unha das mellores coleccións do mundo de mosaico, pintura mural e, sobre todo, de escultura antiga. Destacan os restos dunha das ábsidas do caldarium.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado no cabo do Muíño en Alcabre (Vigo), inaugurado no verán de 2002, coincidindo co tricentenario da Batalla de Rande. Promovido polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, foi proxectado polos arquitectos Aldo Rossi e César Portela. Alberga exposicións, de diversa temática, que xiran arredor do mar como fonte de recursos e actividade humana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Madrid fundado en 1980. Naceu co obxectivo de constituír unha colección de instrumentos e material científico sobre a que o novo centro puidera levar a cabo o seu labor de conservación e divulgación.