"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Verís (Irixoa). O seu cumio acada os 668 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cantante e instrumentista. Con dezasete anos comezou un intenso labor de recuperación da música tradicional galega desde a asociación cultural Xacarandaina e converteuse nunha das principais promotoras na formación de grupos de pandeireteiras, como Xiradela. Promocionou a música tradicional a través do programa de televisión Luar e editou un disco recompilatorio de temas tradicionais titulado Raiceiras (1997). Posteriormente, creou o selo discográfico Disco Trompo e iniciou a súa carreira artística en solitario. Colaborou con distintos grupos e artistas como Os Diplomáticos de Monte Alto, Manu Chao, Matto Congrio, Carlos Núñez ou X. M. Budiño, e participou en numerosos festivais internacionais en Bélxica, Eslovenia, Francia e Portugal. Na súa obra musical pretende fundir a modernidade coa tradición e con achegas dos ritmos norteafricanos. Da súa discografía destacan Isué (2000) e Ajrú (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calquera das 150 especies de peixes óseos que presentan, separadas ou moi xuntas, dúas aletas dorsais. A aleta dianteira é espiñenta e a traseira de raios brancos; a aleta anal ten unha ou dúas espiñas.
-
Peixe teleósteo que pode medir ata 60 cm de longo. Ten un corpo alongado, cabeza forte, mandíbula superior que chega ata o nivel posterior do ollo e a mandíbula inferior sobresae un pouco en relación á posterior. Presenta aleta dorsal dividida en dúas partes, a anterior espiñenta e máis baixa ca a posterior, que é branda. A cor é cincenta verdosa no dorso, os flancos e ventre son prateados e tamén nos flancos aparecen unhas manchas castañas, máis intensas nas crías. Aliméntase nas primeiras fases de vida de plancto, despois de insectos acuáticos e cando son adultos de peixes e doutros vertebrados. Especie orixinaria do L e S de EE UU e do N de México, foi introducida na Península Ibérica en 1955 para a práctica da pesca deportiva. En Galicia é abundante no Sil e en lagoas e pozas das Gándaras de Budiño.
-
Peixe teleósteo de reducido tamaño, de corpo alongado e cunha aleta dorsal. Vive en cardumes en augas tranquilas, transparentes e de fondos areosos. É unha especie invasora orixinaria de América do Norte e Central que foi introducida na Península Ibérica.
-
peixe sol.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes perciformes, da familia dos pércidos, que poden acadar os 60 cm de lonxitude e que teñen dúas aletas dorsais moi xuntas, ou unha dividida, a primeira con raios duros e a segunda con raios moles. Destaca a especie Perca fluviatilis, de cor dourada con bandas laterais escuras. Habita en augas doces, é moi voraz e aliméntase de peixes pequenos. Está espallada por gran parte de Europa e Asia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido de algodón, con ligamento de tafetá, de mellor calidade ca a cretona, que se emprega na confección de vestidos, uniformes, fundas para mobles ou roupa interior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Percal lixeiro, dunha soa cor e de superficie lustrosa que se emprega, sobre todo, como forro de pezas de vestir.
-
-
Crustáceo cirrípede, da orde dos torácicos, que pertence aos xéneros Lepas, Pollicipes e Scalpellum. Adhírese a un substrato variable mediante un pedúnculo carnoso en que hai unha rexión cefálica, mentres que o resto do corpo está protexido por unhas placas calcarias que forman a coiraza ou cuncha do crustáceo. En Galicia só están presentes as especies Pollicipes cornucopia e Lepas anatifera, pero só a primeira é comestible e obxecto dun comercio activo.
-
Crustáceo cirrípede que se caracteriza anatomicamente por ter o corpo dividido en dúas partes: capítulo e pedúnculo (comestible). O primeiro está formado por cinco placas calcarias grandes e varias pequenas, e no seu interior está o tórax do animal, con seis apéndices birrámeos sedosos, que libera para filtrar o alimento planctónico da auga. No pedúnculo, recuberto de pel flexible, quitinizado e cuberto en parte con placas para soportar o impacto das ondas do mar, está parte da cabeza e os músculos de fixación; o grosor e lonxitude do pedúnculo depende de onde se desenvolva o individuo. Esta forma anatómica permitiulles colonizar a zona intermareal rochosa, os cantís, etc. Para poder fixarse ao substrato posúen unha glándula, que produce unha sustancia durante toda a súa vida e que lle permite reparar pequenos desprendimentos. Viven en colonias, e o período reprodutor é entre marzo e setembro; son animais hermafroditas, pero a fecundación é cruzada. As larvas son libres e, tras un período,...
-
Crustáceo cirrípede, de estrutura similar ao percebe, pero con capítulo de placas translúcidas e pedúnculo algo retráctil. É peláxico e dáse no Atlántico Norte, onde se fixa ás barcas e á madeira. Non é apto para o consumo.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos percebes.
-
Persoa que se dedica ao marisqueo de percebes.
-
-
-
chinche.
-
Insecto hemíptero hematófago, de corpo aplanado e oval de 5 mm de lonxitude, cor vermella escura, ás curtas e patas fortes para poder desprazarse. É de hábitos nocturnos (polo día agóchase) e é parasito, entre outros, do home.
-
-
PUNTA
Punta do litoral atlántico, situada entre as dos Neuchóns, Eiras e Galiñeiro, na parroquia de Corme Aldea (Ponteceso).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
centil.
-
-
-
Acción e efecto de percibir algo a través dos sentidos ou por medio da intelixencia. Como momento do proceso cognoscitivo intermedio entre a pura sensación e a aprehensión puramente intelectual, a percepción estivo diversamente interpretada, segundo as diferentes doutrinas gnoseolóxicas, como afín e próxima á sensación ou á intelección. Así, Locke estableceu a percepción coma un acto propio do mesmo intelecto, mentres que Leibniz distinguiu entre a percepción e a apercepción, ou consciencia; na filosofía máis recente, a maior ou menor vinculación da percepción á sensación ou á intelección vén determinada, respectivamente, polo feito de que a actitude última sexa realista ou idealista. Propiamente, os tres momentos do proceso cognoscitivo no home son inseparables, e han de tomarse, segundo Hegel, como dialecticamente interrelacionados.
-
percepción extrasensorial
Información ou coñecemento supostamente adquirido por vías diferentes dos sentidos.
-
-
Recepción e elaboración nos centros nerviosos dunha impresión dos sentidos.
-
-
Operación e resultado de percibir algo nun aparato de alta precisión.
-
percepción remota
teledetección.
-
-
Acción de percibir ou recibir diñeiro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
perceptible.
-
-
Calidade de perceptible.
-
Grao de audibilidade dun son nunhas condicións acústicas dadas. Segundo este parámetro, os sons dunha lingua poden clasificarse nunha escala que vai desde o máis ao menos perceptible. As vogais son máis perceptibles ca as consoantes. Dentro das vogais, os sons abertos son máis perceptibles ca os pechados. Entre as consoantes, son máis perceptibles as sonoras ca as xordas, e as consoantes vibrantes, laterais e nasais máis ca as propiamente fricativas, e estas, á súa vez, máis perceptibles ca as oclusivas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode percibir.
-
-
Relativo ou pertencente á percepción.
-
Que ten a virtude de percibir.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen percibe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema autoadaptable que consiste nun circuíto que ten percepcións análogas ás do cerebro animal, mediante a conexión aleatoria dunha serie de elementos idénticos. A estrutura dun perceptrón é variable e, en cada momento, depende do funcionamento anterior, seguindo certos criterios de rendemento enerxético, económico, etc.
-
MONTES
Monte situado na serra do Burgo, na parroquia de Marrubio (Montederramo). O seu cumio acada os 900 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Soporte de metal, madeira ou doutro material, xeralmente triangular e cun gancho na parte superior, que se pendura dunha barra e que serve para colgar pezas de roupa.
-
Moble ou utensilio de metal, madeira ou calquera outro material, cun ou varios ganchos, que se coloca pegado a unha parede ou que se apoia no chan cun pé e serve para colgar cousas, especialmente pezas de roupa.
-
-
Pau ou estaca longo e delgado que serve para soster ou colgar algo.
-
Soporte destinado a que se pousen nel as aves, consistente nun pau horizontal, xeralmente sostido por outro vertical co que forma unha cruz.
-
-
Máquina que se emprega para cardar mecanicamente os tecidos.
-