"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas perennes da familia das apiáceas. Poden acadar entre 1 e 2 m de altura, presentan flores brancas, rosadas ou amareladas, e froitos oblongos ou ovados, comprimidos dorsalmente e con ás anchas nas costelas laterais. En Galicia son comúns tres especies: A. pachycarpa, que aparece en rochedos litorais, endemismo das costas noroccidentais da Península Ibérica; A. razulii, propia de prados; e A. sylvestris, coñecida como herba da raña.
-
PERSOEIRO
Psicólogo norteamericano. Contribuíu ao desenvolvemento da psicoloxía funcionalista. É autor de Introdution to Psychology (Introdución á Psicoloxía, 1918) e American Education (A Educación Americana, 1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e publicista inglés. Foi deputado (1931) do partido laborista e moi activo a favor das ideas pacifistas programadas en The Great Ilusion (A grande ilusión, 1910), que obtivo moita difusión. En 1933 foille concedido o Premio Nobel da Paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e historiador. Participou activamente no movemento da Renaicença catalá como impulsor dos Jocs Florals de 1862, 1872 e 1882. Escribiu La Verge de les Mercès (A Virxe das Mercedes, 1856), primeiro drama romántico en lingua catalana. En lingua española publicou novelas históricas ou sociais que tiveron grande aceptación, dramas e libretos de zarzuelas e textos políticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico grego. Estudou literatura e cine en París. Ao seu regreso a Grecia, foi crítico cinematográfico e emprendeu unha filmografía politicamente comprometida e dotada dun particular estilo visual, ademais das propias pretensións didácticas. Precisamente as súas propias contradicións, xunto coa forma que adoptan as súas películas, crean confusión entre o gran público. Dos seus filmes destacan Anaparastassi (Reconstrución, 1970), Topio stin omihli (Paisaxe na néboa, 1989), premiado en Venecia, Le pas suspendu de la cygogne (O paso detido da cigoña, 1991) e To Vlemma Tou Odyssea (Un ollar para cada día, 1995).
VER O DETALLE DO TERMO
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oración que se reza á mañá, ao mediodía e á tardiña en conmemoración do misterio da Encarnación, que comeza coas palabras “ángelus domini”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pintura (1858-1859) do francés Jean-François Millet (Musée du Louvre). Representa unha parella de campesiños facendo un descanso no traballo para rezar o ángelus. Tivo unha gran popularidade e influíu na obra de Dalí.
-
PERSOEIRO
Poeta místico alemán, graduado en medicina. Adaptou as novas formas da poesía profana a unha lírica místico-relixiosa, dunha gran claridade a pesar do uso de recursos retóricos. Son notables a recompilación de poemas Cherubinischer Wandersmann (Vagabundo querubínico, 1657) e os cantos místico-pastorís.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director norteamericano coñecido fundamentalmente polas imaxes de vangarda, provocativas e cheas de simboloxía sexual. Entre os seus filmes destacan Escape episode (1944-1946), Fireworks (1947), Scorpio rising (1964) e Lucifer rising (1973). Escribiu tamén a obra Hollywood Babylon, onde se destacan os escándalos e polémicas relacionados co mundo do cine.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Suecia, tributario do golfo de Botnia, no mar Báltico (450 km). O seu curso esténdese pola rexión de Norland e deu nome á antiga provincia de Ångermanland, incluída nos läner de Vasterbotten e Vasternorrland.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Maine-et-Loire, no País do Loira, Francia, situada á beira do Maine (141.404 h [1990]); é a cidade principal da aglomeración epónima (208.282 h). Antiga capital de Anjou, é un centro rexional e mercado agrícola que disputa a súa prioridade cos de Nantes, Tours e Mans. Ao mesmo tempo, desenvolveuse un importante centro industrial (fundición, licores, electrónica, aeronáutica). Conta con dúas universidades: a Universidade Católica do Oeste, fundada en 1876, e a Universidade Estatal, ademais do Centro Nacional de Danza Contemporánea. A Catedral gótica de Saint-Maurice (s XII-XIII), de nave única, cuberta con voltas bombeadas sobre oxivas cruzadas, ten vidreiras da segunda metade do s XII. O castelo (1228-1238), de forma pentagonal con dezasete torres de 40 a 60 m de altura, acolle un museo de tapices, entre os que sobresae a serie da Apocalipse (1375-1380). Quedan tamén vestixios renacentistas, como a casa Pincé (1523-1535). O Museo David d’Angers conserva unha completísima...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Mozo (León ? - Ourense 1596) Escultor, fillo de Juan de Angés o Vello. Na súa primeira etapa, en León e Valladolid, foron decisivos na súa formación Juan de Juni e Gaspar Becerra. Dende 1587 detéctase a súa presenza en Ourense, que facilitou a introdución do estilo de Juni na diócese ourensá e a creación dunha importante escola da que saíu un dos máis destacados escultores do Barroco galego: Francisco de Moure. A súa primeira obra está inzada de trazos expresivos e denota un forte detallismo, características da escola castelá; sen embargo, logo evolucionou cara á linguaxe maneirista na que os rostros perden a súa expresividade e os esquemas compositivos buscan a sensación de equilibrio mediante o recurso do contraposto. A súa actividade artística en Galicia comeza no coro da Catedral de Ourense (1587), que trazou xunto ao de Diego de Solís e constitúe un dos cadeirados máis importantes do Renacemento galego xunto ao de Compostela. Así mesmo, traballou no retablo...
-
PERSOEIRO
Escritor romanés. Cultivou os xéneros da reportaxe con Arpegii la Siret (Arpexios sobre o Siret, 1964); a poesía con Sapte insi întro carua (Sete individuos nun carro, 1961) e o teatro con Saptamina patimilor (A Semana Santa) e Viteazul (O valente, 1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Importante necrópole prehistórica de Sardeña, preto de Alguer. Existen 40 covas artificiais, funerarias, da época eneolítica.
-
PERSOEIRO
Humanista, historiador e xeógrafo lombardo. En 1487 marchou a Salamanca, onde traballou como mestre e, dende 1505, foi decano do cabido da catedral de Granada. A súa obra Opus epistolorum (1530) é unha mina de noticias sobre a Inquisición, os xudeus, os mouriscos, etc, que abrangue o período 1488-1525. A De Orbe Novo Decades (1530), crónica das expedicións e descubrimentos das Indias, converte o autor no primeiro historiador de Indias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e periodista italiano. Foi crítico literario de Il Rissorgimento liberale (O Rexurdimento liberal), editor de diversas revistas e autor do ensaio Scrittori d’Europa (Os escritores de Europa, 1928). Tamén cultivou a prosa narrativa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. Autor dun cancioneiro de sonetos nos que, de xeito realista, reflicte os ideais burgueses da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Anarquista italiano. Tipógrafo en Londres, decidiu atentar contra Antonio Cánovas del Castillo, líder do goberno español. Axudado por Henri Rochefort e os insurxentes cubanos, asasinou a Cánovas no balneario de Santa Ádega o 8 de agosto de 1897. Morreu executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fentos da orde das marattiais, moi difundido durante o Carbonífero e o Pérmico. Viven actualmente nas selvas intertropicais asiáticas. Presentan frondes varias veces pinnadas de ata 5 m de longo.