"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación creada en Madrid en 1900 coa finalidade de coordinar as sociedades obreiras de resistencia herdeiras do espírito da Federación Regional Española da AIT. Trala sede de Madrid, o seu comité residiu en Zaragoza e, a partir de 1905, na Coruña. Publicaba un boletín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización que agrupou os mozos libertarios galegos, moitos deles evadidos da zona nacional, que combateron en Asturias co exército republicano. Constituída en febreiro de 1937, agrupou a 97 afiliados distribuídos nun total de nove grupos presentes en Gijón, Avilés e no interior de diversas unidades militares. Nela destacaron, xunto co antigo tenente de alcalde do concello de Noia, Miguel Vázquez Valiño, Víctor Paradela, mariñeiro da Pobra do Caramiñal, e Fernández Pardavila, das Juventudes Libertarias da Coruña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada en febreiro de 1933 ao abeiro da estruturación industrialista adoptada no congreso da CNT de 1931. Contou con sindicatos de industria ou sociedades de oficio na Coruña, Lugo, Sada, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Tui, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Betanzos, Ourense e Moaña. Desfíxose coa represión provocada trala revolución de Asturias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización constituída a comezos do verán de 1931 por militantes da CNT galaica. A Federación Regional Marítima (1925) e a Federación Regional Pesquera (1930), constituídas en Vigo baixo a influencia do sindicalista compostelán Xosé Villaverde, foron os antecedentes da súa conformación. Foi a primeira federación de industria que, dun xeito estruturado e organizado, funcionou no mundo sindical galego. Serviu de base á Federación Nacional de Industria Pesquera, creada no outono de 1931, que tivo a sede do seu primeiro comité na Coruña e da que foi o seu secretario o patrón de pesca coruñés Manuel Montes. Na Segunda República, as súas seccións estendéronse por Galicia, de maneira que, en 1936, máis de 40 portos e arredor de 16.000 homes e mulleres estaban representados nela, sobresaíndo os sindicatos da Coruña, Vigo-Bouzas, Marín, Moaña, Cangas, Cariño e Ribeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación da CNT fundada en Vigo en 1925 que agrupaba os sindicatos mariñeiros de Vigo, Bouzas, A Coruña, Marín e Pontevedra. Tivo continuidade ata a Segunda República mediante un comité domiciliado na Coruña e unha secretaría encabezada polo patrón de pesca coruñés, Manuel Montes. Tiña como voceiro o quincenario Despertad.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político de carácter republicano federal e galeguista. Fundouse o 16 de marzo de 1930 froito dunha alianza entre a Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e Alianza Republicana, que asinaron conxuntamente o chamado Pacto de Lestrove. O documento de fundación foi asinado por Santiago Casares Quiroga, Antón Villar Ponte, Luís Seoane e Xerardo Abad Conde, entre outros. O obxectivo da FRG era a instauración en España dunha República democrática e a loita pola autonomía de Galicia. Trala proclamación da Segunda República Española, convocou unha grande asemblea, en maio de 1931, co propósito de debater a elaboración dun estatuto de autonomía para Galicia. Nas eleccións de xuño dese mesmo ano, obtivo 14 representantes nas Cortes. Nas Cortes, as escisións de varios deputados, disconformes co liderado exercido por Casares Quiroga, que converxía co republicanismo español de Manuel Azaña, fixeron diminuír a súa influencia, feito que se comprobou nas eleccións seguintes,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación internacional de sindicatos ligados aos partidos socialistas creada en Copenhaguen en 1901 e nomeada así a partir de 1913. Trala Primeira Guerra Mundial reduciuse a súa importancia e a súa actividade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación internacional de sindicatos xurdida da conferencia obreira mundial celebrada en Londres (1945), baixo a iniciativa de Walter Citrine, secretario xeral das trade unions británicas e presidente da Federación Sindical Internacional (FSI), e de Švernik, secretario xeral dos sindicatos soviéticos. No primeiro congreso (París, 1945) estaban representados cerca de 70 millóns de traballadores e Citrine foi nomeado presidente. En 1949 os sindicatos europeos que aceptaron o Plan Mar-shall retiráronse da FSM e crearon, xunto coa American Federation of Labor (AFL), a Confederación Internacional de Sindicatos Libres (CISL). Tivo como sedes as cidades de París, Viena e Praga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: FUE.
-
SEMANARIOS
Semanario republicano aparecido en xuño de 1894 en Vigo. Cesou a súa edición en marzo de 1895. Dirixido por Ángel Bernárdez Rodríguez, continuou o labor realizado por La Vanguardia. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Francisco Carranque. Reproduciu numerosos artigos do político republicano Francesc Pi i Margall.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proba realizada para detectar os azucres redutores presentes nunha solución mediante unha disolución de sulfato de cobre(II) e outra de tartrato sódico alcalino. Mestúranse estas dúas disolucións en cantidades iguais e, se hai axente redutor, aparece un precipitado de cor vermella. Descubriuna o químico alemán H. Ch von Fehling.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exposición internacional de carácter temporal de maquinaria agrícola, forestal, de obras públicas e de construción, xunto á industria do moble, da alimentación, do turismo e da decoración, que se celebra no recinto feiral de Ferrol para promover o seu coñecemento e venda. O ministerio de Economía e Comercio outorgoulle a categoría de Internacional en 1985. A súa orixe remóntase á Feria de Industria y Artesanía que tivo lugar en Ferrol entre agosto e setembro de 1953, segundo un proxecto do Círculo Mercantil e Industrial para favorecer a economía ferrolá. En febreiro de 1959 constituíuse o Consorcio Pro-Ferias y Exposiciones, que se ocupou da organización da I Feria de Muestras (1963) e solicitou da Asociación de Ferias de España (AFE) o seu ingreso nesta entidade; dende 1964 pasou a denominarse Feria Nacional de la Industria Naval y de Muestras del Noroeste. En xullo do 2002 celebrouse a súa 40 edición.
-
-
Excitación bucal do pene.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘morte’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do antropónimo masculino Feliciano.
-
-
Acción de felicitar.
-
Escrito ou palabras con que se felicita a alguén.
-
-
-
Acción de feminizar ou feminizarse.
-
-
Desenvolvemento de caracteres sexuais secundarios femininos. A feminización, normal na muller, resulta unha patoloxía no varón, producida por problemas glandulares, como poden ser a aparición de tumores nas glándulas suprarrenais.
-
feminización testicular
Pseudohermafroditismo hereditario caracterizado por unha aparencia feminina acompañada da presenza de testículos.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente a Fenicia ou ao pobo fenicio.
-
Individuo do pobo fenicio.
-
Pobo de orixe semítica establecido cara ao 3000 a C nunha estreita franxa costeira de Siria Central, situada entre o Monte Carmelo e o río Eleuter. Dedicáronse ao comercio marítimo e organizáronse en cidades estado ao redor de portos resgardados como Tiro, Sidón, Tripoli, Biblos e Beirut. Durante o III milenio a C comerciaron cos exipcios, subministráronlles madeira de cedro e de abeto para construír embarcacións, ademais de aromas, aceites e resinas. No II milenio a C Biblos e Sidón mantiveron un importante comercio cos exeos, cretenses e micénicos. Sometidos militarmente polos exipcios (ss XV-XIV a C) foron liberados pola invasión dos “pobos do mar” ao redor do 1200 a C. A partir dese momento substituíron os micénicos como potencia e iniciaron unha etapa de prosperidade durante a que desempeñaron o papel de intermediarios do comercio entre Oriente e Occidente; ademais controlaron os puntos de chegada das caravanas que cruzaban o deserto, como Hama ou Damasco. Ao mesmo...
-
Lingua do phylum afroasiático da familia semítica, que falaban os antigos fenicios. Foi lingua viva desde o s XII a C ata o s III, e estendeuse pola costa mediterránea. A variedade de fenicio que se falaba en Cartago, un dos seus asentamentos máis importantes, denominouse púnico. Os restos atopados confirman que o fenicio se mantivo como lingua viva ata o s II no leste do dominio fenicio, e ata o IV na área de Cartago. Entre as trazos lingüísticos máis sobresaíntes, cómpre destacar: o uso de tres vocais (e, i, u), que poden ser longas e breves, e a distinción de dous xéneros (masculino e feminino, que se marcan cun -t) e tres números (singular, plural e dual). Utilizaban o seu propio alfabeto, de vintedous signos, que lles serviu de inspiración aos gregos para construír o seu. Escribían de dereita a esquerda e utilizaban un signo por sílaba (consoante + vocal). Máis adiante tamén representaron sons consonánticos e algunhas vocais engadidas. As glosas dos textos...
-
Arte desenvolvida polo pobo fenicio. Produto de influencias mesopotámicas, exipcias, hititas e exeas, entre outras, apareceu no III milenio a C e adquiriu importancia no comezo do II milenio a C. Os templos tiñan patios rodeados de cuartos, as cidades eran amuralladas e as rúas entrecruzábanse perpendicularmente. As tumbas, agrupadas en necrópoles e talladas na rocha, amosan unha grande influencia exipcia. No eido da escultura destacan as estelas e os sarcófagos decorados con relevos; no eido da escultura exenta destacan os colosos de Biblos. Cómpre tamén salientar a realización de xoias, obxectos de bronce e de marfil; destacan, entre outras, as plaquetas de Ra’s Šmara. Entre as producións fenicias localizadas nas colonias da Península Ibérica cómpre subliñar os marfís atopados nas tumbas tartésicas de Carmo (Sevilla); os peites de Carmona e Osuna (Sevilla); os sarcófagos antropomorfos da necrópole de Gadir (Cádiz); a Dama de Galera, realizada en alabastro no s VII a C; o Sacerdote de...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mostra de arte contemporánea fundada en 1982 en Madrid. Cunha periodicidade anual, está organizada pola Institución Ferial de Madrid (IFEMA) e o Ministerio de Cultura. A súa primeira directora foi a galerista Juana de Aizpuru e, dende 1985, diríxea Rosina Gómez Baeza. Referencia para a arte contemporánea en España, nela expoñen as galerías nacionais e internacionais de máis prestixio. Cada ano invítase a un país diferente que acode con galerías que representan os seus artistas. De xeito paralelo, organízase o Foro Internacional de Expertos en Arte Contemporáneo. En 1989 creouse a Fundación Arco, posuídora dunha colección de arte contemporánea depositada no CGAC de Santiago de Compostela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso metabólico de transformación dun substrato orgánico que consiste nunha serie de reaccións de oxidación-redución catalizadas por enzimas para obter enerxía e que teñen lugar con ou sen desprendemento de gases. A característica principal destas vías metabólicas de degradación é que tanto as substancias oxidadas como os mesmos oxidantes son compostos orgánicos que se orixinan durante o proceso a partir do substrato orgánico inicial. Así pois, na fermentación non existe unha oxidación neta, a diferenza da respiración, na que o osíxeno atmosférico é o oxidante ou o aceptor final de electróns. Un mesmo substrato pode producir unha substancia ou outra, segundo as condicións de pH, o tipo de enzimas ou o abastecemento de osíxeno. As fermentacións denomínanse polo nome do produto máis abundante que se forma na mesma. Entre as fermentacións anaerobias, que teñen lugar en ausencia de osíxeno, as máis importantes son a alcohólica, a láctica, a propiónica e a acetonabutanólica; e entre as aerobias,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Distribución enerxética nun sistema de fermións. A distribución de Fermi-Dirac representa a probabilidade que un determinado nivel de enerxía do sistema estea ocupado polos fermións.