"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Camboxa, na provincia de Siĕmréab, ao N do lago Tônlé Sab. Fundada a comezos do s IX por Jayavarman II, foi a capital do reino khmēr ata a conquista dos thais en 1431. Angkor, invadida pola xungla e esquecida, non foi redescuberta ata o s XIX. Conserva restos dos edificios máis importantes da época khmēr, entre eles, o templo de Angkor-Vat. Edificado polo monarca Sūryavarman II (1112-1152), estaba dedicado a Devarāja, pero foi convertido no mausoleo do Rei. O templo está rodeado de murallas e ornamentado cunha gran cantidade de obra esculpida. Tamén destaca o conxunto de Angkor Thom, especialmente o seu templo budista central de Bayon, construído por Jayavarmar VII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘inglés’, ‘relativo a Inglaterra’.
-
PERSOEIRO
Pintor. Pertenceu ao paso entre o Modernismo e o Novecentismo. Estudiou en Barcelona e París. Expuxo en Barcelona en 1900; en Venecia, en 1903 e 1905 (ano en que foi nomeado Mestre da Bienal) e en 1907; en Bos Aires (1910) e en Roma (1911). Tomou parte na exposición do Instituto Carnegie (1924) e na Exposición Internacional de Barcelona (1929). O comezo da súa obra sitúase nunha órbita postimpresionista, pero derivou cara a un preciosismo retórico no que abundaban os temas folclóricos. A partir dos anos vinte dedicouse á paisaxe, especialmente á de Mallorca. Ao morrer, a súa casa de Pollença foi convertida en museo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e comediógrafo. Profesional radiofónico, en 1953 iniciou a súa carreira como actor. Sobresaíu na interpretación de personaxes cómicos e escribiu obras teatrais: Ocells de pis (Paxaros de piso, 1956) e L’amor venia en taxi (O amor chega en taxi, 1959). Premio Nacional de Artes Escénicas (1992) e Cruz de Sant Jordi (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito occitano. Profesor da Université de Toulouse, escribiu varios traballos sobre gramática provenzal e sobre os trobadores. Entre as súas obras destacan Les Troubadours (Os trobadores, 1908) e Histoire sommaire de la littérature meridionale au Moyen Age (Historia sumaria da literatura meridional na Idade Media, 1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e especialista en administración. En 1843 ingresou na cátedra de Economía Política, Dereito Público e Administrativo da Universidade de Santiago, da que foi nomeado catedrático no ano 1851. A súa única obra, Compendio de las lecciones de Economía Política dadas en la Universidad de Barcelona (1858), foi o punto de referencia para os polemistas proteccionistas da segunda metade do s XIX.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e intérprete de clavecín francés, discípulo de Chambonnières, a quen sucedeu como clavecinista de cámara de Luís XIV (1662). Publicou: Pièces de clavecin (Pezas de clavecín), Principes de l’accompagnement (Principios de acompañamento), cinco Fugues pour l’orgue (Fugas para órgano) e un Quatour sur le Kyrie pour l’orgue. A súa obra é interesante dende o punto de vista técnico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello empregado para arrincar, remover ou empurrar terra, grava ou materiais semellantes. Está formado por un tractor provisto, na parte dianteira, dunha pa con movemento vertical producido por unha forza hidráulica. A superficie da pa é oblicua en relación co eixo do tractor.
-
MUNICIPIOS
Municipio da Selva (Girona) situado na marxe dereita do Ter e do torrente de Osor (16 km2; 4.785 h [1996]. Cría de bovino e porcino, e cultivo de legumes, patacas, verduras e abelás. Industria téxtil, de mobles, cárnica e forestal. A Praza Maior foi a praza de armas do antigo Castelo de Anglès. Igrexa parroquial de San Miguel, santuario de Santa Bárbara e igrexa de San Pedro Sestronques.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oscilación tépeda durante o Würm IV, caracterizada por un considerable aumento da humidade e paisaxe de bosque.
-
PERSOEIRO
Musicólogo e eclesiástico. Dende 1943 foi director do Instituto Español de Musicología do CSIC e, dende 1947, presidente do Instituto Pontificio de Música Sacra de Roma. A súa obra de musicólogo é moi extensa e abrangue case toda a historia da música española. Os seus traballos foron recollidos no volume Hyginii Anglès Studia Musicologica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e organista da catedral de València (1762-1816). Foi un dos primeiros músicos españois que escribiu sonatas bitemáticas terniarias. O seu estilo recorda a Haydn.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xacementos arqueolóxicos, atopados en Francia, baixo abrigo que conteñen unha secuencia case completa do Madalenense; contén, así mesmo, figuras humanas e animais esculpidas na parede do abrigo do estilo IV antigo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome inglés da illa de Môn.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfato de chumbo, de fórmula PbSO4. Cristalizado no sistema rómbico; os cristais son prismáticos ou piramidais, de exfoliación clara, incoloros, brancos e, ás veces, grises, amarelados ou verdes con brillo diamantino. Ten unha dureza de 2,5-3 e un peso específico de 6,38. Orixínase xeralmente pola oxidación da galena. Tamén se chama vitriolo de chumbo.
-
REINOS
Reino anglosaxón, o máis oriental dos da Heptarquía, fundado polos ingleses no s VI. Comprendía os actuais Condados de Norfolk, de Suffolk e parte dos Condados de Cambridgeshire e Essex.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina dos cristiáns que viven en comuñón coa sé de Canterbury. O termo de Igrexa Anglicana inclúe actualmente as igrexas de diversos países da Commonwealth Británica, e incluso doutros países como, por exemplo, a Igrexa Episcopaliana dos EE UU. Como igrexa estruturada, provén do tempo no que Enrique VIII declarou a Igrexa de Inglaterra independente da Santa Sé. Thomas Cranmer, durante o reinado de Eduardo VI, emprendeu unha reforma radical e impuxo unha nova liturxia co Book of Common Prayer (Libro da pregaria en común), o Ordinal e os 42 articles (1552) que revelan unha marcada influencia luterana. Durante o reinado de Isabel I foron aprobados os 39 articles (1552) de influencia calvinista e aparece ben precisada a vía media entre o Calvinismo e o Catolicismo: o sistema anglicano quedaba así fixado. O Anglicanismo é pluralista: os chamados católicos poñen o acento na eclesioloxía e nos sacramentos, os anglocatólicos seguen a doutrina...
-
-
Relativo ou pertencente ao anglicanismo.
-
Membro da Igrexa Anglicana.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Vocábulo inglés ou o seu calco semántico incorporado noutra lingua. O alto nivel demográfico de anglofalantes, a expansión comercial, política e científica do mundo anglosaxón, a profusión dos deportes de raíces anglosaxoas, determinaron a introdución de numerosos anglicismos nas principais linguas da cultura occidental.
-
-
Conformar ao gusto, costumes, maneiras, e outros modos ingleses.
-
Encher de anglicismos.
-