"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Escultor e ceramista. Coñecido como Caxigueiro, formouse no Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos e estudou a cerámica popular de Portugal e do norte de Marrocos. As súas principais preocupacións plásticas xiraron arredor da experimentación sobre arxila refractaria e louza, elevárono a constituír en 1987 o grupo Remol con outros artistas. Mesturou o expresionismo conceptual e a expresión minimalista abstracta coa figuración seriada. Da súa produción destaca a obra Sen título (1980), a montaxe Terra, auga e lume de vela (1989) e a serie escultórica Europa: terapia puntual, de principios da década de 1990. As súas obras están presentes en diversas coleccións galegas como o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa ou a Deputación Provincial de Pontevedra. En 1990 recibiu o Primeiro Premio da Semana Nacional de Cerámica do Museo do Pobo Galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Lobios. De estilo barroco, ten planta de cruz latina, coa sancristía acaroada ao presbiterio. A nave, de tres tramos, divídese en pilastras e cóbrese con bóveda de canón. No seu interior conserva un retablo de dous corpos e tres rúas, no que destaca o sagrario en forma de torre e con relevos da Anunciación, a Fuxida a Exipto e a Adoración dos pastores. Na fachada destacan as pilastras dos extremos unidas coas ramplas da cornixa que serven de asento aos pináculos. A portada resáltase con marcos de orelleiras, unha fornela coa imaxe da Inmaculada e unha fiestra con moldurado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Capital do estado de Rio de Janeiro, Brasil (5.850.544 h [2000]). Situada ao S da baía de Guanabara, esténdese entre pequenas chairas aluviais e relevos graníticos que pechan a baía. As célebres praias de Copacabana, Flamengo e Botafogo, xunto co entroido, converteron a Rio de Janeiro no centro turístico máis importante do país. É o segundo polo industrial en importancia, cunha actividade moi diversificada de industrias químicas, alimentarias, de cemento, papel e vidro. Posúe unha refinaría de petróleo. O seu porto é un dos máis activos do país. A cidade foi fundada en 1565 por Estacio de Sá, co nome de São Sebastião de Rio de Janeiro e entre 1572 e 1577 foi a capital do sur de Brasil, e en 1763 substituíu a Baia na capitalidade. A chegada da corte portuguesa (1808) deulle un grande esplendor, e en 1834 obtivo un réxime autónomo que durou ata 1889. Desde a proclamación da república foi capital federal e escenario dos acontecementos políticos e populares máis importantes, pero arredor de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado do SL do Brasil (43.910 km2; 14.391.282 h [2000]). A súa capital é Rio de Janeiro. Limita ao NL co estado de Espírito Santo, ao L e ao S co Océano Atlántico, e ao O cos estados de São Paulo e Minas Gerais. A rexión produce cana de azucre. En Volta Redonda localízase a industria siderúrxica máis importante do país. O cultivo da cana de azucre foi a súa actividade económica principal ata o s XVIII, cando foi parcialmente substituído polo do café. No s XIX a agricultura cedeu terreo á gandaría. En 1834 pasou a estar baixo administración directa de Portugal e en 1889 converteuse en estado. En 1975 foille incorporado o territorio do estado de Guanabara, e a capital, que ata o momento era Niterói, pasou a Rio de Janeiro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bravo.
-
CIDADES
Cidade do estado de Rio Grande do Sul, Brasil, situada á beira do río homónimo (193.789 h [estim 2004]). O seu porto, situado a 13 km da desembocadura, permite a entrada de buques oceánicos. Posúe industrias cárnicas, de conservas pesqueiras e vexetais, fábricas de tecidos de la e refinaría de petróleo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bravo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado do NL de Brasil (53.307 km2; 2.776.782 h [2000]). A súa capital é Natal. Limita ao N co Océano Atlántico, ao S co estado de Paraíba e ao O co de Ceará. O seu terreo ascende suavemente cara ao interior, que está constituído por unha serie de altiplanos (chapadas) e cordilleiras de materiais metamórficos. É o principal produtor de sal do país. Concedido polo Rei Xoán III de Portugal a João de Barros, a súa colonización fracasou e o territorio pasou á coroa. Ocupado logo polos holandeses, en 1654 volveu á coroa. O movemento revolucionario de 1817 proporcionoulle unha capitanía xeneral propia, e en 1822 converteuse en provincia do imperio portugués ata 1889, ano en que foi transformado en estado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Brasil, o máis meridional de todos (282.062 km2; 10.187.798 h [2000]). A súa capital é Porto Alegre. Limita ao N co estado de Santa Catarina, ao L co Océano Atlántico, ao S con Uruguay e ao O con Arxentina. Distínguense dúas rexións fisiográficas separadas pola depresión central. A rexión septentrional forma parte do escudo brasileiro (Serra Geral), con altiplanos de gres e basalto. Ao S, coñecido como La Campanha, dominan as chairas, aínda que algunhas serras de materiais graníticos se prolongan ata Uruguay. O clima é de tipo subtropical e continental en La Campanha e as chuvias, moi irregulares, pero abundantes. Destacan a gandaría e a agricultura con cultivos de arroz, tabaco, mandioca e viño. Posúe carbón, ouro, cobre, ferro e cinc. A zona foi reclamada polos portugueses desde 1531, pero converteuse nun territorio fronteirizo que disputaron tamén os españois. Provincia do imperio portugués (1821) e escenario dunha guerra civil (1835-1845), foi tamén a...
-
PERSOEIRO
Sindicalista. Coñecida como Caridad Mercader, residiu en Barcelona desde os seis anos ata que en 1925 marchou, cos seus cinco fillos, a Francia. Militou na XV Sección do Parti Socialiste Français (1928) e, ao estalar a Guerra Civil Española (1936-1939), pasou a Catalunya e afiliouse ao Partit Socialista Unificat de Catalunya (PSUC). Posteriormente, no exilio interveu directamente na organización do asasinato de Trockij en México (1940), que cometeu o seu fillo Ramón Mercader i del Río. Posteriormente residiu en París.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Nicaragua (7.473 km2; 70.143 h [1995]). A súa capital é San Carlos (8.909 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestra e escritora. Colaboradora de La Ilustración Gallega, El Eco Franciscano e El Compostelano, escribiu o poemario Ráfagas (1908), en que incluíu composicións premiadas en diversos certames literarios de 1907 e 1908, e que tratan temas místicos e patrióticos. Ademais, é autora do drama teatral Lonxe da aldea (1914) e do monólogo A pantasma (1916). Pertenceu á Academia de Buenas Letras de Málaga.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso franciscano. Aprendeu o oficio de reloxeiro e escribiu Arte de relojes de ruedas para torre, sala y faltriquera (1759).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Doutor en Filosofía e profesor na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse na figura de J. G. Fichte. Colaborou en diversas publicacións e foi autor, entre outras obras, de Análisis del “yo” en la filosofía de Fichte (1982), Proceso de personificación según la dialéctica de Fichte (1984), Fichte: Filósofo de la intersubjectividad (1988) ou Psicodinamismo evolutivo de la personalidad: contribución a uha antropología filosófica (1991). Membro do Instituto Mundial de Altos Estudos Fenomenolóxicos, obtivo o Premio de Investigación da Deputación de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Osmo (Cenlle). Datada no s XVIII, trátase dun conxunto arquitectónico formado por un edificio principal construído con cantaría de granito e varias construcións adxectivas unidas cara ao interior que forman unha planta irregular. O portal decórase con placas, volutas, pináculos e cilindros e sobre a porta atópanse tres escudos. Conserva unha capela nunha pequena leira pechada cun muro exterior.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cabana de Bergantiños. Conserva un arco triunfal románico con columnas grosas e capiteis con ornamentación vexetal, e un retablo barroco, de estilo compostelán, que data do s XVIII. Ademais acolle os sepulcros do s XVII de Lorenzo Bermúdez de Castro e a súa dona María de Leis.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Estrada. De estilo románico e datada no s XII, ten unha soa nave e ábsida semicircular, cuberta con bóveda de canón e de cuarto de esfera no tramo curvo. No exterior presenta dúas semicolumnas que dividen a ábsida en tres vans, no central ábrese unha fiestra semicircular. A porta principal ten os arcos semicirculares en aresta apoiados en columnas e xambas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e político. Foi director do Centro de Documentación Europea e deputado no Congreso de los Diputados polo CDS (1986-1989). Publicou Estimación empírico bayesiana en un modelo econométrico de regresión lineal y su aplicación al estudo de la población en Galicia (1961-1975) (1978) e Representaciones gráficas de datos estadísticos (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Foi cóengo da catedral de Santiago de Compostela e destacou polo seu interese na historia de Galicia. Foi académico de honra da Real Academia de la Historia (1748). Publicou, entre outras, La barca más prodigiosa: poema historial sagrado de la antiguedad invención, y milagros de el célebre Santuario de N. S. de la Barca (1728), Historia de Galicia ilustrada e Historia eclesiástica y secular de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO