"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda as linguas e as literaturas románicas. Foi fundada por Friedrich Christian Diez, autor da Grammatik der romanischen Sprachen (Gramática das linguas románicas, vol I, 1836; II, 1838; III, 1843); do Etymologisches Wörterbuch der romanischen Sprachen (Dicionario etimolóxico das linguas románicas, 1853), primeiro dicionario etimolóxico de toda a área románica en que aspiraba a reflectir os aspectos unitarios do léxico románico; do Altromanische Glossar (Glosario do románico antigo, 1865); e do Romanische Wortschöpfung (A creación léxica románica, 1875), en que propón reorganizar o vocabulario fundamental das linguas románicas en clases conceptuais, polo que constitúe o primeiro exemplo de investigación onomasiolóxica no terreo románico. Ao comezo do s XX diversos movementos abriron novas perspectivas nos estudos románicos. A dialectoloxía segue novos camiños coa escola da cultura material de Wörter und Sachen (‘palabras e cousas’) (Meringer, Meyer-Lübke)...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos romanistas ou á romanística.
-
-
Acción e efecto de romanizar ou romanizarse.
-
Proceso histórico de implantación da organización e da cultura de Roma en todo o Imperio Romano. A unidade política foi seguida da unidade cultural, facilitada polo uso do latín. Só Oriente, provisto dunha cultura superior e helenística, mantivo a lingua e a civilización gregas e alí o proceso foi menos intenso. A verdadeira romanización caracterizouse pola latinización e foi propia de Occidente no Mediterráneo. A pesar dun certo bilingüismo, o latín foi a lingua oficial nas provincias occidentais, imposta pola administración, a escola, a xustiza, o exército e o comercio. En moitos lugares, porén, debeu ser a penetración cristiá a que finalizou o proceso de latinización. Deste xeito, a literatura latina deixou de ser axiña unha creación exclusiva de Roma e de Italia. Pero, máis que a literatura escrita, foi o repertorio teatral o procedemento que tivo unha influencia superior na educación das masas. Tamén cumpriron funcións específicas neste proceso a concesión do dereito de cidadanía,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen romaniza.
-
-
-
Difundir a civilización, as leis, os costumes e a lingua romana, especialmente con relación á expansión da antiga Roma.
-
Impor a Igrexa Romana os seus usos, costumes ou ritos a outras igrexas non latinas.
-
-
Adoptar os usos, a lingua ou os costumes dos romanos.
-
-
PERSOEIRO
Papa (897). O seu pontificado só durou uns meses e pénsase que preparou a rehabilitación do Papa Formoso.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente a Roma ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Roma.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo romano.
-
Individuo do pobo romano.
-
Pobo de raza indoeuropea que habitaba a cidade de Roma. De procedencia incerta, os testemuños arqueolóxicos proban que, xa desde o s X ao VII a C, sobre os outeiros romanos, se foron formando unhas comunidades que, co tempo, obtiveron unha certa unidade política e participaron das leis do pobo latino. Sábese que, de entre todas as comunidades, Alba exerceu a supremacía ata que foi derrotada por Roma, que pasou a ostentar a hexemonía da Liga Latina. Séculos máis tarde, cando a urbe se converteu en imperio, convertéronse en romanos os habitantes de Roma e tamén todos os habitantes das terras que esta conquistou.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos territorios do Imperio Romano ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante dos territorios do Imperio Romano.
-
...
-
-
-
PERSOEIRO
Escultor e medalleiro. Activo en Lombardia, as súas obras mostran a incorporación ás tendencias do Renacemento. Realizou a Arca di Gian Galeazzo Visconti (1463-1497), relevos para unha porta do Palazzo Ducale de Mantua e diversas medallas (Xulio II, Isabel de Aragón).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia romana que se inicia despois das guerras civís e dos triunviratos. Foi unha fórmula de goberno concibida por Caio Xulio César, e inaugurouna Octavio Augusto. A institución descansa sobre dous feitos: a concentración das dignidades e dos poderes republicanos, políticos e relixiosos nas mans dun só home, e a creación de novos órganos da administración dimanados só del. Adóitase dividir en dous grandes períodos: o principado ou Alto Imperio, respectuoso, ata certo punto, coas institucións republicanas; e o dominado ou Baixo Imperio, de carácter militarista e absolutista, a partir de Diocleciano. O s III que os separa foi un século de transición. O primeiro período comeza coa etapa dos doce césares (27 a C-96 d C), que pertencen, agás dun período de crise, a dúas dinastías, a xulio-claudia (27 a C-68 d C) e a flavia (69-96). Augusto (27 a C-14 d C), restaurador da relixión e creador dunha sociedade xerarquizada e dun novo exército, esforzouse, en primeiro lugar, en asegurar...
-
-
Aplícase a calquera feito lingüístico, histórico, artístico e cultural determinado polo encontro das civilizacións bárbaras coa civilización romana e cristiá.
-
Leis romanas, recollidas polos bárbaros no s VI, para o uso das poboacións subxugadas nos estados fundados polos pobos xermánicos en terras do Occidente romano.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao Sacro Imperio Romano-Xermánico.
-
Nome co que se coñece o soberano do Sacro Imperio Romano-Xermánico. O seu título oficial era o de emperador dos Romanos (ou emperador romano). O título de emperador romano empregábase despois da coroación como tal feita polo papa. Antes recibía o título de rei de Romanos.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Romaña, aos seus habitantes ou á súa variedade lingüística.
-
Natural ou habitante de Romaña.
-
ariedade lingüística galoitálica que, xunto co emiliano, forma o emiliano-romañolo, que se estende pola rexión de Emilia e Romaña. Ademais dos trazos propios das variedades galoitálicas, destacan o paso de A > ä (säl ‘sal’), o enmudecemento de certas vogais (sbdal ‘hospital’; ital ospedale), ditongacións particulares (fiaur ‘flor’) con reducións (des, dis ‘deus’), ou a metafonía (quest, quist).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Álvaro de Figueroa y Torres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia que deu nome a unha dinastía que reinou en Rusia desde 1613 ata a Revolución Rusa en 1917. O xefe da liñaxe foi Andrej Ivanovič Kobyla ou Kambila, un boiardo moscovita do reinado do gran príncipe Iván I de Moscova (1304?-1341). O seu bisneto Zakharija foi avó de Roman Jurevič (?-1543), e os descendentes deste apelidáronse Romanov. A filla de Roman, Anastasia Romanov (?-1560), foi a primeira muller do Tsar Iván IV de Rusia e irmá de Nikita Romanov (?-1585), que foi presidente do Consello de Rexencia do Tsar Teodoro I. En 1613 o seu neto Mikhail F’odorovic Romanov foi elixido tsar co nome de Miguel III de Rusia. Este foi sucedido polo seu fillo Aleixo I de Rusia , e este polo seu fillo Teodoro II de Rusia , cuxa morte provocou as disputas do trono dos seus fillos, Iván e Pedro. Unha asemblea nacional, o Zemskij sobor, elixiu a Pedro I de Rusia como novo tsar, pero...
-
-
Calidade de romántico.
-
Movemento artístico e espiritual que, nos últimos decenios do s XVIII e durante o s XIX, se estendeu por Europa e determinou unha renovación profunda, sobre todo na literatura, pero tamén noutras manifestacións da arte e da vida. O termo romántico apareceu primeiro en Inglaterra durante o s XVII, e a complexidade dos aspectos da vida e das actitudes que revestiu o romanticismo, xunto á diversidade das tradicións nacionais en que se inseriu, dificultan unha definición. Así, aparece ás veces como un movemento revolucionario e outras veces como un movemento de restauración. Tamén se estableceu unha distinción entre o romanticismo da primeira xeración e o da segunda, e fíxose constar que a evolución seguiu direccións diferentes en Alemaña e no resto de Europa occidental. Mentres o romanticismo alemán partiu dunha actitude revolucionaria e foi parar a unha posición reaccionaria, o europeo occidental partiu desde unha posición conservadora e monárquica e evolucionou cara a unha actitude puramente...
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ao Romanticismo.
-
Seguidor do Romanticismo.
-
-
Que ou quen é propenso á exaltación do sentimento, da fantasía ou da paixón.
-
Que provoca unha actitude sentimental.
-
-
-
Composición musical, xeralmente de carácter instrumental, dun elevado ton lírico. Destacan as romanzas de Beethoven para violín e orquestra (opus 40 e 50).
-
Canción lírica introducida dunha maneira destacada no contexto dunha ópera ou dunha zarzuela.
-
Canción estrófica breve, de carácter lírico, propia da música francesa. Apareceu no s XVIII.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Rendar (O Incio). Realizada con muros de cachotaría de lousa, presenta planta rectangular e cuberta a catro augas. Nun dos ángulos sitúase unha capela acaroada amodo de torre e cuberta cunha cúpula.
-
GALICIA
Político e xurista. Letrado do Consello de Estado e militante de Alianza Popular e do PP, foi secretario xeral de Sanidade, director do Instituto de Estudios de la Administración Local, subsecretario da Presidencia do goberno e subsecretario do Ministerio da Gobernación. Foi deputado no Congreso de los Diputados (1982-1989) e no Parlamento galego (1993-1996), e presidiu a Deputación Provincial da Coruña. Foi vicepresidente da Xunta de Galicia (1982), conselleiro de Agricultura, Gandaría e Montes (1990-1993) e de Sanidade e Servizos Sociais (1993-1996). Foi ministro de Sanidade e Consumo (1996-2000) e presidiu o Consello de Estado (2003-2004). Escribiu Lecturas para estos tiempos: sociedad abierta, globalización, inmigración, multiculturalismo (2002) e El artículo 107 en el marco de la constitución española de 1978 (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xogador de baloncesto. Xogou como pivote no Real Madrid e gañou sete campionatos de Liga, cinco Copas do Rei, dúas Copas de Europa, unha copa Korac e dúas Recopas. Integrante da Selección Nacional Absoluta en 174 ocasións (1979-1982), acadou as medallas de prata no Eurobasket (1983) de Francia e nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984). Retirouse en 1995. Recibiu a Medalla de Oro al Mérito Deportivo (1998), concedida polo Consejo Superior de Deportes.
VER O DETALLE DO TERMO