"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Acción e efecto de formar ou formarse.

    2. Agrupación de persoas que se reúnen para unha actividade determinada.

      1. Proceso de desenvolvemento/perfeccionamento e de inculcación/asimilación cultural, moral e condutual co que se pretende lograr a madureza do educando e a súa competencia para participar na vida social.

      2. formación profesional

        Nivel educativo que ten como finalidade a capacitación e cualificación profesional dos traballadores dos sectores primario, secundario e terciario, cun enfoque esencialmente técnico e práctico, se ben a dimensión teórica, ou científico-técnica, está cobrando maior relevo como consecuencia do desenvolvemento tecnolóxico e da importancia das novas tecnoloxías. A Lei de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE, 1992) contempla dous niveis fundamentais de formación profesional, os Ciclos Formativos de Grao Medio, que se cursan despois de rematar a Educación Secundaria Obrigatoria, e os Ciclos Formativos de Grao Superior, que se cursan tras finalizar o Bacharelato. As titulacións agrúpanse en familias (química, imaxe persoal, actividades físicas e deportivas, actividades agrarias, informática, imaxe e son, etc), o currículo dos Ciclos Formativos organízase en módulos ou áreas de coñecemento, algúns deles transversais a diversas familias, e a súa duración vai das 1.300 ás 2.000 horas, e incorpora...

    3. Conxunto de estratos que forman unha porción significativa na sucesión estratigráfica dunha área determinada. Caracterízase por unha composición litolóxica definida e a posibilidade de poder correlacionar diferentes sucesións estratigráficas. As formacións denomínanse polos nomes xeográficos da área de onde é típico o desenvolvemento da unidade.

    4. Tipo de vexetación que vén definido pola forma biolóxica dominante, que normalmente corresponde ás unidades de vexetación coñecidas popularmente, como o bosque, a carrasca, o mato ou o prado. Nesta vexetación o que destaca é o aspecto, non a composición florística.

      1. Cada unha das formas características que veñen definidas polas posicións conservadas dos avións dunha escuadra ou as naves dunha flota nas súas evolucións.

      2. Agrupación de soldados en parada ordenados en fileiras ou columnas.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de formalizar.

    2. Proceso utilizado para especificar, a través dunha metalinguaxe, a estrutura dunha linguaxe. Este proceso atópase en calquera das linguaxes coñecidas, desde a ordinaria, en calquera dos seus aspectos (deportivo, social, etc), ata a científica, filosófica ou matemática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de substitución electrofílica mediante a que se introduce un ou máis grupos formilo nun composto orgánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Formouse na Coruña, Madrid, Londres e París. As súas paisaxes, ao óleo ou á augaforte, caracterízanse pola mancha firme, o debuxo e un cromatismo baseados nos azuis intensos, brancos, vermellos, terras e ocres. Realizou exposicións en diversas cidades españolas, Lisboa e México D. F.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de formular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de fornicar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fornicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de fortificar.

      1. Conxunto de obras de defensa, provisionais ou permanentes, concentradas nun edificio ou dispersas nun extenso territorio, que constitúen unha unidade arquitectónica ou estratéxica coordinada. Xa en tempos protohistóricos construíronse fortificacións (cercas, fosos, murallas de lama e de palla), aínda que ata a Idade Media o aproveitamento de fortificacións naturais prevaleceu sobre outras consideracións ao escoller o lugar dunha fundación. Os muros de cantería irregulares e os fosos secos deron paso aos recintos amurallados, ás acrópoles, situadas nas partes altas das cidades gregas, como Micenas e Atenas, que acollían os templos e os edificios públicos, e ás grandes murallas, como as de Hattusa e a de China. Os romanos levaron a arte da fortificación de campaña a niveis non superados ata o s XIX e edificaron tanto fortificacións permanentes locais, xeralmente aproveitando defensas naturais, como territoriais, dispersas por unha extensa fronteira. Na Idade Media descoñecíanse...

      2. fortificación de baluartes

        Sistema construtivo procedente de Italia que se desenvolveu dende mediados do s XVI para a defensa contra a artillería. Estendeuse por Europa, América e outras áreas sometidas á influencia occidental. Caracterizouse, entre outros elementos, pola pouca elevación da súa construción, o grosor das murallas e a desaparición dos ángulos mortos, mediante a substitución das torres cadradas ou redondas das esquinas por construcións pentagonais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de fosfatar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Incorporación dun grupo fosfato a un composto orgánico.

    2. Reacción que ten lugar na fotosíntese en que o fósforo inorgánico se fixa a unha molécula de ADP para a formación de ATP, coa utilización de enerxía luminosa. Existen dúas vías: a fosforilación cíclica e a fosforilación non cíclica. Tamén recibe o nome de fotofosforilación.

    3. Reacción que se dá nos estadios finais da respiración aerobia, en que se produce a fosforilación do ADP, para formar ATP. Ten lugar nas mitocondrias celulares conxuntamente co transporte de electróns e representa un mecanismo de conservación de enerxía que se produce na respiración celular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de fosilizar ou fosilizarse.

    2. Incorporación dunha palabra nunha locución coa perda correspondente da súa significación primitiva.

    3. Recubrimento dun relevo polos sedimentos. A fosilización realízase en diferentes etapas: á formación do relevo séguelle outra de recheo do relevo primitivo, logo unha etapa de epiroxénese ou levantamento e, por último, iníciase o proceso de desenterramento da cuberta sedimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método terapéutico que se basea na produción de coagulacións localizadas nos tecidos pola conversión en calor dun feixe luminoso, procedente dunha lámpada de xenon ou de argon ou dun láser, sobre unha área moi reducida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento para compoñer textos que posteriormente se imprimirán con procedementos fotográficos. As primeiras unidades de composición apareceron durante os anos cincuenta e sesenta e consistían nun teclado, que rexistraba sobre unha cinta perforada ou un disco magnético as secuencias do texto e as instrucións de composición gráfica; nun ordenador, que xustificaba cada liña; e nunha unidade fotográfica composta por un disco ou tambor xiratorio sobre o que estaban en negativo inscritos todos os caracteres dunha familia gráfica, que, dun en un, e segundo a secuencia na que foran rexistrados, ao seren iluminados por un flash sincronizado por un procedemento estroboscópico, impresionaban unha superficie fotosensible (película ou papel). A partir dos anos setenta, os avances en electrónica permitiron substituír os xogos de caracteres pola súa codificación en forma dixital, de xeito que o texto introducido mediante un teclado da terminal do ordenador trátase informaticamente e rexístrase...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efecto fotoeléctrico interno dun sólido ou dun líquido. Caracterízase pola variación da resistividade do corpo cando se expón a unha radiación electromagnética. Tamén recibe o nome de efecto fotocondutor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción nuclear que provoca unha radiación γ cando incide nun núcleo atómico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de xeración de portadores (electróns e buracos) que se produce cando unha radiación luminosa de enerxía suficiente incide sobre a superficie dun semicondutor, que pode ser volúmico ou en forma de capa delgada. Este proceso de xeración pódese deber a transicións banda-banda (intrínsecas) ou a transicións en que participan niveis enerxéticos situados no intervalo de enerxía prohibida (extrínsecas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de interpretación das fotografías aéreas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sensibilización dun organismo ou dunha substancia á influencia da luz.

    2. Fenómeno que se produce na pel anormalmente sensible ás radiacións luminosas ocasionado pola presenza nos tegumentos de substancias que actúan por fotocatálise.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de romper ou romperse algo.

      2. Acción de partir na misa o pan consagrado. A antiga liturxia visigótica facía dividir o pan consagrado en sete ou en nove fragmentos, dispostos en forma de cruz.

      3. Parte da misa na cal o pan consagrado se parte con vista á comuñón.

      4. fracción do pan

        Expresión que significa a manifestación da eucaristía.

      1. Parte que se separa dun todo.

      2. Parte dun solo onde os compoñentes están comprendidos entre uns límites de magnitude determinados. Normalmente, adóitase considerar as fraccións correspondentes á area grosa (de 2 a 0,2 mm), á area fina (de 0,2 a 0,02 mm), ao limo (de 0,02 a 0,002 mm) e á arxila (menos de 0,002 mm).

      3. Produto obtido polo fraccionamento dunha mestura.

      4. fracción mecánica

        Parte que queda dunha mostra de solo unha vez extraídos a materia orgánica, os carbonatos e os sales solubles.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode fraccionar.

    VER O DETALLE DO TERMO