"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • Aplícase á forma larval, desprovista de vesícula caudal, propia dalgúns platihelmintos da clase dos cestodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa comercial creada en 1976 para reorganizar as actividades do grupo francés Carrefour e do español Simago. Ten a súa orixe nas actividades de Ibérica de Hipermercados SA constituída en 1973. Absorbeu diversas empresas locais, que en 1981 unificou baixo a marca Pryca. En 1999 fusionouse con hipermercados Continente e en 2000, Pryca e Continente empezaron a utilizar o nome Carrefour. Simultaneamente, os supermercados procedentes de ambas as dúas empresas unificaronse baixo o nome Champion.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Amigo de Ovidio, dedicouse á creación poética e foi protexido de Mecenas. Considerado un dos poetas elexíacos máis elegantes, escribiu catro libros de Elexías, en estrofas dísticas, do que o primeiro (Cynthia Monobiblos, 28 a C) está dedicado ao seu amor por Cynthia, así como o segundo e parte do terceiro, escritos entre os anos 27 e 22 a C. O cuarto libro apareceu postumamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación dunha parte co todo ou dunha cousa con outra, en canto á magnitude, cantidade ou grao.

    2. Importancia ou intensidade de algo.

      1. Igualdade de dúas razóns, fraccións ou cocientes. Na proporción a/b=c/d a e d chámanse extremos e b e c medios.

      2. proporción aritmética

        Igualdade de dúas diferenzas.

      3. proporción continua

        Sucesión de proporcións en que os sucesivos medios son iguais. Os termos dunha progresión xeométrica como 1, 2, 4, 8, 16,..., forman unha proporción continua: 1/2=2/4=4/8=8/16.

      4. proporción divina

        Proporción a/b=ö, onde ö é o número áureo


        FORMULA

    3. Relación matemática sistemática de dous elementos entre eles e con diversas partes dun conxunto, segundo un complexo de regras equivalentes ás métricas da poesía e da música, co obxectivo de producir un efecto de harmonía ou ben o de cinguirse a unhas normas teóricas ou a unhas convencións. Desenvolvéronse numerosos sistemas e teorías da proporción, entre os que cómpre destacar a teorización clásica fundamentada en Pitágoras, Euclides e Platón, formulada no módulo, no canon e na sección áurea, que determinou boa parte dos ciclos artísticos occidentais.

    4. Termo técnico da teoría musical medieval que servía para indicar as relacións entre os diferentes intervalos. Na notación denominada proporcional, as proporcións eran empregadas para crear diminucións ou aumentos dos valores de duración das figuras.

    5. Medidas de algo ou de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de proporcionar.

    2. Que ten as debidas proporcións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á proporción.

    2. Que ten proporción.

    3. Aplícase a dúas cantidades variables de razón constante fixa. Así, dise, por exemplo, que a área do círculo é proporcional ao cadrado do seu raio. Dúas cantidades proporcionais poden ser directamente proporcionais ou inversamente proporcionais, segundo unha creza ou decreza ao crecer a outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de proporcional.

    2. alor constante da razón de dúas cantidades proporcionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que unha cousa teña a debida proporción con respecto a outra ou a outras.

    2. Pór algo que se necesita ou convén a disposición de alguén.

    3. Producir ou causar un determinado sentimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao tipo de aleta caudal dos peixes, na que o eixe conserva a súa posición central rectilínea e os lóbulos e os raios permanecen en situación marxinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. En La Sorbonne seguiu os cursos de filosofía de Bergson, que influíron decisivamente na súa concepción do tempo. Frecuentou a alta sociedade, obxecto do seu estudo, e froito desta primeira época son Les plaisirs et les jours (1896), recompilación de artigos e ensaios. Cara a 1895 comezou unha longa novela autobiográfica, Jean Santeuil, onde xa se atopaban prefigurados temas e formas da Recherche, pero que abandonou. A lectura de Ruskin ensinoulle a circunscribir a realidade metaforicamente e tamén a abordala a través do filtro da sensibilidade. En 1905 illouse da sociedade e comezou À la recherche du temps perdu. Enfermo, Proust dedicouse, nunha desesperada carreira contra a morte, ao traballo de preparación e corrección das últimas partes, desexo que non satisfixo plenamente. A súa obra é unha loita contra o tempo, coa memoria como arma. É o verdadeiro inspirador das tendencias máis vangardistas da literatura, xunto con James Joyce. Tamén escribiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cetáceos odontocetos, da familia dos delfínidos, que miden entre 5-6 m (cos machos máis grandes ca as femias), de cor negra cunha mancha gris no ventre,. Aliméntanse de peixes e cefalópodos, e son animais gregarios, de costumes sociais. Existe unha única especie, P. crassidens, de distribución tropical, subtropical e de augas temperadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (238). Foi gobernador de Alemaña e de Asia, cónsul e praefectus urbis. Foi elixido emperador xunto con Décimo Celio Calvino Balbino, pero entrou en discordia con este e ambos os dous provocaron a hostilidade dos militares, e sobre todo dos pretorianos, que os mataron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Coñecido como Edward Fitzgerald, ademais do diálogo platónico Euphranor (1851) e dunha colección de aforismos, traduciu a Esquilo, Sófocles, Calderón e os poetas persas Giamī e Fari ad-din ‘Atār. A súa obra máis destacada é The Rubáiyát of Omar Khayyám (1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico estadounidense. Formouse na Harvard University, onde foi profesor (1946). Estudou as microondas e o magnetismo nuclear e demostrou a existencia do hidróxeno no medio interestelar. Recibiu o Premio Nobel de Física (1952), compartido con F. Bloch, polos seus estudos sobre os momentos magnéticos dos núcleos atómicos. En 1980 obtivo a Medalla Nacional de Ciencias de EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Adaptou á lingua inglesa o estilo representativo dos italianos. A súa obra mestra é Dido and Aeneas. Autor de diversas odas, cantatas e pezas para música instrumental, outras obras dramáticas son King Arthur (1691) e The Fairy Queen (1693).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado no val de Almanzora (1.630 h [2001]). Na súa economía destacan os talleres de mármore e a artesanía de latón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Flavonoide cristalino de orixe vexetal, que cristaliza en forma de cristais de cor amarela, e que forma parte da estrutura da quercitrina. Emprégase como antioxidante e como absorbente dos raios ultravioletas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano, fillo do escultor e ourive Pietro d’Angelo. De nome Pietro di Piero d’Angelo di Guarnieri, tomou o seu nome de Quercia Grossa, lugar de orixe da súa familia. Participou no concurso para realizar as portas do baptisterio de Florencia (1401). Das súas primeiras obras, fieis aos canons góticos, destaca o sepulcro de Ilaria del Carretto (1406?) na catedral de Luca, e Il Giudizio di Salomone (1408) para o Palazzo Ducale de Venecia. O seu estilo evolucionou cara ás pautas renacentistas nos relevos da Fonte Gaia (1414-1419) e nos da pía do baptisterio da catedral de Siena, onde traballou con Donatello e Ghiberti (1417-1431). En 1425 comezou os relevos da portada de San Petronio, en Boloña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcohol polihidroxílico derivado do ciclohexano, do que poden existir diversos estereoisómeros.

    VER O DETALLE DO TERMO