"APA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 566.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación leñosa constituída fundamentalmente por arbustos xerófilos, de aspecto semellante aos maquis mediterráneos, propia das vertentes secas de California.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Azouta de pouca intensidade dada coa palma da man nas nádegas dun rapaz.
-
-
Planta do xénero Quercus de folla perenne. Polas adversas condicións onde medra (por sufrir un substrato, unha climatoloxía pouco favorable ou o castigo dos herbívoros) presenta un porte arbustivo en vez do de árbore que potencialmente podería desenvolver.
-
Aplícase a calquera arbusto ou árbore pequena.
-
Aplícase a unha persoa ou animal gordo e de pequeno tamaño.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Precipitación breve e intensa de chuvia ou saraiba propia das treboadas primaverais, orixinadas por movementos convectivos das masas de aire, que se repiten durante varios días. SIN: balloada.
-
SEMANARIOS
Semanario humorístico que se publicou dende xaneiro de 1901 ata finais do mesmo ano en Betanzos. Nun principio editouse na imprenta dos Sucesores de Castañeira, e logo pasou aos obradoiros gráficos da Viúva de Abad. O avogado César Sánchez Díaz formaba parte da redacción. Este semanario era moi coñecido na vila, xa que o seu suposto servizo telegráfico facíase cargo de difundir os posibles noivados do lugar, así como de dar avisos, normalmente sarcásticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
lorcha negra.
-
ENTRADA LARGA
Estado federal de México, no SL do país (74.211 km2; 3.584.786 h [1995]). A capital é Tuxtla Gutiérrez (289.626 h [1990]). Ocupa gran parte do istmo de Tehuantepec. Na súa orografía destacan o volcán de Tacaná (4.100 m) e a Sierra Sur de Chiapas. Está drenado polos ríos Grijalva e Suchiapa. A economía é agrícola; o 61% da superficie dedícase ao cultivo do millo. Outros cultivos importantes son o café, o plátano e a cana de azucre. Un dos problemas para o desenvolvemento económico da zona é o atraso da súa rede de comunicacións. Só dispón de 14 km de estradas, dos que 3 están asfaltados. Chiapas posúe o índice de crecemento máis elevado do país, cun 4,5% anual. O 42% da poboación é menor de 15 anos e o grao de analfabetismo é do 30%.
VER O DETALLE DO TERMO
Historia
Durante o período preclásico (2500 a C-300 d C) establecéronse neste territorio varios grupos procedentes do altiplano de Guatemala, ao redor dos ríos Usumacinta e La Pasión. A influencia olmeca deixouse sentir na... -
PERSOEIRO
Novelista, xornalista e político. Cultivou o xornalismo político en Cuba, onde estivo preso, e en Zaragoza. Residiu en París e Madrid, onde foi redactor de El Imparcial e militou en Acción Republicana. Publicou a tetraloxía autobiográfica Del cautiverio (1903), Del hospital (1906), Del cuartel y de la guerra (1906) e Del periódico y de la política (1907), e a novela El juez que perdió su conciencia (1925). Sendo gobernador de Ávila, foi fusilado nos inicios da Guerra Civil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psicólogo suízo. Profesor de psicoloxía e de pedagoxía na Universidade de Xenebra, en 1901 fundou, con Théodore Flournoy, Archives de Psychologie, a primeira revista francesa de psicoloxía. A súa teoría funcional da educación traduciuse, no terreo práctico, na escola activa, onde calquera actividade está baseada na necesidade e no interese do neno, e deu fundamentación psicopedagóxica ao movemento europeo da escola nova, do que formou parte. Creou, en 1912, o Instituto Jean-Jacques Rousseau, denominado posteriormente Instituto de Ciencias da Educación, centro de estudo da formación da moderna pedagoxía europea, ata o momento da Segunda Guerra Mundial, ao que acudiron moitos profesionais españois da educación baixo o impulso da Junta para la Ampliación de Estudios. Os inspectores de educación da Coruña (dos anos 20 e 30), José Peinado Altabre e Manuel Díaz Rozas, mantiveron contacto con E. Claparède. Entre as súas obras están L’association des idées...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor flamengo. É autor dunha extensa obra relixiosa (misas, réquiems, magníficats, motetes) e de numerosas chansons. As súas cancións aparecen recollidas en varias compilacións da época, tanto en Francia coma en Alemaña ou Inglaterra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Clorofosfato de calcio, de fórmula Ca5Cl(PO4)3. Representa un termo extremo dentro da mestura isomorfa que xeralmente se engloba baixo o termo de apatita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín Informativo que saíu en decembro de 1976 en Vigo. Editouse co gallo da celebración do I Congreso Nacional deste sector, polo que todos os artigos estaban relacionados co acto. Colaboraron nela, entre outros, Carlos García Castro, Miguel Font, Antonio Velloso e Mario Gaviria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Confederación Católica Nacional de Padres de Familia y Padres de Alumnos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que editou o Instituto de Ciencias Humanas y Sociales en Santiago de Compostela en 1990. Subtitulada “Revista de los padres” e de tendencia conservadora, informaba sobre o sistema de educación e trataba temas relacionados coa xornada escolar, a universidade privada, a psicopedagoxía e a formación profesional. O consello de redacción estaba integrado por Agustín Dosil Maceira, Manuel Deaño Deaño, Luís Ríos Tallón, Eva Mª Vázquez e José Rojo Salgado. Sacou os números extraordinarios “Todo sobre la LOGSE” (1990) e “La orientación educativa” (1991). Analizaba os problemas da docencia dende o punto de vista da relixión e incluía temas de actualidade como o uso do preservativo ou a SIDA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
podómetro.
-
-
de contrachapar.
-
Taboleiro destinado á carpintería e á construción de mobles, formado por un número impar de chapas superpostas e encoladas de xeito que as súas fibras queden entrecruzadas. Emprégase para plafóns e fondos de pipotes, caixóns e outros envases.
-
Operación de contrachapar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Encolar a presión, debidamente contrapeadas e sempre en número impar, as diversas chapas de madeira necesarias para obter un taboleiro dun grosor determinado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pao que se divide en dúas metades, unha de metal e outra de cor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parede que se constrúe apoiada noutra para reforzala ou para que non permita que pase a humidade.
-
-
Aplícase ás figuras iguais colocadas unhas sobre outras pero en posición invertida.
-
Acto ou obxecto que compensa traballos ou accións anteriores, xeralmente negativas.
-
-
Asento que se fai nunha conta para emendar un erro.
-
FRAS: En contrapartida loc adv En compensación.
Relación recíproca entre un cargo e o seu aboamento correspondente.
-
-