"AVI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 908.

  • Relativo ou pertencente ás cavidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da rexión do Tagalog Meridional, provincia de Cavite, na illa de Luzón, Filipinas (87.813 h [1980]). Situada nunha chaira cunha grande actividade agrícola, produce principalmente arroz, cana de azucre e cocos. Posúe unha base naval. Durante a guerra hispano-norteamericana foi ocupada polas tropas norteamericanas trala Batalla naval de Cavite (1 de maio de 1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Filipinas, situada na illa de Luzón (1.288 km2; 771.320 h [1980]). A capital é Trece Mártires (8.579 h [1980]). O seu relevo montañoso está dominado polos montes Sungay. Está drenada polos ríos Tártaro e Dago que desembocan na baía de Manila. A principal actividade económica é a produción agrícola de arroz, café, millo e azucre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa andaina profesional nos xornais El Correo Gallego e O Correo Galego. Redactor xefe de O Correo Galego, coordina a edición electrónica deste xornal na Internet. Publicou O Pindo: pedra e mar (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, na confluencia dos ríos Alagón e Tajo (2.284 h [1996]). A agricultura (cereais e legumes) e a gandería (lanar e caprina) son as principais actividades económicas. Destaca a igrexa parroquial de Santa María del Olmo, de estilo gótico do s XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Educador e filósofo mexicano. Foi profesor de historia xeral e patria, psicoloxía, moral, xeografía e lóxica na Escuela Nacional Preparatoria. Preocupado pola educación, reorganizou o ensino primario e a preparatoria (bacharelato superior). Foi deputado e intentou mellorar as condicións laborais dos educadores. Fundou a Escuela Nacional de Maestros, a Escuela Internacional de Arqueología y Etnografía e, en colaboración con Justo Sierra, a Escuela de Altos Estudios e a Universidad de México (1910); foi ademais membro fundador do Colegio Nacional en 1943. En 1915 formulou dous proxectos de lei: un sobre a federalización da educación e outro sobre a autonomía universitaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cortar algo a rentes, principalmente as raíces dos tubérculos ou as pólas das árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Na súa formación mesturou a base teórica recollida na École de Beaux Arts de París, da que foi profesor, e a súa actividade como restaurador do Musée du Louvre. A súa primeira exposición individual (1958) revelou un traballo marcado pola carga material e a evocación de formas humanas ou de animais. A súa obra evolucionou cara a un expresionismo paralelo á obra de Giacometti, ao tempo que empregou materiais diversos como resinas, aluminio, aceiro e, sobre todo, bronce. Entre as súas obras destacan Le prophète (O profeta, 1963) e Maison du berger (A casa do pastor, 1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Viveiro baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura precolombina dos Andes desenvolvida entre o 850 e o 300 a C nas terras altas do N de Perú, nos vales de Chavín de Huantar, Casmar, Nepeña, Cupisnique e Lambayeque. Eran agricultores e coñecían a metalurxia do ouro e da prata, e o tecido da la e do algodón. As súas esculturas, realizadas en pedra, amosan a figura dun felino que representa a unha divindade. Foron tamén bos construtores e ceramistas. O principal xacemento é Chavín de Huantar, centro sagrado onde destaca o castelo construído con muros de pedra e dividido en tres pisos. Só está comunicado co exterior pola porta de entrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘chave’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘árbore’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Realizou traballos no Reino Unido, España, Xapón, Alemaña, Italia e nos EE UU. Entre as súas obras destaca a ampliación dos Neuen Museums de Berlín (1994-1999). Asociado con Fermín Vázquez Huarte, foi finalista no concurso convocado polo concello de Vigo para a construción do Auditorio de Beiramar (2001). Entre os galardóns que recibiu destaca o Premio Andrea Palladio (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Cuba (6.910 km2; 367.489 h [estim 1990]). A capital é Ciego de Ávila (95.641 h [1995]). Na súa maior parte é unha ampla chaira formada por terreos calcarios. A súa economía baséase na agricultura (especialmente no cultivo de cereais, legumes, tabaco) e na pesca, principalmente no Mar Caribe. Existen pequenos xacementos de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo británico. Director de estudios de arqueoloxía e antropoloxía do Peterhouse College de Cambridge e catedrático de Arqueoloxía e Antropoloxía na Cambridge University, sentou as bases teóricas da análise arqueolóxica con independencia da época e rexión estudiada. A súa obra principal é Analytical archeology (Arqueoloxía analítica, 1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • clavecinista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos pirenomicetos, parasitos de flores, sobre todo das poáceas, nas que determina unha castración parasitaria, ao tempo que o fungo produce conidios que os insectos dispersan. Son ricos en alcaloides (ergotamina, ergobasina) polo que se empregan en medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO