"Arra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 638.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concurso literario convocado dende 1989 polo concello de Padrón. A entrega do galardón realízase o 19 de outubro, día en que lle foi concedido a Camilo José Cela o Premio Nobel de Literatura. Entre as obras galardoadas están Caladamente (1990), de Manuel Ribeiro Loureiro; O barco de seixo (1991), de Carlos Arias Iglesias; Valquiria (1993), de Antonio Riveiro Coello; La guerra de los escribas (1994), de Manuel García Méndez; Estromil (1995), de Xoán Piñeiro Cochón; Sueños (1996), de Luis M. García Méndez; Dos latidos (1997), de Carmen Payá Ferrando; Sñik (1998), de Antonio M. Martínez Flores; e Hacedor de patria (1999), de Antonio L. Vera Velasco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carlos IV de Francia.
-
PERSOEIRO
Rei de Navarra (1349-1387), fillo e sucesor de Xoana II de Navarra e de Filipe III, conde de Évreux. Casou en 1353 con Xoana, filla de Xoán II de Francia, trono ao que sostiña aspiracións. Xoán II, temeroso dos seus contactos cos ingleses, cedeulle polo Tratado de Nantes (1354) dominios en Normandía, pero finalmente apresouno en Rouen en 1356. Fuxiu da prisión e venceu a revolta da Jacquerie, de acordo co delfín, ao mesmo tempo que actuaba contra el na revolta de París de Étienne Marcel (1358). Na derrota de Cocherel (1364) perdeu unha gran parte dos seus dominios franceses. Aliado de Pedro I de Castela, declarou a guerra a Pedro IV de Aragón en 1362, que concertou os acordos de Uncastillo (1363) e Sos (1364). A repartición de Navarra, proxectada por Pedro III e Carlos V de Francia, obrigouno a pactar co rei de Castela en Libourne, en 1366, e cedeulle unha parte de La Rioja, Araba e Gipuzkoa. Axudou a Pedro I de Castela na súa loita contra Enrique de Trastámara e restituíronlle os territorios...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Navarra (1387-1425), fillo e sucesor de Carlos II. O seu casamento en 1375 coa infanta Leonor, filla de Enrique II de Castela, puxo fin ao longo período de hostilidade entre estes reinos. Asinou diversos tratados de paz con Castela e Aragón. Concluíu un acordo con Ricardo III de Inglaterra en 1393 polo que recuperaba Cherburgo. Polo Tratado de París de 1404, que asinou con Carlos VI de Francia, renunciou aos condados de Champagne, Brie e Évreux, e á cidade de Cherburgo, e recibiu o ducado-paria de Nemours. Comprometeuse con Fernando I de Aragón a impedir que Antón de Luna, partidario de Xaime o Desgraciado, conde de Urgell, recibise axuda desde Navarra e Francia. Recoñeceu en 1390 o papa de Aviñón, pero, unha vez que foi proclamado Martiño V, someteuse á obediencia de Bieito XIII. En 1423 instituíu o título de príncipe de Viana, privativo dos herdeiros do Reino de Navarra, a favor de Carlos, primoxénito da súa filla Branca e de Xoán, infante de Aragón. Reformou a facenda...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Decorou numerosos edificios e frescos antes de dedicarse á arte pitórica. Asinou o Manifesto Futurista de 1910 e, debido á súa amizade con Picasso e Apollinaire, achegouse ao movemento cubista entre 1911 e 1912. No 1916, en Ferrara, colaborou con De Chirico na creación da pintura metafísica, corrente na que participou ata 1918. Foi propulsor do movemento coñecido como Novecento. Dende 1926 realizou paisaxes mariñas. En 1933 asinou o Manifesto da pintura mural de Mario Sironi. Entre as súas obras destacan: Funerali dell’anarchico Galli (Funerais do anarquista Galli, 1910-1911), Manifestazione interventionniste (Manifestación intervencionista, 1914) e La musa metafisica (A musa metafísica, 1920). Publicou o libro autobiográfico La mia vita (A miña vida, 1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
carrabouxo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Excrecencia rugosa en forma de bóla, orixinada pola presenza de himenópteros parasitos, que aparecen nas pólas tenras do carballo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe de cómic da autoría do humorista Xosé Lois publicado nos xornais La Región e Atlántico Diario, e no semanario A Nosa Terra. Trátase dun ser atemporal, que parte do enxebre para satirizar con ironía sutil asuntos moi modernos, cunha linguaxe chea de frases e modos actuais e acompañada de numerosos xogos lingüísticos.
-
-
Aparato de madeira consistente nunha roda dentada que bate cunha ou varias láminas e que produce un ruído moi característico, úsase nas igrexas na Semana Santa e tamén como xoguete para os nenos.
-
Roda dentada de determinados mecanismos e ferramentas que unicamente permite que esta xire sempre na mesma dirección.
-
Peza de ferro do muíño situada sobre o pau do rodicio.
-
-
-
-
Buque de gran tonelaxe que a partir do s XIII se destinou á carga e ao transporte de tropas. Era redondo e só navegaba a vela. Máis tarde foi provisto de artillería. A súa capacidade oscilaba entre as duascentas e as seiscentas toneladas; nos ss XVI e XVII os holandeses construírono de dúas mil toneladas para empregalo no tráfico coas Indias Orientais.
-
Barco falto de calidade, lento ou moi vello.
-
-
-
Vehículo lento e deteriorado.
-
Obxecto ou aparato avariado e inútil.
-
-
Persoa vella que goza de pouca saúde e ten moitos achaques.
-
-
FAMILIAS
Familia de pintores boloñeses. A súa pintura caracterízase por un forte contido poético, que atopou a súa base na natureza e o seu instrumento no debuxo. Na súa obra son fundamentais a herdanza de Il Correggio, a contribución veneciana e a análise da arte de Raffaello Sanzio. Substituíron o simbolismo dos manieristas por unha alegoría de doada comprensión e fixaron e esquematizaron a iconografía da arte católica. Entre 1585 e 1588 fundaron a Accademia dei Desiderosi, chamada despois degli Incamminati. Ludovico Carracci (Boloña 1555 - 1619), pintor e gravador, foi discípulo de Próspero Fontana. Entre as súas obras destacan Martirio de santo Anxo (1598) e Predicación do Bautista (1592). O seu curmán, Agostino Carracci (Boloña 1557 - Parma 1602) foi gravador, pintor e poeta. Cultivou a pintura relixiosa plasmada en A derradeira comuñón de san Xerome (1592). O seu irmán, Annibale Carracci (Boloña...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da comarca do Bierzo, integrado na provincia de León, na Comunidade Autónoma de Castela e León (3.533 h [1996]). Situado ao O de Ponferrada, está drenado polo río Cua. A economía local está baseada na agricultura e na gandería. Respecto á primeira, cultívanse cereais, froiteiras, legumes e hortalizas, ademais de vide. Deste último cultivo proceden as uvas empregadas na elaboración de viños acollidos á Denominación de Orixe do Bierzo. Tamén se elaboran licores e conservas de froitas. Con respecto á gandería, destacan os armentíos ovino, bovino e porcino. No termo municipal, concretamente no lugar de Carracedo del Monasterio, atópase o recinto do mosteiro de Santa María, cenobio beneditino fundado en 990 polo Rei Vermudo II baixo a advocación de San Salvador, que foi destruído polos musulmáns e posteriormente restaurado polo Emperador Afonso VII (1138), quen o doou aos monxes cistercienses.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río afluente do Camba pola dereita. Nace na vertente setentrional da Serra Seca, na parroquia de Carracedo da Serra, concello da Gudiña. Cun curso de dirección S-N, actúa de colector de varios regos que drenan a serra e penetra na parroquia de Fornelos de Fiollás, no concello de Viana do Bolo, onde desemboca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Caldas de Reis baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de san Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
-
Apelido de orixe toponímica. O topónimo homónimo é un abundancial formado sobre o latín tardío carriceu (derivado do latín vulgar *cariceu) ‘carrizo ou cana silvestre dos pantanos’. Documéntase no século XIII: “Petrus Fernandez ditus Carracedo” (doc ano 1200 en Emilio Duro Peña Catálogo de los documentos privados en pergamino del Archivo de la Catedral de Orense (888-1554), 1973, p 102).
-
Liñaxe que trae como armas escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de goles, cun castelo de ouro; segundo e terceiro cuartel, en campo de prata, cun lobo andante de sable. Outra variante leva, en campo de prata, unha aspa de azul e xefe de azul con tres coxíns de ouro.
-
-
-
-
Arácnido da orde dos ácaros, de corpo aplanado e sen segmentación visible. Os adultos presentan catro pares de patas (nalgunhas especies só dous pares) e tres as larvas, e o cefalotórax ou o prosoma fusionado co abdome. Aínda que miden normalmente uns poucos milímetros, acadan os 3 cm logo de alimentarse debido á dilatación que sofre o seu corpo. Existen unhas 700 especies de carrachas que constitúen parasitos externos de anfibios, aves, mamíferos e réptiles, dos que obteñen sangue grazas aos quelíceros, propios dos arácnidos, que aparecen como pequenas coitelas coas que corta a epiderme, á vez que segregan substancias anticoagulantes. Respiran por traqueas con dous estigmas e presentan debaixo da boca unha estrutura alongada, ou hipóstoma, provista de pequenos garfos que suxeitan o animal ao hospedeiro. Portan no extremo das patas unhas pequenas ventosas. Algunhas especies, principalmente as que afectan ao gando doméstico, poden picar ao home e ser transmisoras de protozoos, ricketsias,...
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde ás voces ‘faba’, ‘xudía’ e ‘feixón’.
-