"CIC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 293.
-
-
Que ten ou forma un único ciclo.
-
univoltino.
-
Aplícase ao composto cíclico formado só por un único ciclo ou anel.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
elocípede dunha soa roda, empregado polos equilibristas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ehículo automóbil de dúas rodas, provisto dun motor de combustión interna de dous tempos ou de catro, case sempre refrixerado mediante aire, que pode transportar un ou dous pasaxeiros. A motocicleta é o resultado do acoplamento dun motor de explosión e unha bicicleta, da que conserva os elementos esenciais. O motor, con aletas e sen ventilación forzada, adoita ir montado no medio do cadro, e acciona a roda traseira a través dunha transmisión que comporta embrague, caixa de cambios e cadea e prato de roda ou ben eixe con xunta universal e piñón e coroa. As cilindradas varían desde os 50 cm3 ata 1.200 ou 1.500 cm3. A suspensión comporta xeralmente un amortecedor dianteiro telescópico e un amortecedor posterior oscilante, unida ao cadro por medio dun sistema de resortes e de amortecedores. O cadro de tubos ou ben de prancha de aceiro, é ríxido para soportar o peso do conxunto mecánico, o condutor e o pasaxeiro, e resistir as sacudidas das suspensións. O guiador leva os...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deporte que se practica coa motocicleta. O motociclismo tivo as súas primeiras manifestacións en Francia e en Inglaterra, a finais do s XIX. A primeira carreira celebrouse en Francia (1896), cando oito competidores cubriron a distancia de ida e volta entre París e Nantes. Unha das primeiras competicións reguladas pola Federación Internacional Motociclista (FIM), creada en 1904, foi o Tourist Trophy, na illa de Man (1907). Pódense clasificar as diferentes probas motociclistas seguindo variados parámetros, se ben os máis utilizados son fundamentalmente catro: o tipo de pilotaxe, o lugar onde se desenvolve a proba, as características da moto e a cilindrada da mesma. Así, distinguimos entre carreiras de velocidade (xeralmente en circuíto), probas de resistencia, de regularidade e competición sobre terreo accidentado, na dobre posiblidade de velocidade (motocróss) e habilidade (trial). A principal competición de velocidade é o campionato do mundo de pilotos e de marcas, organizado pola FIM.
-
-
Relativo ou pertencente ao motociclismo.
-
-
Persoa que conduce unha motocicleta.
-
Persoa que practica o motociclismo.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ehículo automóbil de dúas ou de tres rodas. Reciben este nome os ciclomotores, os velomotores, as motocicletas e os triciclos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido dicarboxílico derivado da lactosa ou da galactosa por oxidación. É un epímero do ácido sacárido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica dirixida por Juan Antonio Bardem e protagonizada por Alberto Closas e Lucía Bosé en 1955. Unha morte accidental e a posterior fuga dos homicidas sérvenlle ao director para afrontar o tema da dubidosa condición humana das persoas, que neste caso só se ve perturbada polo sentimento de culpabilidade presente na conciencia dos protagonistas.
-
PERSOEIRO
Romanista croata. Profesor de lingua e literatura italianas na Freie Universität Berlin, escribiu estudos sobre materias teóricas como a fonoloxía e as estratexias clasificatorias dentro das linguas románicas. Da súa obra destacan Opća fonologija i fonologija suvremenog talianskog jekiza (Fonoloxía xeral e fonoloxía específica do italiano moderno, 1964), Introduzione allo studio della lingua italiana (1971), Fonologia della lingua italiana (1972) e Scaffale italiano: ; avviamento bibliografico allo studio della lingua italiana (1991) e escribiu o artigo “A estandarización do galego á luz de procesos análogos noutras linguas minorizadas europeas” (en Estudios de sociolingüística galega sobre a norma do galego culto, 1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten ou forma máis dun ciclo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos muscicápidos, ao que pertence o papamoscas cincento (Muscicapa striata).
-
-
Relativo ou pertencente aos muscicápidos.
-
Ave da familia dos muscicápidos.
-
Familia de aves, da orde dos paseriformes, de entre 10 e 35 cm que presentan o bico ancho na base, un pouco aplanado, co extremo superior lixeiramente ganchudo e circundado de vibrisas. Son de patas curtas, con dedos febles e a parte anterior dos tarsos escamosa, e teñen 10 rémixes principais e 12 temoneiras. Aliméntanse de insectos que cazan lanzándose ao aire. Habitan en Eurasia, África, Australia, Madagascar, Nova Zelanda, Melanesia e Hawaii.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que habita sobre os mofos, como os rotíferos, tardígrados, nemátodos e certos fungos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Receptor sensorial ou neurona receptora de estímulos prexudiciais ou de dor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo dos seis sistemas ou períodos en que se divide a era primaria ou paleozoica. Sitúase por riba do Cámbrico e por debaixo do Silúrico, e está comprendido entre os 505 e os 438 millóns de anos. Os seus materiais adoitan estar constituídos por xistos e cuarcitas, e nas series orixinais, en Gran Bretaña, hai moitas rochas volcánicas non sedimentarias e conglomerados e greses, entre outros. Os fósiles máis importantes son os graptolites, que serven para establecer a biostratigrafía deste sistema, os braquiópodos e os trilobites. Neste período apareceron os lamelibranquios, os antozoos, e os equinodermos. A flora queda reducida a algas diversas e abundantes. Os movementos da terra son habituais e as sucesións ordovícicas presentan mostras frecuentes de transgresións e regresións mariñas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Ordovícico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido non coñecido en estado libre, que é un dos ácidos dos que derivan formalmente os silicatos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciclo teórico para motores de combustión interna de acendido por chispa ou explosión, que desenvolveu Nikolaus Otto. En 1876 construíu o primeiro motor deste tipo, de catro tempos e de combustión a volume constante, seguindo os principios enunciados por Beau de Rochas en 1862. No ciclo para motores de catro tempos pódese distinguir a compresión adiabática do fluído motor, o abastecemento instantáneo de enerxía a volume constante, a expansión adiabática e a cesión instantánea de enerxía a volume constante. Coa mesma compresión, o rendemento deste ciclo é superior ao do ciclo Diesel. Se se efectúa o ciclo de Otto para un motor de dous tempos, o rendemento termodinámico diminúe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico de amplo especto, do grupo das tetraciclinas, que se obtén da especie Streptomyces rimosus e que é activo contra un gran número de bacterias Gram-positivas e Gram-negativas e tamén contra algúns virus e bacterias de xénero Rickettsia. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
Que estimula o parto.
-
Produto que se destina a estimular a contracción dos músculos lisos do útero. Emprégase sobre todo a fracción oxitócica do extracto do lóbulo posterior da pituitaria. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-