"IBE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 465.

    1. Relativo ou pertencente ao neoliberalismo

    2. Seguidor do neoliberalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de pensamento económico que defende a vixencia dos principios do liberalismo clásico, nacida por oposición ás teorías que avogan por un protagonismo económico do estado e como resposta á evolución do sistema capitalista (concentración de empresas, proteccionismo). Defende unha decidida intervención estatal para corrixir as distorsións producidas polo funcionamento do sistema, que fan imposible a libre competencia, e é partidaria de fornecer equipos colectivos eficientes e de asegurar o acceso á propiedade privada dos traballadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente de deseño industrial, e especialmente de interiorismo e de deseño de mobles, vixente en Italia, basicamente en Milán e Turín, a partir de 1958. O termo foi cuñado por Paolo Portoghesi, e entre as súas características primou o paralelismo coas formas da escola vienesa. Entre as obras máis destacadas están o Pavillón Italiano de Bruxelas (1958) e os deseños de mobles de Ignazio Gardella, L. Caccia Dominioni e Franco Albini.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe galega.

    2. Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, unha cabeza sangrante de lobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Epopea xermánica escrita entre 1190 e 1200 por un xograr anónimo que recolleu cantos anteriores de orixe pagá e da tradición oral. Estruturada en estrofas de catro versos que riman dous a dous, a obra está dividida en dúas partes: a morte de Sigfrido e a vinganza de Crimilda. O poema inicial, situado no s VII, narraba a matanza do pobo burgundio a mans dos hunos. Máis tarde engadíuselle a lenda de Sigfrido, vencedor dun dragón, posuídor dun tesouro e conquistador de Brunilde. Wagner baseouse neste canto para a súa tetraloxía Der Rings des Nibelungen.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos nibelungos.

    2. Anano da raza dos nibelungos.

    3. Raza xermana de ananos mitolóxicos que posuían grandes riquezas, que pasaron a mans de Sigfrido cando, segundo o Nibelungenlied, este derrotou ao seu gardián Alberichn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Nicolò da Foligno, o seu estilo, piadoso e cándido (Polittico di Cagli, 1461-1465), evolucionou cara a unha arte máis sólida e de debuxos máis rigorosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago do Océano Ártico, que separa os mares de Laptev e Siberia Oriental e forma parte de Iacutia. Formado polos arquipélagos de Anjou e de L’akhov e por outras illas, foi explorada en parte en 1770 por B. L’akhov. Está cuberto de tundra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Ourense a partir de novembro de 1886. Editado nos obradoiros tipográficos Galaica, foi dirixido por Luciano Cid Hermida. Saíu dúas veces á semana (mércores e sábado) e incluíu información xeral e local, notas bibliográficas, artigos culturais e poemas en galego. Amosou un grande interese polos problemas do campesiñado en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo guerrilleiro fundado en 1954 e dirixido por Georgios Grivas, que loitou contra os británicos para acadar a independencia de Chipre. Despois de disolverse apareceu de cando en vez para atentar contra o goberno republicano ou contra a comunidade turco-chipriota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo político-militar creado en Xerusalén en 1964. Intentou agrupar os refuxiados palestinos para manter o seu nacionalismo. Algúns grupos, como Saika ou al-Fatah, refusaron adherirse porque emanaba duns estados incapaces ata aquel momento de liberalos. O efecto máis notable da Guerra dos Seis Días (1967), coa ocupación israelí de toda Palestina (Guerras Árabe-israelís), foi o de acrecentar o nacionalismo e rexeitar toda solución que non fose a liberación total de Palestina. A raíz dos ataques a Tunisia (1985 e 1988), onde estaba o cuartel xeral da organización e aos campos de refuxiados palestinos de Líbano, a organización escindiuse en grupos moderados, comandados por Yasser Arafat, e radicais, que tiñan o apoio de Líbano e Siria, e que obrigaron a Y. Arafat a dispersar as súas forzas por Alxeria, Tunes e a República Árabe do Iemen. Cando o Rei Hussein I de Xordania renunciou (xullo de 1988) á posesión de Cisxordania, o Consello Nacional de Palestina proclamou en Alxeria un estado...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á raza paleosiberiana, aos seus representantes ou ás súas linguas.

    2. Individuo da raza paleosiberiana.

    3. Raza do grupo xantodermo, de tamaño medio ou baixo, que se caracteriza por ter a pel moi clara, cabelos negros e ausencia de pregaduras palpebrais.

    4. Phylum de linguas que falan os paleosiberianos. Inclúe, entre outras, o chukchi, o kamchadal, o koriak, o aleutiano e o kerek.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xinzo de Limia baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario fundado en París en 1944 por C. Bellanger e É. Amaury, que xurdiu dun grupo que traballara na Resistencia, e que rapidamente chegou a ser o primeiro diario da mañá pola súa tiraxe. A partir de 1974 a súa popularidade declinou, aínda que continuou a ser un dos medios de comunicación de referencia en Francia. Centrado na análise da realidade nacional e internacional, inclúe apartados referidos a política, deportes, sociedade e espectáculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política creada en 1985 dentro do Bloque Nacionalista Galego (BNG). Despois do cambio de postura do BNG en 1986, que permitiu a súa participación no Parlamento Autonómico, produciuse a escisión de 13 membros do comité central, liderados por Mariano Abalo e X. Carballo. Este grupo foi expulsado do BNG en 1987 por apoiar a candidatura de Herri Batasuna (HB) nas eleccións ao Parlamento Europeo. Nese mesmo ano achegou posicións con HB e constituíu, xunto con Galicia Ceibe e outros grupos radicais, a Frente Popular Galega (FPG).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político español que, xunto co Partido Liberal, constituíu o centro do sistema bipartidista característico da Restauración. Malia ser fundado por A. Cánovas del Castillo en 1869, foi de feito un continuador do antigo Partido Moderado, aínda que a nova organización admitía principios liberais. O seu xefe indiscutible foi A. Cánovas del Castillo e, tras o seu asasinato, Antoni Maura i Montaner. Gobernou sen interrupción desde 1875 ata 1881. Sufriu escisións como a da Unión Conservadora de Francisco Silvela y de Le Vielleuze e os grupos fieis á memoria de Cánovas, entre outros. A ditadura precipitou a descomposición do partido que, despois do réxime de Primo de Rivera, tentou reconstruír, sen éxito, Gabino Bugallal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político español que, durante a Restauración, alternou no goberno co Partido Conservador. Formouse en 1880, ao redor do grupo constitucional de Práxedes Mateo Sagasta. Ideoloxicamente case non se distinguía do Partido Conservador, malia que acentuaba algúns principios de carácter liberal e que era menos autoritario no exercicio do poder. Desde a morte de Sagasta (1903) o partido escindiuse entre os centristas (con Álvaro de Figueroa y Torres, conde de Romanones) e os radicais (con Xosé Canalejas Méndez). Finalmente impúxose X. Canalejas, ata que o seu asasinato (1912) e as diferenzas entre dirixentes debilitaron o partido, que xa decaera cando se produciu a crise de 1917 e o final da alternancia dos partidos no poder.

    VER O DETALLE DO TERMO