"Meri" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 322.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao meristema.
-
-
Aquilo que fai digno de recompensa ou de estima a algo ou a alguén.
-
Conxunto de calidades que fan digno de estima e consideración a algo ou a alguén.
-
Calidade das obras do home que son xustificadas pola graza e realizadas libremente. Este concepto está implícito no Novo Testamento, en que se afirma que o Deus xusto dá a vida eterna en virtude do merecemento das boas obras. A Reforma, máis atenta á gratuidade da graza, só lle recoñece mérito á obra redentora de Xesús Cristo.
-
Conxunto de probas e razóns que lle serven ao xuíz para ditar a resolución dun conflito.
-
-
-
Que merece estima ou admiración.
-
Persoa que traballa sen soldo para facer méritos e poder obter unha praza remunerada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría que intenta combinar certas doutrinas astrolóxicas e médicas (Paracelso, Helmut) coas novas experiencias coa electricidade e o magnetismo. F. A. Mesmer presupuxo que os fluídos que corren polos corpos máis sólidos actúan sobre o sistema nervioso e móveno en sentido de atracción ou repulsión, e utilizou o hipnotismo como un método para controlar estas forzas no corpo humano. Contribuíu ao descubrimento das forzas inconscientes.
-
REXIÓNS
Rexión americana integrada polo territorio comprendido entre o río Sinaloa e as concas do Lerma e Soto de la Marina en México, ata o río Ulúa no Golfo de Honduras e Punta Arenas, en Costa Rica. O termo foi acuñado en 1943 por Paul Kirchhof para designar un contexto cultural, histórico e xeográfico en que se desenvolveron importantes civilizacións precolombinas (olmeca, tolteca, zapoteza, azteca e maia), cunha orixe cultural común que compartía características básicas, como a concepción do Universo e do tempo, as prácticas relixiosas, ou a estratificación social.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Mesoamérica, ás súas culturas ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Mesoamérica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade de certas substancias pola que non poden ser representadas mediante unha única fórmula estrutural de tipo convencional que defina as propiedades dunha forma característica. Un composto que presenta mesomería defínese como un híbrido de resonancia ou estado mesomérico dunha mesma substancia, e a súa fórmula represéntase mediante as diversas formas posibles separadas co signo ↔ As formas mesómeras dunha mesma substancia, denominadas tamén formas límite ou en resonancia, difiren na distribución dos electróns de enlace, onde algúns deles se desprazan do átomo (efecto mesomérico) ou os átomos ocupan as mesmas posicións nas dúas formas. O estado real da molécula é intermedio entre os estados representados por cada unha das estruturas, pero cada unha das formas de resonancia por separado non ten realidade física. As moléculas con resonancia presentan unha enerxía inferior á prevista polo cálculo, coñecida como enerxía de...
-
-
Relativo ou pertencente á mesomería.
-
Que presenta mesomería.
-
Fenómeno que consiste no desprazamento estático e parcial de electróns cara a un átomo determinado. A mobilidade dos dobretes e n comporta a aparición de formas límite e de resonancia. Este desprazamento adquire importancia cando na estrutura existe un grupo capaz de aceptar os electróns conxugados con outro capaz de cedelos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
mesomería.
-
-
Repetición de órganos similares e colocados dunha maneira semellante nos metámeros dun animal segmentado. Preséntana os anélidos, os artrópodos e os vertebrados.
-
Tipo de isomería de posición que presentan certos compostos, denominados metámeros, que se caracterizan pola unión de radicais distintos nun mesmo átomo ou grupo central.
-
-
-
Relativo ou pertencente a un metámero.
-
-
Relativo ou pertencente á metamería.
-
metámero.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
metamería.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de formación dos metámeros. Pode ser homónoma, cando todos os metámeros son iguais, ou heterónoma, cando son desiguais.
-
REXIÓNS
Rexión de Filipinas, formada polas provincias de Cotabato do Sur, Davao do Norte, Davao Oriental, Davao do Sur e Surigao do Sur (27.141 km2; 5.189.335 h [2000]). A cidade máis importante é Davao.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao monómero.
-
KRAJ
Kraj da República Checa (7.066 km2; 1.133.916 h [2001]. A súa capital é Brno.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo estadounidense, considerado o museo de historia natural máis grande do mundo, que se atopa na cidade de Nova York. Conta con corenta salas de exposicións, laboratorios de investigación e unha gran biblioteca. As súas exposicións están dedicadas á antropoloxía, á arqueoloxía, á xeoloxía, á mineraloxía, á paleontoloxía e á bioloxía. Destacan as salas dedicadas aos pobos indíxenas norteamericanos e a Sala de evolución e Bioloxía Humana. Desde 1871 patrocinou máis de mil expedicións científicas en todo o mundo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de titularidade estatal fundado en 1941, e instalado desde 1965 na súa sede actual en Madrid. Os seus fondos están constituídos polas antigas coleccións de arqueoloxía e etnografía americana do Museo Arqueológico Nacional, así como polas doazóns, depósitos e adquisicións de novas obras. A súa temática abarca desde a prehistoria americana ata os primeiros anos do s XXI, aínda que pon especial énfase na arqueoloxía precolombina, a etnografía e a arte colonial. Ademais da exposición permanente, organiza actividades destinadas ao coñecemento e ao entretemento, relacionadas co continente americano, actividades educativas para escolares e cursos especializados para adultos. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo inaugurado en 2001 con sede en Bos Aires. Proxectado desde 1998 pola fundación Eduardo F. Constantini, concibiuse como unha institución privada sen ánimo de lucro, co obxectivo de coleccionar, preservar, estudar e difundir a arte latinoamericana desde comezos do s XX ata a actualidade. A Colección Constantini esta formada por máis de duascentas obras dos principais artistas latinoamericanos modernos e contemporáneos. Ademais da exposición permanente, organiza exposicións temporais, así como ciclos de cine, obradoiros, debates ou encontros con escritores e artistas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás fases da oroxenia alpina que tiveron lugar na fin do Xurásico Superior.