"Ons" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1222.

  • PERSOEIRO

    Conde de Tui e do Deza. Repoboador da zona inferior do Miño. Participou no achegamento entre a nobreza galega e os reis de Asturias e León.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira biblioteca de carácter público creada na cidade da Coruña. Foi fundada en agosto de 1806 por un cóengo compostelán, Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, ilustrado e importante economista da súa época, así como un dos fundadores da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela; realizou o discurso de apertura José Lucas Labrada. Este cóengo destinou para a creación da biblioteca unha importante cantidade de cartos, amais da súa biblioteca particular. Esta biblioteca ten un fondo xeral composto por volumes, revistas antigas e folletos, e posúe obras dos ss XVI a XIX, moitas delas de temática económica. Outros fondos chegaron grazas a doazóns, como a biblioteca de Xosé Cornide, ou a legados, como os libros e mobles da condesa de Mina, Juana de Vega, unha das principais organizadoras dos Xogos Florais de Galicia. Así mesmo, cómpre salientar a importante colección de gravados gardados no seu interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crego, ensaísta e profesor. Estudiou Filosofía, Psicoloxía e Teoloxía no Seminario de Santiago de Compostela e na Universidad Pontificia de Salamanca. Como ensaísta publicou A ascensión dun poeta. Xosé María Díaz Castro (Premio Ánxel Fole de ensaio) e foi o editor e coordinador dos libros colectivos Doce anos na busca da nosa identidade e Homenaxe a X. M. Díaz Castro. É colaborador en diversas revistas (Xermolos, Encrucillada, Irimia) e xornais (El Progreso, La Voz de Galicia). Participou activamente na normalización do galego na sociedade e na Igrexa e en obras de carácter colectivo sobre aspectos relacionados co desenvolvemento da cultura galega e sobre a comarca da Terra Chá. Fundou e coordinou a Asociación Cultural Xermolos e recibiu os premios IAR de Folklore (1993) e Moncho Valcarce de Promoción da Terra (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, xornalista e profesor de Literatura Contemporánea na Universidad Complutense de Madrid. É doutor en Filoloxía Románica e licenciado en Ciencias da Información, tamén pola Universidad Complutense. Foi profesor de Literatura Mundial Contemporánea no CEU e no Colegio Universitario San Pablo, amais de profesor de Redacción Xornalística na Universidad Complutense. Foi presidente da Federación Nacional de Asociaciones de la Prensa, director de Relaciones Externas do ministerio de Facenda e director das revistas Temas, Caja de Madrid, Iglesia en Madrid e do xornal El Ideal Gallego. Tamén exerceu como correspondente en París e Roma de Editorial Católica, e foi director das páxinas culturais do xornal Ya. Entre as súas obras destacan: Madrid al paso (1976), La Hacienda en la II República (1981) e Diálogo con las sombras, novela finalista do Premio Internacional Plaza y Janés. Obtivo os premios Doncel (1967), Café Gijón (1975) de novela...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo. Estudiou Filosofía e Historia en Kiev. A partir de 1917 exerceu como catedrático de Psicoloxía e Filosofía en Moscova. Desde o inicio da revolución socialista interveu na planificación e organización escolar soviética. Realizou unha síntese das ideas dos pedagogos da Escola Nova coas de Marx e creou un principio de educación socialista. Ideou a escola de produción, que une o método educativo baseado na natureza coas ciencias sociais e naturais, co traballo industrial e coas manifestacións literarias e artísticas, partindo do postulado de que a escola debe reflectir a organización social e económica. Sobre este tema escribiu Tarefas e métodos da escola nova primaria (1917) e A escola do traballo (1919) e, no campo psicopedagóxico, Memoria e pensamento (1938) e Análise psicolóxica da memoria (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal ruso coñecido como Galen. De orixe obreira, serviu no exército tsarista ata 1916. En 1917 uniuse aos bolxeviques, chegando a ser delegado do partido en Samarra. Ao mando de tropas do Exército Vermello combateu, durante a guerra civil, contra os exércitos contrarrevolucionarios de Kolčak e Wrangel. En 1921 foi nomeado ministro da Guerra da República de Siberia. Dende 1922 ata 1938 foi comandante das forzas soviéticas no Extremo Oriente e, entre 1924 e 1928, foi conselleiro militar de Sun Yat-sen e de Chiang Kai-shek. En 1935 foi ascendido a mariscal. En 1937 presidiu o consello de guerra contra Zujachevski e pouco despois, entre 1938 e 1939, desapareceu víctima dunha depuración ordenada por Stalin. Foi rehabilitado en 1956, trala chegada ao poder de Kruščov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e dourador de retablos. Estivo activo na comarca de Pontedeume. En 1626 traballou nos retablos da capela maior de Santiago de Barallobre (Fene) e de San Mamede de Laraxe (Cabanas); en 1628 no retablo principal de Santa María de Ombre (Pontedeume). En 1631 pintou e dourou, xunto con Alonso Pernas e Gabriel de Fojo, as andas do retablo da Santísima Trindade da confraría de mareantes de Pontedeume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ás boleiradas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista subtitulada “Boletín de uso interno da Asociación Cultural”. Apareceu en xaneiro de 1980 na localidade coruñesa de Negreira. O consello de redacción, ao longo da súa traxectoria, estivo composto por X. Francisco Escudero Caamaño, X. Amancio Liñares Giraut, Paulo Vaamonde García, Arturo López Regueiro, Manuel Martínez Álvarez e Alberto García Pintos, entre outros. Os contidos desta revista amosaban un compromiso decidido coa normalización da cultura e da lingua galegas, cuestión que se percibe segundo os títulos do sumario: “Refráns galegos”, “Novas de Afonso Eans”, “Libros”, “Os nosos artistas”, etc. O número 1 contén artigos dedicados a Celso Emilio Ferreiro e a Eduardo Blanco Amor, e cada ano saía un boletín especial co gallo do Día das Letras Galegas. Desta revista saíron dous números que destacan especialmente: o número 19, un boletín especial con motivo do Centenario de Rosalía de Castro, e o número 20 que conmemora o X Aniversario da Sociedade Afonso Eans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín aparecido en maio de 1983 na Coruña, baixo a dirección técnica de Manuel Hernández Sánchez. Os catro colexios médicos galegos comezaron a editar esta publicación co fin de agrupar o colectivo de aproximadamente seis mil profesionais que exercen en toda Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constante fundamental da Física, de grande importancia en mecánica estatística. É o resultado do cociente entre a constante dos gases R e o número de Avogadro N<J>A</J>:k = R/N<J>A</J>, e o seu valor é k = 1,380662·10-23 J·K-1.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominicano. Exerceu tarefas de evanxelización en Exipto, onde sufriu persecucións e cadea. Foi bispo de Marrocos. Escribiu Vida de San Macario e Contra los malos médicos, e traduciu do árabe a Vida de Santo Antonio Abad, Historia de José e Disputa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Dentro da corrente barroca conceptista, escribiu Peregrinos pensamientos de misterios divinos (1614) e Nuevo jardín de flores divinas (1617).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor de orixe flamenga. Veciño da parroquia da Corticela, traballou en Santiago de Compostela a principios do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte do cultivo, en bandexas ou pequenos tarros, de plantas que presentan unha aparencia de árbores ananas e que pertencen a especies que xeralmente teñen porte de árbore ou arbusto. A orixe desta técnica está documentada nos comezos do século XIV, aínda que posiblemente o cultivo se iniciou mil anos antes na China, de onde pasou ao Xapón. Os primeiros bonsais realizáronse con árbores recollidas do medio natural que presentaban un porte fortemente desmedrado debido ás condicións altamente adversas ás que se viron sometidas ao longo da súa vida (pouco solo ou condicións climáticas extremas). Aínda que hoxe en día estas árbores naturais son moi valoradas, a forte demanda deste tipo de cultivo nos países occidentais promoveu a obtención de bonsais mediante podas especiais e aramado de árbores normais. A partir dos bonsais pódense realizar composicións naturais artísticas como os saikeis ou os bonkeis, que ás veces inclúen árbores artificiais, falsas rochas ou incluso pinturas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Baixo a influencia de Madame de Staël publicou Voyage sur la scène des six derniers livres de l’Enéide (Viaxe sobre a escena dos seis últimos libros da Eneida, 1804).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de San Jaime. Pretendente carlista á coroa de España co nome de Afonso Carlos I, irmán de Carlos VII. En 1871 casou con María das Neves de Braganza, infanta de Portugal. Durante a Terceira Guerra Carlista foi designado capitán xeneral das forzas de Catalunya (1872-1876). En 1931, ao morrer sen fillos o seu sobriño Xaime, converteuse en pretendente. Rompeu as negociacións que iniciara co destronado Afonso XIII e mostrouse de acordo coa entrada dos carlistas no levantamento de 1936. Morreu sen fillos, deixando irresoluta a súa sucesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sanxenxo baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático, físico e médico. Condiscípulo de Torricelli, profesor de Matemáticas en Messina e en Pisa, creou, en Medicina, a escola iatromecánica. Na súa obra fundamental De motu animalium (Sobre o movemento dos animais, 1680-1681), intentou por primeira vez aplicar métodos matemáticos ao estudo dos problemas da mecánica do movemento dos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calisto III.

    VER O DETALLE DO TERMO