"Oria" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 423.
-
-
-
Facultade de lembrar. Adóitase distinguir a memoria como capacidade, disposición ou función, do recordo, acto ou proceso de recordar. Esta distinción arraiga na filosofía grega e na súa diferenciación entre ή (facultade de lembrar os datos sensibles e retención das impresións e as percepcións) e ἀά (acto espiritual mediante o que a alma ve no sensible o intelixible, en virtude da forza dos arquetipos ou ideas que contemplou antes da súa existencia no corpo). A coñecida distinción grega é tamén discernible na escolástica, en R. Descartes e en H. Bergson. Psicoloxicamente, no que se refire ao problema do substrato da memoria, adoita aceptarse a teoría molecular que enuncia que a aprendizaxe se basea nas alteracións da estrutura química das moléculas que integran as neuronas.
-
memoria comprensiva
Categoría de memoria que se caracteriza pola retención das aprendizaxes significativas, é dicir, aprendizaxes que formaron parte da estrutura cognoscitiva dun individuo. A memoria comprensiva contraponse á memoria repetitiva ou mecánica. Para que se produza unha memorización comprensiva dos coñecementos debe crearse unha relación entre os coñecementos previos do alumno e os novos coñecementos que se queren aprender.
-
memoria fotográfica
Facultade que permite traer con facilidade á mente fragmentos dun texto, epígrafes ou a súa posición nunha páxina.
-
-
Presenza na mente dunha persoa, un feito ou dunha cousa do pasado.
-
Escrito para informar ou expoñer algo de importancia.
-
-
Dispositivo ou circuíto que permite a entrada dunha determinada información codificada en sistema binario e que é capaz de rexistrala e de almacenala temporal ou indefinidamente. Os parámetros máis interesantes dun dispositivo de memoria son: a capacidade ou cantidade de bits (ou octetos) que contén, a velocidade de acceso ou tempo que se tarda en obter a información, o ancho de banda ou cantidade de información subministrada por segundo, a densidade en bits por unidade de volumen, a potencia eléctrica requirida, o custo por bit e a organización interna dos bits ou información. As memorias que perden a súa información cando se corta a alimentación eléctrica chámanse volátiles e, en caso contrario son non volátiles. Hai unha gran variedade de dispositivos de memoria como disquetes, discos duros, cintas magnéticas, discos ópticos só de lectura (CD-ROM) ou de lectura e escritura (CD-RW) e outros, normalmente empregados en dispositivos de memoria periférica, tamén chamada secundaria, dos ordenadores...
-
memoria asociativa
Memoria en que a referencia aos datos non se fai por dirección, senón directamente por unha clave, que é comparada simultaneamente con todas as claves dos datos presentados na memoria.
-
memoria auxiliar
Memoria de capacidade moito máis grande pero de acceso máis lento ca o da memoria principal.
-
...
-
-
-
-
Escrito en que se expoñen os motivos para unha petición ou unha proposta, ou se defende algunha cousa.
-
-
Libro ou escritura que contén noticias ou instrucións dignas de lembrar.
-
Obra manuscrita ou impresa que contén a narración dos feitos importantes dos que o redactor foi protagonista ou testemuña.
-
-
Compilación de documentos de relevancia histórica e política, que pretenden ilustrar e lembrar acontecementos importantes.
-
-
Apuntamento onde están contidos todos os feitos dun preito ou dunha causa.
-
Escrito en que se demanda unha graza alegando os méritos ou os motivos en que se fundamenta a solicitude.
-
memorial axustado
Apuntamento onde están contidos todos os feitos dun preito ou dunha causa.
-
-
Monumento que se fai en conmemoración ou recordo de algo ou de alguén.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra que escribiu, entre outros, o marqués de Mos no s XVIII onde se opoñía ao desposuimento foral e pedía a perpetuidade do foro. Coincidía coa Xunta do Reino de Galicia na petición do cesamento dos desposuimentos e a obriga de renovar os foros nos descendentes, que ningún propietario directo puidese aplicar no seu favor as terras vacantes agás en caso de necesidade do dono, e que non se permitise o aumento das rendas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que se editou en Ferrol a partir de xaneiro de 1934. De periodicidade trimestral e dirixida por Ricardo Torres Queiruga, foi unha publicación de carácter técnico en que colaboraron oficiais e persoal auxiliar da Armada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que ten por oficio a escritura de memoriais ou doutros documentos para outras persoas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela de Xosé Neira Vilas que se publicou en Bos Aires (1961) e que constitúe unha das obras máis editadas de toda a narrativa galega. A esta narración cómpre engadir Cartas a Lelo (1971) e Aqueles anos do Moncho (1977), coa mesma temática, que completan o que se deu en chamar O ciclo do neno. A obra, dun marcado carácter realista, preséntase como unha autobiografía dun neno labrego, Balbino, que pertence a unha familia con escasos recursos económicos. Quere ser a crónica da vida cotiá de moitos rapaces galegos de aldea, nados nas mesmas circunstancias, así como un achegamento ao mundo da infancia. Precisamente, un dos aspectos máis destacados da obra é a construción dese universo infantil partindo dunha visión moi achegada á dos nenos. A súa temática, centrada no sentido da xustiza, o anticlericalismo e a loita entre dous mundos, o da cidade asociado á riqueza e ao poder, e o do campo, relacionado coa miseria e a submisión, completan esta visión fiticio-biográfica...
-
-
Calquera cousa que se pode comprar ou vender.
-
Conta de activo que recolle os resultados da actividade lucrativa da empresa. Xeralmente os movementos da conta de mercadorías desdóbranse nos movementos das compras, vendas e almacén.
-
Produto do traballo humano, útil para satisfacer as necesidades humanas e destinado ao intercambio no mercado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao sistema de proxección de Mercator.
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Victoria Abril, principiou a súa carreira profesional en televisión no programa Un, dos, tres (1976). Destacou polos seus papeis eróticos, como en Cambio de sexo (1976), e desenvolveu gran parte da súa carreira en España, Italia e Francia. Protagonizou, entre outras, La muchada de las bragas de oro (1979), L’Addition (1983), Max mon amour (1985), El Lute: camina o revienta (1987, Concha de Plata no Festival Internacional de Cine Donostia-San Sebastián), Átame! (1989), Amantes (1991, Silberner Bär na Berlinale), Kika (1993), Libertarias (1995), Nadie hablará de nosotras cuando hayamos muerto (1995, Concha de Plata en Donostia 1995 e Goya á mellor actriz 1996), Entre las piernas (1998), Sin noticias de Dios (2000) e El séptimo día (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de Álvaro Cunqueiro publicada en 1955. Na primeira parte do libro, coñécense por medio do narrador, Felipe de Amancia, as persoas e as historias que ían parar á casa luguesa de Miranda, propiedade do amo e mestre Merlín, un mago que satisfai plenamente as demandas das diversas visitas. Ensaríllanse, a partir da evocación dun Felipe vello e anugallado, un grupo de historias que agrandan e multipican o universo espacial e temporal da novela e amplían o número e tipoloxía dos narradores e protagonistas: clérigos franceses, unha serea, un reloxeiro suízo ou unha princesa de prata déixanse caer por Miranda para beneficiárense das artes máxicas de Merlín. Todos veñen dos lugares máis recónditos buscando no corazón de Galicia unhas habilidades que resultan non só exquisitas, senón verdadeiramente eficaces. Na segunda parte da novela, cando xa Felipe de Amancia non traballaba na casa de Merlín, danse a coñecer outras historias como as ditas por uns abades e escoitadas na Pousada de Tremar...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pupila de tamaño anormalmente pequeno.
-
-
-
Parte menos numerosa dun conxunto de persoas ou cousas.
-
Parte máis pequena dos votos emitidos nunha votación.
-
-
-
Conxunto de votantes que quedan en inferioridade numérica e de forza nunha asemblea, parlamento ou outro tipo de reunión.
-
minoría nacional
Sector da poboación dun estado, nación ou outro tipo de réxime, que difire do sector numericamente maioritario ou do sector efectivamente dominante unido pola lingua, cultura, relixión ou ideoloxía. A nivel nacional, algúns estados recoñecen constitucionalmente os dereitos das minorías; a nivel internacional, tanto o dereito do mesmo nome como a Organización de Nacións Unidas (ONU) procuraron a protección destas minorías.
-
minoría parlamentaria
Conxunto de grupos de deputados constituídos como oposición e unidos por certas afinidades.
-
-
menoridade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método pedagóxico, denominado tamén Lancasterian system, que consistía en que os mellores estudantes ou de máis idade ensinasen aos máis novos ou frouxos. Arredor de 1840 estableceuse que os alumnos que quixesen, a partir dos 13 anos, podían facer de monitores, pero os profesores tiñan a obriga de ensinarlles pedagoxía e en cinco anos podían adquirir a formación de mestres. Este método desenvolveuse sobre todo en Francia e Inglaterra no s XIX. Foi levado a EE UU polo propio Joseph Lancaster. En América do Sur tamén se introduciron estas ideas. Fronte ao modelo de ensino mutuo, eficaz desde o punto de vista da alfabetización pero mecanicista, a orientación pestalozziana, atenta a factores psicolóxicos na aprendizaxe e con dinámicas máis ricas didacticamente, tivo maior influencia en centro Europa e chegou a influír en Kant, Herbart e Fröbel, que se converteron nas fontes de renovación do pensamento pedagóxico ao longo da segunda metade do s XIX
-
-
-
Prórroga do prazo que se concede legalmente a alguén para o pagamento dunha débeda ou tributo.
-
Tempo que lle concede o acredor ao pagador para pagar a débeda.
-
xuros moratorios
Xuros creados desde que se constitúe en mora o debedor
-
-
Suspensión ou dilación dun asunto.
-
-
PERSOEIRO
Escritora. Licenciada en Filoloxía Románica pola Universidad de Madrid, especializouse en obras didácticas e literarias, sobre todo no ámbito da literatura infantil e xuvenil. No apartado pedagóxico destaca a escolma poética Os novísimos da poesía galega (1973), o libro de texto Literatura galega século XX (1981), en colaboración con X. Rábade Paredes; e os cadernos didácticos As linguas de España (1991) e Verso e prosa (1991). No eido da tradución, ademais das versións que outros autores realizaron das súas obras, publicou El perro Rin y el lobo Crispín (1986), de Carlos Casares; Mecanoscrito da segunda orixe (1989), de Manuel de Pedrolo; Os ollos do dragón (1989), de Mª Angels Gordella; e As mazás da prosperidade (1991), de Hans C. Andersen. No apartado creativo, ademais de participar no volume colectivo Lerias (1991), destacan Alcores de Donalvar (1969), Mar adiante (Historia de nenos pra nenos) (1973), Contos pra nenos (1979), Leonardo e os fontaneiros (1986, Premio Barco de Vapor),...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno mental que se caracteriza por unha mestura de euforia e xovialidade con tendencia á broma, que se atopa en lesións, especialmente tumorais, do lóbulo frontal.
-
-
Que se orixina por diversos factores.
-
Transmisión hereditaria dunha característica ou unha doenza determinada pola combinación de factores xenéticos e ambientais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría, da física dos reactores nucleares, que afirma que o intervalo de enerxía en que evolucionan os neutróns se descompón nun determinado número de bandas de características definidas, o que simplifica o estudo do fluxo neutrónico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo estadounidense, considerado o museo de historia natural máis grande do mundo, que se atopa na cidade de Nova York. Conta con corenta salas de exposicións, laboratorios de investigación e unha gran biblioteca. As súas exposicións están dedicadas á antropoloxía, á arqueoloxía, á xeoloxía, á mineraloxía, á paleontoloxía e á bioloxía. Destacan as salas dedicadas aos pobos indíxenas norteamericanos e a Sala de evolución e Bioloxía Humana. Desde 1871 patrocinou máis de mil expedicións científicas en todo o mundo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo continuador do Gabinete de Historia Natural, creado por Antonio Casares na Universidade de Santiago de Compostela durante o curso 1840-1841, e que conserva moitas das coleccións do s XIX. Parte dos fondos históricos conservados están constituídos polos exemplares mercados en París en 1845 polo reitor Xosé Viñas. Mais a maioría proceden da doazón de particulares. A través das súas coleccións faise un percorrido polo labor de científicos galegos dos ss XIX e XX, así como polas investigacións realizadas nos departamentos da Universidade de Santiago de Compostela. Pertence ao Consello Galego de Museos.