"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

    1. Acción e efecto de complicar ou complicarse.

    2. Calidade do que é complicado.

      1. Circunstancia que complica unha situación.

      2. Aparición, durante o curso normal dunha enfermidade, dunha afección ou unha síndrome que a agrava.

    3. Situación que presenta dificultades.

    4. Momento da obra dramática, en especial na tradición clásica, no que o conflito se intrica con novas peripecias, de xeito que o heroe ve desaparecer, sucesivamente, posibilidades de solucionalo e a tensión dramática é cada vez maior. No curso da representación, cada episodio incrementa a súa complicación ata o remate, que pode adoptar a forma dun conflito aberto ou ben resolverse na catástrofe ou momento no que o heroe paga o seu erro tráxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de complicar ou complicarse.

    2. Que é difícil de comprender ou de solucionar.

    3. Que está formado por varios elementos que entorpecen a súa comprensión.

    4. Aplícase á persoa cunha forma de ser difícil de comprender.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen complica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo sexa difícil.

    2. Poñer a alguén nunha situación comprometida.

    3. Facerse difícil ou escura algunha cousa.

    4. Implicarse alguén nunha situación apurada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que amosa complicidade.

      1. Persoa que auxilia o delito que van perpetrar outros, aos que axuda con actos de preparación ou simultáneos, pero sen tomar parte directa nin necesaria na execución do mesmo.

      2. Quen participa nalgunha cousa sen actuar directamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma secundaria de participación nun delito á que corresponde un grao medio de responsabilidade entre a do autor e a do encubridor. A complicidade pode ser moral, como a instrución ao delincuente para a realización do feito; material, mediante a execución de actos anteriores ou simultáneos que favorezan a consumación do delito; e negativa, como a actitude pasiva daquel que consente o delito ao non facer nada para evitalo.

    2. Colaboración entre dúas ou máis persoas de forma non expresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Confabulación contra unha ou varias persoas ou contra unha institución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Alcalá de Henares.

    2. Relativo ou pertencente á Universidad Complutense.

    3. Natural ou habitante de Alcalá de Henares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade da Península Ibérica próxima a Alcalá de Henares, coa que se pode identificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abertura no centro do atrio das casas romanas que permitía saír o fume e deixaba entrar a claridade. Tamén recollía, procedentes das catro vertentes da casa, as augas pluviais, que ían ao impluvium ou pión central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica que consiste en repetir a derradeira palabra dunha cláusula ao comezo da seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á folla, ao pétalo e ao cotiledón pregados no sentido da lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do Imperio Bizantino construída por Constantino I sobre a antiga Bizancio e consagrada o 11 de maio do 330. Organizouse segundo a administración e as leis de Roma e axiña se converteu na capital política do Imperio de Oriente, trala división do Imperio Romano (395), e no centro relixioso e intelectual do mundo romano oriental. Viviu o momento de máximo esplendor baixo o Emperador Xustiniano (527-565), quen fixo da cidade o centro do comercio entre Europa e Asia. O pazo imperial, o hipódromo, o Senado, a igrexa patriarcal de Santa Sofía e o foro de Constantino constituían o centro da vida urbana. Os contactos entre o pobo e o emperador producíanse unicamente durante as manifestacións que, con motivos lúdicos, se realizaban no hipódromo. Había catro faccións distintas: branca, vermella, verde e azul, pero só as dúas últimas tiveron importancia. Os verdes (prasinoi), representantes tradicionais do monofisismo e orixinarios dos barrios pobres, recibiron o favor do Emperador Anastasio,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Denominación que recibiron os oito concilios celebrados pola Igrexa cristiá en Constantinopla entre os anos 381 e 1341. A Igrexa só considera como ecuménicos catro, os tres primeiros e o sexto, denominado IV Concilio.
    Concilio I (381)
    Segundo concilio ecuménico da Igrexa católica, convocado polo Emperador Teodosio I, ao que asistiron 150 bispos orientais, que condenaron o arianismo e o macedonianismo, definiron o Espírito Santo como parte integrante da Santísima Trindade e reafirmaron as resolucións adoptadas no Concilio de Nicea (325).
    Concilio II (553)
    Quinto concilio ecuménico convocado polo Emperador Xustiniano coa intención de atraer á fe ortodoxa os monofisitas. Condenou os Tres Capítulos, escritos de Teodoro de Mopsuestia, Teodoreto de Ciro e Ibas de Edesa, acusados de nestorianismo, un movemento enfrontado aos monofisitas.
    Concilio III (680)
    Sexto concilio ecuménico convocado polo Emperador Constantino...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imperio fundado trala conquista de Constantinopla polas forzas da Cuarta Cruzada (1204) e gobernado por príncipes francos ata que foi conquistado por Miguel VIII Paleólogo no 1261. O conde de Flandres e de Hainaut foi elixido o seu emperador, co nome de Balduíno I, e recibiu un territorio que se estendía por ambas as beiras do mar do Mármara e dos estreitos que incluía a parte NO de Anatolia, o territorio de Tracia e as illas de Samos, Quíos e Lesbos. O seu imperio, que incluía ademais unha parte da cidade de Constantinopla, organizouse segundo o sistema feudal e tiña como estados vasalos o reino de Tesalónica, o ducado de Atenas e o principado de Morea. A República de Venecia, que acadou unha posición dominante no Mediterráneo oriental, fíxose co control económico e non prestou vasalaxe a ningún dos emperadores francos de Oriente. O Imperio, sen embargo, non puido consolidar o seu territorio, pois dispuña de escasos recursos económicos propios e contaba coa oposición da poboación autóctona....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dignidade e xurisdición do xefe espiritual da Igrexa ortodoxa, con sé en Constantinopla. O Concilio I de Constantinopla (381) recoñeceulle o primeiro lugar despois da sé romana. O Concilio de Calcedonia (451) atribuíulle a xurisdición sobre Tracia, Asia e O Ponto. As disensións con Roma, que culminaron coa mutua separación, en tempos do Patriarca Miguel Cerulario (1054), confirmaron a Constantinopla como cabeza de todo o mundo ortodoxo fronte á sociedade latina de Occidente. Aínda que conservou a primacía de honra de toda a Igrexa ortodoxa, o patriarca de Constantinopla, que reside en Fanar, barrio de Istambul, ten xurisdición sobre os ortodoxos de Turquía, algunhas illas gregas, o monte Athos, as dioceses do N de Grecia e moitas comunidades ortodoxas de Europa, América e Australia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa bizantina situada na antiga Constantinopla. A construción primitiva incendiouse durante a revolta suscitada polo exilio de Xoán Crisóstomo. Reconstruída por Teodosio II (415), foi novamente devastada no 532. Nese mesmo ano, Xustiniano comezou a edificar o novo templo dedicado á divina sabedoría. Construído por Antemio de Tralles e Isidoro de Mileto, consagrouse no 537. No 577, a cúpula tivo que refacerse e, tralos terremotos dos ss IX e X, renovouse a igrexa. No 1204 saqueárona os latinos e trala conquista de Istambul polos turcos (1453), converteuse en mesquita. En 1934 transformouse en museo de arte bizantina. Trátase dunha construción de plano central en forma de rectángulo, precedido dun nártex interior e doutro exterior. O interior divídese en catro grandes piares enlazados entre si e co resto do edificio por un conxunto de arcadas e bóvedas. O corpo central cóbrese cunha cúpula de grandes dimensións (65 m de altura e 31 m de diámetro) levantada sobre catro pendentes. O máis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode contemplar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de contemplar.

    2. Atención con respecto a unha persoa ou a unha cousa por mor da súa importancia. OBS: Normalmente, emprégase en plural.

    3. Estado espiritual que comporta unha experiencia peculiar de sensacións, que ordinariamente quedan fóra do alcance da consciencia, e unha unión inmediata con elas que fai que sigan parecendo como eminentemente reais. As condicións que posibilitan a contemplación son a reflexión, a meditación e un certo esforzo ascético. É unha práctica presente nas grandes relixións dende épocas antigas: no brahmanismo, a ascética física e mental (ioga) e a contemplación mística (bhakti) son dous camiños para acadar a liberación (moksa); no budismo, a contemplación serve para acadar o nirvana; e no taoísmo, o obxecto da contemplación é configurar imaxinativamente as realidades divinas que habitan o propio corpo, que se prepara así para acadar a supervivencia. Na Biblia, a contemplación cara a cara con Deus é o anhelo máis radical do crente, que non pode cumprirse sen que este morra. O achegamento do home a Deus prodúcese, polo tanto, en virtude da iniciativa divina, mediante...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen contempla.

    VER O DETALLE DO TERMO