"RAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1337.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de establecer un campamento militar.
-
PERSOEIRO
Tradutor e xornalista. Formado en Glasgow e Londres, foi locutor da BBC, nas seccións española e galego-portuguesa, e profesor de inglés de ensino medio. Foi correspondente en Londres dos xornais Jornal de Noticias, El Pueblo Gallego e Informaciones e colaborador de Céltiga, La Noche, Faro de Vigo, A Nosa Terra e Ser. En 1931 participou na asemblea de constitución do Partido Galeguista e foi membro do Consello Permanente. Participou activamente na campaña a prol do Estatuto de Autonomía; ademais promoveu, xunto con Álvaro de Las Casas, a fundación da Asociación de Escritores Galegos (1936). Da súa produción destaca La saudade y el arte en los pueblos célticos (1928), a tradución dos folk-dramas, en colaboración cos irmáns Villar Ponte, Catuxa de Houlihan e O país da saudade (1935), de William Butler Yeats, o estudo “Un tema de Galicia: la saudade y la poesía” (1950) e o libro de traducións...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote. Colaborou na prensa, especialmente con artigos de contido social, e publicou as obras La emigración en Galicia (1923) e Reseña histórico-descriptiva de la parroquia de Villar de Ortelle y su comarca y de los monumentos proto-históricos del partido de Monforte de Lemos (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante. Especialista en traballos de orlas e pergameos, colaborou con diversas publicacións como La Nación, Caras y Caretas, Fray Mocho, Papel y Tinta, Vida Moderna e La Mujer.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo Sargadelos.
-
GALICIA
Médico. Especialista en tisioloxía, colaborou en numerosas publicacións científicas. Escribiu Sinfonía ácido-resistente (1933), Cuatro pies de tribuna (1934) e Diagnóstico de actividad de la tuberculosis pulmonar (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario, pianista e político. Licenciado en Dereito (1954), realizou estudios musicais en Santiago de Compostela con Ángel Brage e no Real Conservatorio de Música y Declamación de Madrid con Cubiles e Aroca e obtivo en 1951 o primeiro premio do Conservatorio Nacional. Continuou a súa formación pianística en París con Ives Nat e, na École Normale de Musique, con Alfred Cortot; posteriormente, foi discípulo de Carlo Zecchi en Roma e de Guido Agosti en Siena, e desenvolveu a súa actividade como concertista en España, Italia, Portugal, Marrocos, Francia, Austria, Arxentina e Noruega, entre outros países. Docente no Conservatorio de Santiago de Compostela, actuou como solista coas principais orquestras españolas e europeas. En 1969 foi designado presidente da empresa Castromil trala morte do seu avó, Evaristo Castromil. Baixo a súa dirección a empresa experimentou unha grande expansión e un proceso de modernización. Preocupado pola galeguización do mundo empresarial, desenvolveu...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de peso equivalente á centésima parte do gramo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo Sargadelos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía institucional creada en 1984 pola dirección xeral de Cultura da Xunta de Galicia, departamento dirixido por Luís Álvarez Pousa. O seu primeiro director foi Eduardo Alonso, ao que seguiron Ernesto Chao, Eduardo Puceiro, Dorotea Barcena (en funcións), Damián Villalaín, Xosé Manuel Blanco Gil e Manuel Guede Oliva. En 1989 a compañía integrouse na estrutura do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, organismo autónomo dependente da consellería de Cultura. Entre outros espectáculos, realizaron: Woyzeck (1984), con dirección de Xulio Lago; Agasallo de sombras (1984), de Roberto Vidal Bolaño; Os vellos non deben de namorarse (1985), de Eduardo Alonso; Follas Novas (1985), de Dorotea Bárcena; Caderno de Bitácora (1985), de Antonio Simón; O enfermo imaxinario (1986), de Eduardo Alonso; A noite vai coma un río (1986), de Xulio Lago; A pousadeira (1986), de Xoán Cejudo; As tres irmás (1987), de X. M. Rabón; Almas perdidas (1987), de Santiago Montenegro; O mozo que chegou de lonxe...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro de investigación inaugurado o 25 de marzo de 1994 como Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Nel desenvólvense proxectos de investigación en humanidades, con especial atención á lingua e á literatura. Este centro, que conta con infraestrutura informática, cunha biblioteca especializada e cun importante número de investigadores (a súa maioría bolseiros), está dirixido e coordinado por científicos especializados: un coordinador científico (Constantino García González), un director técnico da área de lingua (Guillermo Rojo) e un director técnico de literatura (Anxo Tarrío). Mantén, ademais, contacto con outros investigadores de centros galegos e de fóra de Galicia. Entre os proxectos que se promoveron no Centro, cómpre destacar os seguintes: na área de lingüística, o Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA), base de datos gramaticais e léxicos; o etiquetador e lematizador...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Seram.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Kurt Wilhelm Marek.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mar de Seram.
-
-
Relativo ou pertencente aos cerambícidos.
-
Insecto da familia dos cerambícidos.
-
Familia de coleópteros forestais que comprende escarabellos de dimensións medianas ou grandes, co corpo alongado e estreito, e de coloración variable. Presentan un par de antenas moi longas e unhas mandíbulas fortes coas que roen a madeira. Son xilófagos e, en xeral, de costumes diurnos. A familia comprende unhas 20.000 especies representadas en todo o mundo. Pertencen a esta familia os xéneros: Aromia, Cerambyx, Clytus, Hylotrupes, Lamia, Monochamus, Prionus e Saperda. Tamén reciben o nome de lonxicornios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de coleópteros da familia dos cerambícidos á que pertence a especie europea C. cerdo, que acada unha lonxitude corporal de 50 mm.
-
-
Relativo ou pertencente ás ceramiais.
-
Alga da orde das ceramiais.
-
Orde de algas vermellas, de aparato vexetativo nalgúns casos complexo, caracterizado por presentar os filamentos esporóxenos reducidos a unha única célula. A frutificación está rodeada e protexida por unha cuberta procedente do gametófito. Constitúe un grupo moi homoxéneo, que comprende dende xéneros filamentosos, como Ceramium ou Polysiphonia, ata xéneros con talos semellantes a plantas superiores, como o Delesseria.
-
-
-
-
Arte de fabricar obxectos, recipientes, elementos de construción, etc, con materiais terrosos cocidos. En contraposición coa olería, que fabrica obxectos que na súa maior parte teñen ou tiveron un uso cotián, a cerámica engloba a fabricación de diferentes obxectos que teñen aplicación no campo da artesanía, deseño, arte e industria.
Materiais e proceso de elaboración
Empréganse basicamente arxila ou caolín como materiais fundamentais, grazas ás súas calidades plásticas e refractarias. Tamén se utilizan aditivos con finalidade desengraxante como area, cuarzo e feldespatos, que suavizan as contraccións durante a cocción; materiais fundentes que rebaixan o carácter refractario como feldespatos e álcali; e outros que a aumentan, como corindón, bauxita e metálicos. Emprégase como materia base unha mestura de materiais terrosos desprovistos de calidades plásticas, pero transformables por cocción. Nunha primeira fase do proceso de fabricación amásanse os materiais... -
cerámica de bandas SAN/
Cerámica neolítica feita a man. Ten formas sinxelas, decoradas con liñas incisas de meandros e de espirais, que forman bandas. Deu nome á cultura de agricultores que se estendeu desde o S do lago Balaton e Hungría occidental, ao estuario do Oder e do Rin ata o Vístula. Comezou antes do ano 4000 a C e durou máis dun milenio. Suponse que se orixinou por unha serie de ondas de colonizadores chegados do Próximo Oriente e que seguiron en boa parte a ruta do Danubio. Tamén se denomina cerámica danubiana.
-
cerámica de cordas SAN/
Tipo de cerámica prehistórica caracterizada por impresións de cordas ao redor do colo e da barriga dos vasos ou ben por incisións fondas imitando cordóns. É típica do Neolítico e do Eneolítico do N de Alemaña, en Xutlandia. Propagouse por gran parte de Europa central e oriental, e por Escandinavia. Influíu notablemente na evolución do vaso campaniforme.
-
cerámica de corda seca SAN
Técnica de decoración cerámica na que as cores, puras, planas e xustapostas se separan por liñas realizadas cunha mestura de manganeso e materia graxa. O recheo da impresión facíase con cores esmaltadas ou fundentes. Ideada polos árabes, empregouse en España ata o s XVI. Entre os centros produtores destacan Granada, Sevilla e Toledo.
-
cerámica de figuras negras SAN/
Decoración da cerámica grega caracterizada pola representación de escenas con figuras pintadas en negro sobre fondo vermello. Empregouse dende os inicios do s VII a C e acadou grande esplendor en Atenas no s VI a C. Substituíuse, aproximadamente, no 530 a C pola cerámica de figuras vermellas.
-
cerámica de figuras vermellas SAN/
Decoración da cerámica grega caracterizada pola representación de escenas con figuras pintadas en vermello sobre fondo negro. Comezou a empregarse en Atenas no 530 a C e sucedeu a cerámica de figuras negras. Acadou o seu apoxeo no s V a C e desapareceu no s III a C.
-
-
Cada un dos obxectos elaborados mediante esta arte.
-
Conxunto de obxectos feitos de arxila, porcelana ou louza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cerámica.
-
-
Persoa que elabora ou vende obxectos de cerámica.
-
Persoa especializada en cerámica.
-