"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación cultural creada en decembro de 1996 en Santiago de Compostela. O seu principal obxectivo é fomentar e estender en Galicia a afección pola arte lírica (ópera, zarzuela, canción, lied, etc) e outras manifestacións musicais. A primeira e actual xunta directiva está presidida por José Víctor Carou Fernández. O concerto inaugural da asociación tivo lugar o 24 de setembro de 1997 no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Dende 1998 edita a revista trimestral Cavatina, primeira revista feita en Galicia e en galego totalmente dedicada á ópera e á lírica, con especial atención á actualidade musical galega. Entre as actividades organizadas, destaca o Ciclo de Novos Intérpretes Galegos, así como o ciclo de conferencias e concertos “Unha pequena historia da ópera”, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. Nas súas temporadas de concertos interviñeron, entre outros intérpretes, Teresa Berganza, Cecilia Lavilla, Enrique Viana, Ángeles Blancas, xunto aos galegos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo alemán do Hallstatt final caracterizado por ricas sepulturas tumulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de moluscos da clase dos bivalvos que teñen a cuncha alongada en forma de tubo. O extremo superior do mesmo está tapado por unha lámina perforada. Viven soterrados perpendicularmente no fondo da area. Son propios dos mares cálidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mofos da subdivisión ascomicotina, de coloración diversa, con conidióforos de extremo globuloso, cuberto de fiálides que producen rosarios de conidiósporas. Abundan sobre materias orgánicas en descomposición e son produtores de aflatoxinas. Hainos que son parasitos de animais como o A. fumigatus, causante da asperxilose. Outras especies úsanse na elaboración de bebidas alcólicas a base de arroz como o sake, na produción de salsa de soia e na industria queixeira. Pola facilidade do seu cultivo puro e do seu ciclo de vida curto empregáronse como material en investigación xenética.
-
CAPITAIS
Capital da comarca da Maragatería, na beira do río Jerga. Núcleo xacobeo de primeira orde, é a encrucillada da Ruta da Prata e do Camiño Francés a Santiago. Constitúe un municipio adscrito á provincia de León, na comunidade autónoma de Castela e León (12.564 h [1996]). É un importante centro agrícola (cereal, viño), gandeiro (ovino) e industrial. Entre os seus produtos máis típicos destacan os mantecados e os follados. Continúa a ser un paso fundamental das comunicacións terrestres dende a Meseta a Galicia, tanto por estrada (A-6 e N-120) como por ferrocarril. Chamada polos romanos Asturica Augusta, foi a capital do convento asturense da provincia da Gallaecia. Alí cruzábanse a Vía Traxana coa Vía da Prata, dúas das máis importantes infraestruturas de comunicacións da Hispania romana. A cidade conserva as murallas romanas, así como as ruínas dalgunha vila descuberta casualmente ao acometer obras no s XX. É sé episcopal dende o s III. A finais do s IV foi unha das vilas máis afectadas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe leonesa que se estendeu por Valderas, Mansilla e Carbajal de Fuentes, no Reino de León, e tamén por Castela, Galicia, Andalucía, Asturias, México e Chile. As súas armas levan na metade dereita, en ouro, unha faixa atravesada no alto e debaixo dela un lobo negro andante; na metade esquerda, en vermello, unha cruz de ouro grande. A rama galega presenta escudo partido: a primeira partición, en campo de ouro, unha faixa de azul, acompañada de dous lobos de sable, un arriba e outro abaixo; e, a segunda, en campo de goles, unha cruz de ouro, que toca coas súas beiras os bordos do escudo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
División territorial administrativa da Igrexa católica. A primeira documentación data do s III cando aparece nomeado o seu bispo Basílides. A súa xurisdición abranguía todo o convento asturicense da Gallaecia, a actual diócese de Ourense, que no s VI aparece xa como independente, e parte da de Lugo. As comarcas de Trives, Caldelas, Robleda e Valdeorras permaneceron baixo a xurisdición astorgana ata a época contemporánea. Na provincia de Lugo a comarca de Quiroga ficou na diócese de Astorga ata 1955, data na que se adaptou a administración eclesiástica á civil. Pertenceu á arquidiócese de Braga pero durante o Cisma de Occidente dependeu de Santiago de Compostela. Permaneceu na arquidiócese compostelá ata 1851, ano no que pasou a depender de Valladolid. En 1999 a diócese de Astorga comprendía cinco arciprestados asentados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Valdeorras, Fontei, Trives-Manzaneda, A Veiga do Bolo e Viana do Bolo), que inclúen os concellos do Barco de Valdeorras,...
-
-
Relativo ou pertencente a Astorga.
-
Habitante ou natural de Astorga.
-
-
GALICIA
Escritora e pianista. En 1916 publicou os seus primeiros traballos no Heraldo de Madrid e posteriormente pasou a formar parte da redacción de La Tribuna, á vez que colaboraba con outros periódicos e revistas (Pitorial Review, de Nova York, La Ilustración Artística, de Barcelona); así mesmo, en 1921 fundou en Madrid a revista mensual Ideales. A súa actividade musical levouna a dar concertos en diferentes lugares de Europa. Como escritora publicou Otro beso (1920) e Hacia el ocaso: evocación narrativa (1921) ten, ademais, unha comedia dramática en dous actos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de torques segundo a clasificación establecida por López Cuevillas e Pérez Outeiriño. Caracterízase por ter a vareta de arames enrolados e os remates de dobre escocia. Localízanse no norte de Galicia e Asturias.
-
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra sueco. Escribiu óperas, ballets, sinfonías, concertos e música de cámara.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e físico. En 1784 inventou a chamada máquina de Atwood; estudiou o péndulo dos reloxos e a estabilidade dos corpos flotantes. Escribiu Treatise on the Rectilinean Motion and Rotation of Bodies (1784).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora canadense. A súa obra superpón e mestura unha temática de tipo tecnolóxico cunha coidadosa visión da natureza e o tratamento das alienacións e da irracionalidade. Destacada defensora dos dereitos humanos, foi mediadora dos nacionalismos culturais canadenses. Presidiu o PEN Canadense da lingua inglesa (1985-1986). Autora dunha vintena de títulos, destacan, no campo da narrativa, as novelas The Handmaind’s Tale (O conto da criada, 1985), Cat’s Eye (Ollo de gato, 1989), Alas Grace (1996) e as coleccións de narracións Bluebeard’s Egg (O ovo de Barbazul, 1983) e Good Bones (1993). Como poeta cómpre sinalar The Journals of Susanna Moodie (Os diarios de Susanna Moodie, 1970), The Circle Game (O xogo do círculo, 1981) e Morning in the Burned House (Amencendo na casa Burned, 1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Empezou a súa carreira literaria publicando traducións do inglés e do francés en El Diario de la Habana. Moitas das súas obras, entre as que destacan Mauricio (1845), Úrsula (1848) e Una venganza (1850), apareceron como folletíns dominicais no Diario de la Marina. Asinaba co pseudónimo de Felicia. Escribiu os ensaios Luisa Siged e La Mujer Ilustradora, reivindicando unha educación sistemática para a muller e o voto feminino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista francesa. De entre as súas obras, dun tenro realismo, destacan Marie-Claire (1910), Atelier de Marie-Claire (O obradoiro de Marie-Claire, 1919) e a colección de contos La Fiancée (A noiva, 1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia feudal de Carniola, orixinaria do castelo do mesmo nome, que apareceu por vez primeira no 1220 con Errandus de Owersperch. Os seus membros foron grandes camarlengos (1407), mariscais hereditarios de Carniola (1643), baróns (1550) e despois condes (1630) do Sacro Imperio. En 1641 compraron o señorío de Gottschee. Dende 1653 os cabezas de familia foron Príncipes do Sacro Imperio, título que se estendeu á totalidade da familia no 1791, ano no que tamén recibiron o ducado de Gottschee. Acadaron os ducados de Münsterberg e de Frankenstein (Silesia) en 1654, territorio vendido a Prusia en 1791.
-
PERSOEIRO
Conde de Auersperg. Escritor austríaco e político liberal, máis coñecido polo pseudónimo de Anastasius Grün. É autor de poemas satíricos contra Metternich como os do seu libro Spaziergänge eines wiener Poeten (Paseos dun poeta vienés, 1831).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Augusta Cidade de Suabia, en Baviera, Alemaña, situada entre os vales do Lech e do Wertach (258.457 h [1997]). Centro tradicional da industria téxtil desde 1840 acolle industrias mecánicas, eléctricas, aeronáuticas e electrónicas (Siemens), instaladas polas grandes empresas do Rhur e de Berlín. Ten universidade. Antiga colonia militar fundada por Druso no ano 15 a C co nome de Augusta Vindelicum, constituíu un importante centro comercial na vía Claudia. Capital da Raetia Secunda durante o s IV, foi saqueada polos hunos no s V. No s VI pasou a ser bispado e dependeu dos duques de Suabia e Baviera. Durante toda a Idade Media, destacou como unha das cidades máis prósperas da Alemaña. En 1276 Rodolfo de Habsburgo outorgoulle os privilexios de cidade imperial libre. Durante os ss XV e XVI, Augsburgo viu aumentar a súa potencialidade económica, impulsada polas ilustres familias comerciantes dos Fugger e dos Welser e converteuse no primeiro centro bancario...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principado eclesiástico do Sacro Imperio Romano-Xermánico, pertencente ao círculo de Suabia, que se estendía desde Allgäu ata máis alá do Danubio. Os bispos de Augsburgo, que residen desde 1258 en Dillingen, tomaron a xurisdición sobre a cidade en 1316. O principado foi incorporado a Baviera en 1803.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento presentado na Dieta de Augsburgo de 1530 redactado en latín e alemán por Melanchthon en termos máis ben moderados, e aprobado preventivamente por Lutero. A primeira parte contén a formulación da fe luterana, procurando mencionar pouco os puntos de diverxencia, e a segunda sinala os abusos que os católicos han de corrixir. O Emperador Carlos V encargou a Johann Ech e Konrad Wimpina a redacción da resposta, coñecida co nome de Confutatio Pontificia. Melanchthon respondeulle coa Apoloxía. O mesmo Lutero rechazou finalmente o documento, considerado por el mesmo irenista.