"dis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 645.
-
-
Acción de disipar ou disiparse.
-
Conduta de quen se entrega desenfreadamente aos praceres e diversións.
-
-
-
de disipar ou disiparse.
-
Que ou quen se entrega en exceso aos praceres ou diversións.
-
-
-
Que ou quen disipa.
-
Dispositivo de protección empregado para a disipación voluntaria de enerxía, polo xeral en forma de calor.
-
-
-
-
Facer que algo físico perda progresivamente intensidade, ata chegar a desaparecer, evaporándose ou esparexéndose as partes que a integran.
-
Facer desaparecer, pouco a pouco, algo inmaterial, especialmente unha dúbida, sospeita ou ilusión.
-
-
Gastar cartos ou bens, sen prudencia, en cousas que non pagan a pena ou das que non se tira proveito ningún.
-
Perder algo físico intensidade progresivamente ata chegar a desaparecer.
-
Desaparecer pouco a pouco algo inmaterial, especialmente unha dúbida, sospeita ou ilusión.
-
Transformarse unha forma de enerxía en enerxía térmica.
-
-
-
Que, durante o seu decurso, se produce disipación de enerxía.
-
Estado da materia que ten lugar cando un sistema se afasta do equilibrio térmico ao recibir agresións externas que sobrepasan un valor crítico.
-
Sistema que evoluciona, mediante un proceso irreversible, cara a un estado de equilibrio, cun mínimo de enerxía libre.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno da linguaxe que se caracteriza por unha mala articulación da palabra sen que exista unha patoloxía no sistema nervioso central. Distínguese entre dislalia orgánica, producida por malformacións ou lesións dos órganos periféricos da fonación (como a lingua, os dentes, os beizos ou o padal), e dislalia funcional, producida por unha incorrecta utilización dos órganos fonadores.
-
-
Relativo ou pertencente á dislalia.
-
Que ou quen padece dislalia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dificultade da aprendizaxe da lectura e da escritura debida a causas neuroxenéticas, a inmadurez do sistema nervioso central, a erros pedagóxicos ou a trastornos afectivos. As dificultades que se observan na lectura e escritura do neno disléxico, así como as súas deficiencias perceptivas e motrices, son as mesmas polas que atravesa o neno normal, de forma transitoria, mentres está medrando e aprendendo; só que no disléxico perdura máis do usual. Os nenos con dislexia poden presentar problemas en: confusión de letras de simetría oposta, tales como o b polo d ou o p; confusión de letras parecidas en sons; confusión de letras parecidas no seu punto de articulación; alteracións na secuencia das letras que forman as sílabas e as palabras; erros ortográficos confudindo letras que corresponden a un mesmo fonema; confusión de palabras parecidas ou opostas no seu significado; erros na separación de palabras; falta de rapidez ao ler e carencia de modulación e ritmo; falta...
-
-
Relativo ou pertencente á dislexia.
-
Que ou quen padece dislexia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alteración dos niveis normais dos lípidos sanguíneos.
-
-
Acción e efecto de dislocar ou dislocarse.
-
Conxunto de defectos lineais que destrúen a regularidade da rede cristalina dun cristal real. Distínguense dúas clases de dislocacións: unha é a de cuña, na que a distorsión da rede cristalina está producida pola introdución parcial dun plano de átomos extraordinario; a dislocación está onde acaba bruscamente a intromisión deste plano no interior do sólido. A outra clase de dislocación é a helicoidal, que acostuma describirse ofrecendo un procedemento imaxinario de producila. Así, suponse que dentro dun cristal real se produce un corte parcial e que o material dun lado deste corte se despraza oblicuamente con respecto ao material doutro lado. Como consecuencia, as filas de átomos perpendiculares á aresta do corte, isto é, a dislocación, determinan un tipo de pendente en espiral.
-
Deformación producida polas forzas oroxénicas e tectónicas, especialmente as fallas e os dobramentos, que afecta ás rochas sedimentarias.
-
Cambio estrutural nos cromosomas a causa da perda ou o desprazamento dalgúns segmentos cromosómicos.
-
-
Desprazamento dun constituínte dende a súa posición normal cara á periferia do enunciado e a súa substitución dentro deste enunciado por un pronome átono. Hai dislocación á esquerda cando este desprazamento se realiza cara á posición inicial (Este libro, cando o mercaches?), e dislocación á dereita cando o constituínte se sitúa na parte final do enunciado (Non o quero, a teu irmán).
-
dislocación temporal
Desprazamento nos valores temporais de determinadas formas verbais. Os exemplos máis claros de usos dislocados son o presente histórico, onde se produce o desprazamento dun tempo presente cara ao pretérito (En 1969 o home chega por vez primeira á Lúa) e o presente prospectivo, cun desprazamento cara ao futuro (Luís comeza no seu traballo a vindeira semana).
-
-
Modificación na posición habitual do acento dunha palabra, que pasa a outra sílaba diferente por necesidades rítmicas. Emprégase para dotar o poema dun ritmo máis marcado, con frecuencia en composicións para ser bailadas ou cantadas, ou para axustar a rima dun verso aos restantes na estrutura á que pertence.
-
-
-
Sacar ou desprazar algo do seu sitio, especialmente un óso ou articulación.
-
Saír ou desprazarse algo do seu sitio, especialmente un óso ou articulación.
-
-
SEMANARIOS
Semanario editado na Coruña, probablemente entre os anos 1907 e 1916, que cesou con poucos números publicados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno da linguaxe e do pensamento debido a unha alteración mental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Menstruación difícil ou dolorosa. Pode ser primaria, cando se produce como consecuencia de contraccións uterinas severas e anormais que teñen lugar durante o período menstrual, ou secundaria, cando é conscuencia doutra alteración do organismo, como a endometriose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno da linguaxe mímica que impide expresar os pensamentos mediante os xestos.
-
-
Tornar menor algo no referente á súa extensión, intensidade ou número.
-
ir unha cousa a menos na súa extensión, intensidade ou número.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno ou debilitamento da memoria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de desproporción.
-
PERSOEIRO
Produtor cinematográfico. Especializado en debuxos animados, tralo seu primeiro éxito co personaxe do rato Mickey (1928), realizou a súa primeira longametraxe Snow White and de Seven Dwarfs (Brancaneves e os sete ananos, 1938), á que seguiu Pinocchio (1940), Fantasy (Fantasía, 1940), Dumbo (1941) e Bambi (1942). Creador das figuras do pato Donald e do can Pluto, a partir de 1948 dedicouse a dirixir a produtora cinematográfica Walt Disney Produtions e os parques de atraccións Disneyland e Disneyworld. Deses anos destacan as películas con actores reais como Treasure Island (A illa do tesouro, 1950), Robin Hood (1951) e Mary Poppins (1964). Ademais, continuou a produción de debuxos animados cos filmes Cinderella (A cincenta, 1950), Alice in Wonderland (Alicia no país das marabillas, 1951), Peter Pan (1953), Sleeping Beauty (A bela durminte, 1959) e 101...
VER O DETALLE DO TERMO