"rot" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 672.

  • Aliaxe de ferro e tungsteno, cun 75 a 85% de W, que se emprega na estabilización dos carburos por fixación de carbono, para mellorar os resultados da temperanza dos aceiros e para a obtención de aceiros de corte rápido. Obtense por aluminotermia do óxido de tungsteno ou en forno eléctrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de adherencias pleurais difusas, con retracción da parede pulmonar, que dificultan os movementos respiratorios dos pulmóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo pitagórico, médico e astrónomo grego. Mestre de Demócrito e de Arquitas, desenvolveu un sistema cosmolóxico no que a Terra se movía polo espazo de igual xeito que os outros astros, sen ter un papel privilexiado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera dos enzimas de oxidación-redución, coñecidos como oxidorredutases, que conteñen un grupo prostético derivado da riboflavina. Algunhas flavoproteínas conteñen o FMN, pero a maioría conteñen o FAD. Entre as flavoproteínas que oxidan directamente os metabolitos existen algunhas que poden transferir electróns directamente ao osíxeno molecular; mentres que outras, como as flavinadeshidroxenases, transfiren electróns dos metabolitos aos citocromos ou a un portador intermediario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘laña’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das proteínas conxugadas que conteñen fosfato. Xeralmente o ortofosfato está presente nestas proteínas esterificando os grupos hidroxilo das cadeas laterais dos aminoácidos serina e treonina. As caseínas do leite conteñen fosfato abundante. Son tamén fosfoproteínas a albumina da clara do ovo, a ovovitelina da xema do ovo, a pepsina e moitas outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Protón emitido nunha fotodesintegración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baile moderno orixinado nos EE UU ao redor do ano 1910 e difundido rapidamente por todo o mundo occidental. Dun ritmo rápido, habitualmente 4/4, o seu nome significa ‘o trote da raposa’ e deu lugar a variedades diferentes, algunhas lentas, como o slow fox, e outras rápidas, como o charlestón.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de barcos de guerra, pesqueiros, mercantes, etc, dun Estado ou dun mesmo armador ou empresa armadora.

      2. Conxunto de embarcacións dunha mesma provincia marítima.

      3. Conxunto de embarcacións que navegan nas mesmas augas ou que desenvolven unha mesma actividade.

      4. Conxunto das embarcacións de regatas ou de deporte dunha mesma serie que adoitan navegar por unhas augas determinadas.

    1. Unidade estratéxica constituída pola reunión de diferentes escuadras concentradas para realizar unha misión principal. Está integrada pola forza de combate, formada por portaavións, acoirazados e cruceiros cos seus destrutores; a forza de seguridade e de vixilancia, formada por cruceiros lixeiros, destrutores e submarinos; e o tren naval, constituído por barcos de carácter loxístico, como petroleiros e barcos hospital. Para realizar operacións de desembarco, engádese a forza anfibia, composta de lanchas con todo o material das tropas que van saltar a terra.

    2. Conxunto de vehículos da mesma clase, como os avións ou camións, pertencentes a unha empresa ou país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Preparación histolóxica dun líquido orgánico espeso ou dun tecido semilíquido ou pastoso, como pode ser o sangue, para o seu exame ao microscopio, que se obtén por extensión dunha gota do fluído ao longo dun portaobxectos utilizando o bordo doutro portaobxectos para conseguir unha película uniforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método consistente na obtención dunha imaxe nun papel colocado sobre unha superficie en relevo fretando cun lapis todo o papel. Emprégase para obter efectos de textura na pintura contemporánea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canción de inspiración popular a tres voces, inicialmente, ou a catro voces, posteriormente, onde a soprano ten preponderancia e as outras esbozan un acompañamento confiado aos instrumentos. Un dos principais centros de composición foi Mantua e entre os compositores destaca Marchetto Cara.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Colar de ferro que se pode apertar a vontade por medio dun parafuso, empregado para executar os condenados á pena capital. A pena de morte por medio deste instrumento foi introducida polo Código Penal español en 1820, e aplicada por derradeira vez en 1974.

      2. dar garrote

        Aplicar a pena capital por medio do garrote.

      1. Pao curto que se utiliza para retorcer unha corda, cadea, correa ou calquera outra cousa, co fin de tensala.

      2. Panca coa que se lle dá volta á trinca dun cabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, unha barra morada; bordo de goles, con oito aspas, de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña e, cunha bolsa da deputación coruñesa, na Escuela de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1932-1935). Cultivou a paisaxe e o retrato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión do estómago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos gastrótricos.

    2. Metazoo do subtipo dos gastrótricos.

    3. Subtipo de metazoos triploblásticos acelomados. Inclúe formas microscópicas, de 0,1 a 1,5 mm de longo, de corpo en forma de cilindro que remata en dous extremos perfectamente diferenciados: o cefálico, separado do resto do corpo por unha estrangulación e provisto de boca, cilios e pelos sensoriais; e o caudal, con ano e dous apéndices terminais dixitados. A superficie do corpo está revestida dunha cutícula con espiñas, a miúdo curvadas, e con cilios na cara ventral. Viven en auga doce e salgada e nútrense de pequenos organismos e detritos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polímero que resulta da unión covalente entre unha proteína e un carbohidrato. Fórmanse no aparato de Golgi. Atópanse case de modo exclusivo nos tecidos animais. Interveñen na composición das membranas celulares, son constituíntes de líquidos orgánicos como o moco, actúan de enzimas ou como receptores hormonais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Martín (Bóveda) e A Broza (O Saviñao). O seu cumio acada 654 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO