"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Colectivo agrupado que naceu en Vigo no ano 1983 arredor da revista de educación especial Quinesia. Os seus responsables e membros fundadores son Francisco Insua Meirás, Elixio Domarco Álvarez e Álvaro Espilla Dopico, e está formada, principalmente, por profesionais que traballan no terreo das discapacidades. Acreditada no ámbito da integración das persoas con discapacidades, cómpre dicir que o seu labor desenvólvese, sobre todo, a través da publicación da revista Quinesia de estudios e investigacións no campo das discapacidades, e da organización de diversos cursos e proxectos sobre as discapacidades (formación do profesorado, integración laboral, escolar e social do discapacitado, etc). Constituíse como Asociación (1992) de ámbito galego e como Fundación Benéfico-Asistencial (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro con sede en Pontevedra creada en 1991 coa finalidade de promover actividades culturais e deportivas que contribúan ao coñecemento do patrimonio cultural, histórico e artístico de Galicia e da realidade cultural española. Naceu co propósito de dar continuidade e impulso ao labor que desenvolveron as Rutas Cicloturísticas del Románico-Internacionales. Das súas actividades destacan, ademais da organización das Rutas Cicloturísticas, a celebración de conferencias, concertos, exposicións e cursos, e a edición de libros sobre poesía, arte e historia. Concede un premio de escultura e pintura para alumnos da facultade de Belas Artes de Pontevedra, e colabora en actividades análogas con outras fundacións, asociacións e particulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Vicente de Mañufe (Gondomar). Construída probablemente no s XVII, orixinariamente tiña planta rectangular con dúas alturas no eixe maior e unha altura no testeiro SL, á que se engadiu outra para acoller a cociña. Na fachada SO ten un patio pechado por un muro e por construcións adxectivas e unha solaina a xeito de patín á que se accede por unha escaleira de pedra. Na fachada N conserva outro patín. A porta de acceso ao patio é rectangular e remata nunha cornixa con dúas ameas, decoradas con baixorrelevos, e unha cruz central. Atópase en estado ruinoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á fundación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de fundamentar ou fundamentarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de fundir.

    2. Industria ou establecemento onde se realiza a fundición de metais e aliaxes e se fai a coada dentro de moldes axeitados. Unha fundición comporta unha serie de seccións que realizan as seguintes operacións: o modelado, que consiste en producir os modelos xeralmente de madeira, polistireno ou plástico, e os utensilios necesarios para modelar; o moldeado, que consiste en preparar os moldes para a coada, que poden ser de area de fundición ou de metal; a fundición, que permite pasar os metais a estado líquido e realizar aliaxes coas mesturas necesarias; a coada, na que se verte o metal ou a aliaxe líquidos en moldes; o desmoldeado, no que se abren os moldes para que saian as pezas coadas, e o desbarbado, que elimina as rebabas e asperezas diversas da superficie das pezas. A fundición pódese clasificar en artística e mecánica. A primeira utiliza aínda, en certos casos, os métodos tradicionais, sobre todo para o moldeado de pezas grandes. Á...

      1. Técnica empregada na escultura e na ourivería para a obtención de pezas metálicas. Os metais máis empregados son o bronce na escultura e o ouro e a prata na ourivería. As primeiras pezas fundidas foron macizas e coa evolución da técnica chegouse á realización de pezas ocas. Os procedementos máis habituais son o da cera perdida e o da area. O primeiro consiste en facer un modelo en cera da obra no que se bota o bronce fundido, e o segundo en modelar as pezas por separado en caixas de madeira recheas de area, unidas posteriormente por medio de remaches.

      2. Produto siderúrxico, non forxable, cun contido de C que pode variar entre o 1,9% e o 6,6%, con pequenas cantidades de Si e Mn e, como impurezas, con P e S. Pódense atopar eventualmente outros elementos, provenientes do mineral empregado ou adicionados como elementos de aliaxe. Segundo a velocidade de arrefriado e a presenza de elementos grafitizadores ou estabilizadores dos carburos, o carbono pode quedar en forma de grafito (fundición gris) ou formar carburo de ferro ou cementita (fundición branca). A maior parte da fundición prodúcese en alto forno, aínda que, en pequenas cantidades, tamén se obtén por fusión e recarburación de ferralla en fornos de cubilote; neste caso chámase fundición sintética. A fundición de primeira fusión, obtida no alto forno, emprégase sobre todo na produción do aceiro. A fundición gris laminar, na que o grafito está en forma de láminas, ten unha grande aptitude para ser moldeada e presenta unha boa resistencia á fatiga e á corrosión, unha boa condutividade térmica...

      3. Procedemento para conformar metais a través da modelaxe do metal fundido. É característico e fundamental neste proceso a existencia dun cambio de fase na conformación do metal. Utilízase na fabricación de pezas de aceiro, bronce, latón, aliaxes de aluminio, de magnesio, de cinc, de estaño, de chumbo ou de níquel. A composición, a temperatura de fusión e a tensión superficial do metal fundido son moi importantes para poder someter o metal ou a aliaxe a este procedemento. Existen tres tipos de fundición: en lingoteiras, en coada continua e en moldes. A fundición en lingoteiras emprega a fundición de primeira fusión, á que se engaden os elementos necesarios para a aliaxe, que se baleira en lingoteiras mediante coada por gravidade ou a presión. A fundición de coada continua utilízase na obtención de lingotes ou perfís e consiste na eliminación dos inchados e segregacións, lonxitudinais ou transversais. Ao mesmo tempo, os constituíntes secundarios quedan divididos finamente porque o tempo de...

      4. fundición de rolos

        Operación que consiste en fundir a pasta e logo botala nas formas cilíndricas que xa están preparadas para iso.

    3. Conxunto de letras que pertencen a un mesmo tipo ou que posúen un mesmo corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito de estar algo orientado cara ao futuro, como a vida humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se gaba ou presume de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación política de tendencia ideolóxica teoricamente centrista fundada en xullo de 1975. Foi creada á marxe da nova Lei de Asociacións Políticas e inscribiuse como unha sociedade anónima, aínda que tiña obxectivos políticos. O seu presidente foi Rafael Pérez Escolar mentres, Manuel Fraga Iribarne permaneceu no goberno de Carlos Arias Navarro. Xunto á Federación de Estudios Independientes integrou o partido político Reforma Democrática en 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter comercial editada na Coruña a partir de 1888.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De cor entre verde e azul, aplicado en particular aos ollos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade constituída no ano 1983 baixo a presidencia de Ramon Boixadós, situada no edificio do Teatre-Museu Dalí en Figueres. Ten como obxectivo promover a obra de Dalí, ademais de protexer e xestionar o seu patrimonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (68-69). Cónsul (33) e procónsul de África (45-47), obtivo de Nerón o goberno da Hispania Citerior no 60. Uniuse á conxuración de C. Xulio Vindix contra Nerón (68) e marchou sobre a Galia. Proclamado emperador polo Senado e a garda pretoriana, a dureza da súa política restoulle popularidade entre os pretorianos e perdeu os seus apoios. Foi asasinado despois dunha revolta das tropas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de galeguizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada no verán de 1992 en Santiago de Compostela. Editada por Alveiro SL, estaba dirixida por Antón Rozas Caeiro. Todos os seus artigos estaban escritos en castelán e ían acompañados da súa correspondente tradución ao inglés. Incluíu información sobre a arte e a arquitectura de Galicia, referencias a museos e pintores, ademais de datos sobre gastronomía e actividades de ocio en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro constituída en Santiago de Compostela e declarada de Interese Galego. Os seus obxectivos son promover, incentivar e executar as accións encamiñadas a potenciar e difundir a galeguidade en calquera parte do mundo, en especial nos lugares onde existan comunidades galegas, e realizar accións tendentes a apoiar galegos e os seus descendentes residentes fóra da Comunidade Autónoma. O seu padroado, baixo a presidencia de honra do presidente da Xunta de Galicia, está presidido polo conselleiro de Emigración e Cooperación Exterior e formada por un representante da consellería de Economía e Facenda, de Sanidade e de Asuntos Sociais e un membro da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas. Ademais forman parte do padroado as persoas e/ou entidades que acheguen unha cantidade igual ou superior a 30.000 euros. Conta tamén cunha Asemblea de Colaboradores formada por aquelas persoas e/ou entidades que acheguen unha cantidade igual ou superior aos 3.000 euros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro que se constituíu o 15 de febreiro de 1988 presidida polo presidente da Xunta de Galicia. Agrupa diversas entidades públicas e privadas representativas da vida económica e social de Galicia. O padroado está integrado por representantes das entidades que compoñen a fundación: Xunta de Galicia, Banco Pastor, Caixa Galicia, Caixanova, Consorcio Zona Franca de Vigo, Cámaras Gallegas de Comercio, Industria y Navegación, CC da Coruña, CC de Ferrol, CC de Ourense, CC de Pontevedra, CC de Santiago de Compostela, CC de Tui, CC de Vigo, CC de Lugo e CC de Vilagarcía. Entre os seus obxectivos inclúense fomentar o achegamento da realidade galega á realidade europea e aos países da Unión Europea en especial, e está aberta á colaboración de todas as institucións que persigan os mesmos fins.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de información xeral editada en Santiago de Compostela a partir de novembro de 1994. Cesou a súa edición en xullo de 1996 (nº 12). Dirixida por Olegario Sotelo Blanco e coordinada por Luís Álvarez Pousa, tentaba ser un instrumento de comunicación destinado aos centros galegos no exterior. Incluíu diversidade de reportaxes, entrevistas, temas culturais, crónicas e artigos de opinión. Nalgúns números inseriuse un relato breve de narradores galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro constituída o 3 de setembro de 1976 baixo a presidencia do conselleiro de Cultura e Comunicación Social e coa vicepresidencia dun representante do Centro de Galicia en Bos Aires. Os sete vocais repártense entre os catro que designa o Centro de Galicia de Bos Aires, e os que nomean o conselleiro de Presidencia, o conselleiro de Economía e Facenda e o secretario xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas. Entre os seus obxectivos inclúense o achegamento da realidade galega a todos os países americanos nos que exista unha comunidade galega vertebrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro constituída o 26 de novembro de 1996 por iniciativa da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia e que ten como obxecto a promoción, vertebración e divulgación da empresa galega como entidade específica, caracterizada pola súa vinculación á realidade socioeconómica e cultural de Galicia. En particular, son obxectivos a normalización do uso do galego na empresa, tanto nas súas relacións internas coma externas, e sen prexuízo do apoio á poliglosia como factor esencial da actividade empresarial; a promoción da investigación das características peculiares da empresa galega e da súa potenciación e desenvolvemento; o apoio á aplicación dunha estética diferenciadora dos seus produtos; e a creación e fomento de centros de diálogo e de publicacións relativas á vinculación da empresa coa realidade económica, social e cultural de Galicia. Entre os membros do padroado inclúense Manuel Puga Pereira, actual presidente, Ramón Barral Maquieira,...

    VER O DETALLE DO TERMO