"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • ILLAS

    Illa da beira meridional da ría de Vigo situada fronte á praia de Canido, no litoral da parroquia de Coruxo, concello de Vigo. É unha illa de costas areosas e baixas e está unida á costa por unha ponte de 200 m de lonxitude. O seu acceso está limitado porque é propiedade privada. Na zona media da illa descubriuse, en 1913, unha necrópole romana (ss I-IV) con restos de sepulturas trapezoidais superpostas que posuían cerámicas, fíbulas e un estilete de bronce, e indicaban a súa cronoloxía romana ou tardorromana. Na mesma data, pero no extremo SO da illa, atopouse un castro prerromano (ss IV a C) que foi escavado por Álvarez Blázquez (1970) e Hidalgo Curraño (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico situada entre as praias do Vao e Canido (Vigo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado á beira do río Duero (8.045 h [2001]). É un importante centro comercial. Residencia dos reis casteláns, tivo un papel importante na historia da Coroa de Castela e aquí asinouse en 1494 o Tratado de Tordesillas. Do seu patrimonio cultural destaca o convento de Santa Clara (BIC, 1931), de estilo mudéxar, e as igrexas de Santa María (BIC, 1984) e San Antolín (BIC, 1998). Os baños árabes do antigo palacio real son dos mellores conservados na Península Ibérica. O conxunto histórico da vila foi declarado BIC (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado en Tordesillas o 7 de xuño de 1494, entre os Reis Católicos e Xoán II de Portugal, polo que Castela e Portugal fixaron a liña de demarcación das súas futuras posesións en ultramar. O resultado foi un pacto no que a liña de demarcación se situou a 370 leguas ao O das illas de Cabo Verde; desta maneira, a terra descuberta ao L desta liña pasaba a depender de Portugal e a do O, de Castela. Foi ratificado polos Reis Católicos en Arévalo (2 de xullo de 1494), por Xoán II de Portugal en Setúbal (5 de setembro de 1494) e polo Papa Xulio II (1506).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento bélico entre as forzas de Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón, dunha banda, e a coalición integrada por Afonso V de Portugal e unha parte da nobreza castelá, da outra, que tivo lugar o 1 de marzo de 1476. Episodio da loita sucesoria entre Isabel I e Xoana a Beltranexa, o rei portugués, axudado por Luís XI de Francia, tomou partido por Xoana e invadiu Castela. Asediados os portugueses e os partidarios de Xoana na vila de Toro, tivo lugar a batalla en Campo Peláez, que concluíu de maneira favorable para o bando isabelino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Murcia, situado no val do Segura (16.450 h [2001]). Destaca na súa economía a agricultura e a gandaría. É representativa a industria alimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Frecuentou moito a corte e foi ordenado sacerdote aos 52 anos. A súa obra máis coñecida é a historia da súa vida, que entronca, en parte, coas narracións picarescas, Vida, ascendencia, nacimiento, crianza y aventuras del Dr. D. Diego de Torres Villarroel (1743). Admirador de Quevedo, imitouno nos seus Sueños morales, visiones y visitas de Torres con D. Francisco de Quevedo por Madrid (1727-1751).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (50.953 h [2001]). Ten cultivos de cítricos, hortalizas, amendoeiras, vide e cereais. É importante a actividade turística, con moitos apartamentos e urbanizacións na costa. A industria é pouco relevante mentres que case dúas terceiras partes da poboación activa traballan no sector terciario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya (8.244 h [2001]). Destacan os cultivos de cereais, árbores froiteiras, hortalizas, trigo, millo, oliveiras, vide e arroz. As principais actividades industriais son as derivadas da agricultura, a de maquinaria agrícola, e a de construción. A tradicional actividade pesqueira perdeu importancia diante do turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comida feita con ovos batidos aos que se lles engaden outros ingredientes.

    2. Tortilla de forma redonda que se elabora engadíndolle aos ovos batidos anacos de patacas fritidas, ou cocidas, ademais doutro ingredientes.

    3. Tortilla feita soamente con ovos batidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da beira meridional da ría de Arousa, situada no litoral oriental da parroquia e concello do Grove. Unida ao continente por unha ponte, é un destacado centro turístico, que conta entre os seus principais atractivos cun balneario de augas termais e un casino de xogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que traballa moito ou que lle agrada traballar.

    2. Que ou quen desempeña unha profesión ou un oficio en calidade de asalariado.

    3. Persoa cuxa actividade profesional está dirixida a persoas, grupos e comunidades para axudalos a ter conciencia da súa realidade, así como a enfrontarse ás situacións conflitivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Realizar unha actividade física ou mental de maneira continuada e con esforzo, coa finalidade de obter algún resultado ou algo determinado.

      2. Desenvolver unha determinada actividade ou profesión.

    1. Realizar unha determinada actividade ou función unha máquina, un establecemento ou un organismo.

    2. Someter algo a unha acción continuada para dar a forma ou o estado que se desexa.

    3. Dedicarse con insistencia a conseguir algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Loita naval entre a frota británica e unha coalición francoespañola, que tivo lugar o 21 de outubro de 1805 preto do cabo de Trafalgar (Cádiz) durante a terceira coalición contra Francia. Dirixía a frota inglesa o almirante Nelson, e a francoespañola o almirante francés Pierre Charles de Villeneuve e o español Federico Carlos Gravina. A vitoria dos ingleses foi total, o que lle deu a Inglaterra a preponderancia marítima europea ata a Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. relinga.

    2. retriza.

    3. ara pequena que leva no extremo unhas correas e que se usa para encirrar o gando.

    4. Termo do barallete que corresponde á voz ‘cadea do reloxo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe que se dá cunha tralla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que un líquido se calle.

    2. Callarse un líquido, principalmente o leite ou o sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cousa que non ten valor.

    2. Mestura de cousas que non se entenden ou que están mal organizadas.

    3. Conxunto de cousas inventadas para saír dun apuro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cousa sen valor e de pouca importancia.

    2. Diversión ou festa desorganizada e improvisada.

    3. Conxunto de cousas enleadas e sen orde.

    4. Cousa feita ou organizada de calquera xeito e que carece de seriedade ou valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cousa mal feita e sen coidado.

    2. Cousa sen valor.

    VER O DETALLE DO TERMO