"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de transformacións que, no contexto da mecánica clásica, prerrelativista, permite transformar as coordenadas entre sistemas de referencia inerciais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación de carácter cultural creada en 1964 por universitarios en Santiago de Compostela co obxectivo de potenciar a cultura galega, e no caso do teatro a creación dramática e a realización teatral. Foi responsable da convocatoria do Concurso Castelao de Teatro Galego en 1964, 1965 e 1966, e doutras iniciativas como a Agrupación Dramática Galega, que dirixía Rodolfo López-Veiga.
-
-
Acción de galvanizar.
-
Recubrimento do aceiro por unha película de cinc para protexelo da corrosión, por medio da inmersión do aceiro en cinc fundido. Entre ambos os dous metais fórmase unha zona de transición, constituída por unha aliaxe de ferro e de cinc de composición variable, que asegura a súa unión.
-
-
-
Que produce ganancia.
-
Que ou quen percibe unha ganancia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado o 8 de novembro de 1576 na cidade de Gante entre as provincias protestantes do N e as católicas do S, por mor do saqueo de Anveres realizado polos tercios casteláns amotinados. No pacto, recoñecido por don Xoán de Austria mediante o Edito Perpetuo (1577), pediuse a retirada inmediata dos tercios de Flandres, proclamouse a tolerancia relixiosa e esixiuse a devolución de todos os bens confiscados durante o goberno do duque de Alba. O acordo foi roto pola Unión de Arrás (1759) na que as provincias católicas volveron recoñecer a autoridade de Filipe II.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zona da illa da Gomera, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, de 3.984 ha de extensión, situada no centro da illa. A altura máxima alcánzase no pico de Garajonay (1.487 m). Máis da metade da súa superficie está recuberta de bosques; destacan pola súa singularidade e rareza os de laurisilva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
garfo.
-
-
Acción e efecto de gasificar.
-
-
Procedemento de conversión dun combustible sólido ou líquido nun gas combustible por combinación parcial do carbono co osíxeno, co que se obtén unha mestura gasosa rica en monóxido de carbono capaz de recombinarse con máis osíxeno e producir así unha nova combustión. A gasificación, por exemplo, é de grande importancia para a conversión de carbóns que presentan baixa calidade en combustibles de maior utilidade.
-
gasificación subterránea
Procedemento de gasificación dun combustible sólido no mesmo xacemento por introdución dunha corrente de aire (normal ou enriquecida con osíxeno). O gas combustible que se produce pódese empregar para xerar electricidade ou pódese someter a diversos procesos para que se converta en combustible ou en determinados produtos químicos.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso do desenvolvemento embrionario que conduce á formación da gástrula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de síntese de aldehidos aromáticos que consiste na formilación de compostos aromáticos policíclicos mediante HCl e CO en presenza de ALCl3 e Cu2Cl2: ArH+CO... ArCHO.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do nome augural latino Gaudentius, derivado do verbo gaudere ‘gozar’, ‘ser feliz’. Levan este nome san Gaudencio de Cominges (s V), celebrado o 30 de agosto; e os santos italianos san Gaudencio de Rimini (ss III-IV), celebrado o 14 de outubro, san Gaudencio de Brescia (ss IV-V), celebrado o 25 de outubro, e san Gaudencio de Novara (s V). Así mesmo, existiu unha santa Gaudencia, lendaria virxe e mártir de Roma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
san (Brescia 360? - 410?) Eclesiástico, escritor e bispo de Brescia (397-410?). Amigo de Ambrosio de Milán, intercedeu a favor de Xoán Crisóstomo, perseguido pola corte de Constantinopla. Deixou vinte e un sermóns escritos nun estilo simple e claro, con influencias clásicas. A súa festividade celébrase o 25 de outubro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Algarismo que se emprega no estudo dos espacios vectoriais que, dados uns vectores arbitrarios, permite deducir efectivamente os que son linealmente independentes e que, por tanto, tamén son base do subespacio que xeran. Aplícase este método para atopar o rango dunha matriz calquera.
-
-
Lugar onde se gardaban as esmolas, rendas e riquezas do templo de Xerusalén.
-
Título que se lles dá a certos dicionarios latinos e que equivale a “tesouro da latinidade”.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei estatística establecida en 1911, que ofrece a probabilidade wn que un corpo macroscópico calquera, considerado como unha parte relativamente pequena dun gran sistema illado, permanece nun estado de enerxía En.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Función termodinámica G definida pola ecuación G=U-TS+pV=H-TS (sendo U a enerxía interna, T a temperatura absoluta, S a entropía, p a presión, V o volume e H a entalpía. Coñecida tamén como entalpía libre, é unha función de estado do sistema considerado. Para un sistema en equilibrio, a función de Gibbs específica ten o mesmo valor para as fases líquida e gasosa. Unha consecuencia desta propiedade é a regra das fases ou de Gibbs.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ecuación que dá as condicións baixo as que, nun sistema formado polos compoñentes 1, 2, 3,..., m, se pode producir unha evolución reversible.
-
ENTRADA LARGA
Ecuación que, para un sistema que evoluciona a presión e temperatura constantes, toma a forma
FORMULA
A sendo o traballo efectuado polo sistema descontado o traballo de expansión, H1e H2as entalpías inicial e final, respectivamente, p a presión e T a temperatura absoluta do sistema.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Activo entre 1315 e 1349, colaborou con Giovanni Pisano no púlpito da catedral de Pisa. Logo trasladouse a Milán onde realizou o trono de san Pedro mártir en San Eustorgio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xogo de pelota que se practicaba dende o s XVI en Florencia e Siena e outras cidades italianas e que se considera antecedente do fútbol. No xogo enfrontábanse dous equipos de 27 xogadores cada un, que tiñan que levar unha pelota á meta defendida polos rivais: para desprazar a pelota permitíaselles empregar as mans e os pés. Seis árbitros encargábanse de que durante a celebración do xogo se observasen as regras.