"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Län de Suecia (17.586 km2; 273.547 h [2004]). A súa capital é Karlstad.
-
PERSOEIRO
Médico. Estudou nas universidades de Harvard e Columbia, onde se doutorou en 1966. Centrouse no estudo da reprodución das células tumorais e explicou a orixe tumoral dos oncoxenes. En 1989 recibiu, xunto J.M. Bishop, o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Licenciado en Teoloxía pola Universidad de Comillas e titulado en xornalismo (1967), traballou en publicacións periódicas, como Nuevo Diario e Chan. Colaborou na revista Spes e nos servizos informativos de TVE (1974), onde foi director do Centro de TVE en Galicia (1979) e responsable do programa “Gaceta cultural” (1981). Tradutor de textos clásicos e da obra de Escrivá de Balaguer Camino, publicou La España ausente (1971), Quién es quién en la Iglesia española (1978), A Comarca do Deza (1989) e Vila de Cruces: la tierra de Carbia (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora e mestra, irmá de Dora Vázquez. Coñecida como Pura Vázquez, foi secretaria da Escuela de Periodismo da Universidad Central de Caracas e encargada do Archivo Fotográfico do Instituto Nacional de Cooperación Educativa. Colaborou en diversas publicacións periódicas, como ABC, Estafeta Literaria, La Noche, Posío, La Voz de Galicia e La Zarpa. A súa obra, fundamentalmente poética, caracterízase polo lirismo, a relixiosidade e o intimismo, con certas doses de preocupación social e o emprego dalgúns tópicos de carácter romántico. É autora de Íntimas (1952), Maturidade (1955), A saudade e outros poemas (1963), O desacougo (1971), Verbas da edra no vento (1992) e Zodíaco, opúsculo (1992). No eido da literatura infantil, de trazos moralistas e clásicos, destacan os poemarios Versos pra os nenos da aldea (1968) e A música dos tempos (2002), ademais da narración “Segundo Pereira”, incluída no...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Animal invertebrado non artrópodo, celomado, co corpo longo e delgado, de forma cilíndrica a miúdo segmentado, brando e xeralmente contráctil.
-
verme intestinal
Calquera verme que vive no intestino humano, en particular a lombriga (Ascaris lumbricoides) e o oxiúro (Enterobius vermicularis).
-
-
Grupo heteroxéneo de animais metazoos triploblásticos que non son nin artrópodos nin vertebrados. Este nome foi dado por Linné a animais tan distintos como equinodermos, moluscos, briozoos, platihelmintos ou anélidos. Xa non se recoñece como grupo, xa que as semellanzas non se deben a afinidades filéticas.
-
-
Insecto en fase larval ou insecto que en estado adulto conserva o aspecto de larva.
-
verme da seda
Eiruga do lepidóptero Bombyx mori, que se cría para obter a seda coa que fabrican os casulos onde se reclúen durante o estado de crisálida. Os vermes da seda nútrense sobre todo de follas de moreira branca.
-
-
-
PERSOEIRO
Pintor holandés. Coñecido como Jan Vermeer, foi discípulo de C. Fabritius. Formou parte do gremio de pintores de Delft e dedicouse ao comercio de obras de arte. Inicialmente (1635-1660) inclinouse pola temática relixiosa (Cristo en casa de Marta e María, 1954-1655) e mitolóxica (A alcaiota, 1956; Diana e as ninfas, 1655-1656), que amosan unha certa influencia do Barroco italiano. Realizou escenas da vida cotiá de interiores serenos, cun aire de intemporalidade como A leiteira (1658-1660), Rapaza de azul lendo unha carta (1662-1664), A moza da perla (1665) ou Moza facendo encaixe (1669-1670), e tamén escenas da súa cidade como A rúa de Delft (1657-1658) ou Vista de Delft (1660-1661).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘cereixa’.
-
-
-
Que é da cor do sangue arterial.
-
Cor do espectro solar, que se sitúa nun extremo deste, xunto ao laranxa, e cuxas lonxitudes de onda están comprendidas entre 6.220 e 7.000 Å.
-
-
Aplícase aos revolucionarios e máis especificamente aos militantes socialistas ou do movemento obreiro. Expresión cuñada no s XIX, foi usada a miúdo como sinónimo de comunista, sobre todo polos sectores conservadores ou reaccionarios.
-
Colorante azoico que presenta coloración vermella en medio alcalino. Utilízase para tinguir o algodón, pois foi o primeiro colorante sintético que se empregou para tinguir directamente esta fibra, e en análises químicas serve como indicador ácido-base.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Brazo do Océano Índico que se estende desde o estreito de Bāb al-Mandab ata a península do Sinaí, separando Asia de África, cunha profundidade de 2.600 m e unha extensión de 440.000 km2. Ao N, coa península do Sinaí, forma os golfos de ‘Aqaba e de Suez. Estruturalmente forma parte do gran sistema de fosas tectónicas do Rift Valley, que se estende por África Oriental ata o val do Xordán. Débelle o nome ás manchas vermellas que aparecen en certas épocas na superficie. Foi utilizada polos exipcios como camiño cara ás minas do Sinaí, polos romanos a través do Nilo e polas caravanas desde Alexandría cara a Oriente. O acceso quedou vedado aos europeos ata a conquista de Adén (1839) polos británicos e a abertura do canal de Suez (1869). A tradición bíblica situou alí o episodio do paso polo Mar Vermello, que atravesaron a pé e sen se mollar algunhas tribos israelitas guiadas por Moisés, a quen se atribuíu o poder de abrir as súas augas ao saír de Exipto (éxodo) e que se pecharon...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sông Nhi Ha.
-
-
-
Que é dunha cor vermella moi viva.
-
Cor vermella moi viva.
-
-
Colorante vermello altamente tóxico, composto por pos de cinabrio de cor escarlata, insolubles en auga, e que subliman a 583° C. Emprégase en medicina e como pigmento.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos vermétidos.
-
Gasterópodo da familia dos vermétidos.
-
Familia de gasterópodos prosobranquios á que pertencen as especies do xénero Vermetus, todas de cuncha tubular cunha espiral enrolada, que lles fai semellantes a algúns poliquetos serpúlidos, e con abertura da cuncha, circular e pechada por un opérculo redondo. Viven adheridos ás rochas do litoral dos mares cálidos e temperados.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Cultivou o ensaio, a crítica, a novela e a investigación literaria e artística. Influíu na vida cultural de Flandres e publicou Kritiek der Vlaamsche Beweging (1895), De wandelende Jood (1906) e Twee vrienden (1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘verme’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao medicamento que se emprega para a destrución dos vermes parasitos intestinais do home e dos animais.
-
-
vermiforme.
-
Que ten vermes ou os cría.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
pan de paxaro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato hidratado de magnesio, de fórmula Mg3Si4O10 (OH)2·XH2O, que cristaliza no sistema monoclínico. Pertence ao subgrupo dos filosilicatos, ten unha dureza de 1,5, unha densidade de 2,4, e presenta unha cor amarelenta. Se se quenta rapidamente ata 250-300°C dilátase moito e adquire forma de verme. Emprégase como illante na construción e, mesturada con cemento e xeso, para facer formigón lixeiro e argamasa.
-
-
Relativo ou pertencente aos vermídeo.
-
Animal do grupo dos vermídeos.
-
Grupo heteroxéneo de animais que teñen en común unicamente a súa semellanza aos vermes. Este grupo inclúe, entre outros, os ectoproctos, os braquiópodos, os gastrotricos ou os quinorrincos.
-