"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Nome con que é coñecida a revolta popular de signo antimilitarista e anticlerical que estalou en Barcelona en xullo de 1909. A súa orixe inmediata foi a oposición ao relanzamento da campaña colonial marroquí. O embarque de tropas comezou en Barcelona o 11 de xullo, e nos días seguintes producíronse manifestacións antibelicistas e incidentes no porto e nas rúas. O luns 26 as forzas obreiras convocaron a folga xeral contra a guerra, e a violencia desatouse. A protesta desbordou o comité de folga e tomou un cariz insurreccional non previsto. A revolta, carente de orientación política, foi canalizada cara ao incendio de igrexas e conventos, fronte á pasividade do exército. A falta de apoio exterior dos sublevados, a chegada de novas forzas militares e o deterioro interno da revolta cambiaron o signo da loita, e o luns 2 de agosto a normalidade era completa. A represión foi moi forte e arbitraria, con case 2.000 procesados polas xurisdicións civil e militar, e esta última ditou numerosas penas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Evento anual organizado pola Asociación Ferial Semana Verde de Galicia desde 1978, que ten lugar en Silleda, co obxectivo de dinamizar os recursos agroalimentarios galegos, sendo un escaparate para novos mercados. Desde 1998 realízase no Recinto Feira Internacional de Galicia onde hai foros de debate, concursos, poxas e presentación de novidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma de abonamento do salario ou paga que a empresa abona ao traballador por semanas, sexa por traballo feito ou por horas de traballo

    2. Importe da semanada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que acontece unha vez á semana.

    2. Que dura unha semana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Vigo a partir do 29 de abril de 1823. Cesou ese mesmo ano. Promovido pola Xunta de Galicia, constituída na Coruña, apareceu grazas ao establecemento dos primeiros obradoiros en Vigo, propiedade de Pascual Arza. O xornal, primeiro da cidade, saíu os martes, impreso a dúas columnas, co obxectivo de fortalecer o espírito constitucional e progresista na cidade. Desapareceu co restablecemento da monarquía absolutista, tras a intervención dos Cen Mil Fillos de San Luís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Publicación periódica semanal ilustrada de carácter informativo sobre diversos temas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Santiago de Compostela a partir de 1838. Cesou ese mesmo ano (nº27). Subtitulouse “Periódico de Agricultura, Ciencias Naturales y Artes dedicado a la Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago y publicado bajo su inmediata protección”. Fundado e dirixido por Xosé Mª Gil Rey, foi a primeira publicación ilustrada en Galicia. Xunto a artigos de física, agricultura ou historia natural, incluíu litografías con debuxos de Ramón Gil Rey, o que foi posible ao editarse nos obradoiros de Xosé Núñez Castaño, un dos introdutores desta técnica en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado na Coruña a partir do 2 de agosto de 1809. Cesou en setembro de 1810 (nº57). Fundado e dirixido por Manuel Pardo de Andrade, constaba das seccións de política, historia -redactada polo director-, e literatura, en que incluíu narracións dos feitos acontecidos en Galicia na guerra contra os franceses. O seu obxectivo foi manter vivo o espírito de resistencia fronte á invasión e salvagardar a cultura galega. De tendencia progresista e demócrata, traballou pola difusión do pensamento liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo semang.

    2. Individuo do pobo semang.

    3. Pobo de raza negra da península de Malacca que practica o nomadismo e vive da caza e da pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade significativa mínima con significado léxico común ás palabras da mesma familia léxica, que non presenta morfemas gramaticais. Por exemplo, cant- é o semantema de cantar, cantable e cante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da semiótica que estuda os significados. A semántica moderna, que arrincou de F. de Saussure coa súa teoría do signo lingüístico, tentou atopar procedementos estritamente lingüísticos e formalmente obxectivables para unha estruturación dos significados. Unha teoría lóxica do significado (L. Hjelmslev, E. Coseriu, K. Baldinger, B. Pottier) intenta descubrir unidades semánticas mínimas ou trazos semanticamente pertinentes que constitúen os significados dos signos. Os intentos de estruturación semántica vinculados coa lingüística xenerativa (J. J. Katz, J. A. Fodor) móvense tamén na liña da teoría lóxica do significado. Unha teoría contextual na liña da investigación filolóxica (A. Meillet), afirma que o significado dun signo se define pola media entre os seus usos lingüísticos ou, noutras palabras, que unha unidade léxica non ten significado, senón só usos. Unha teoría situacional, de carácter psicolóxico condutista (L. Bloomfield), afirma que o significado dun signo é a situación en...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á significación das palabras.

    2. Área cuberta, dentro do dominio da significación, por unha palabra ou un grupo de palabras dunha lingua.

    3. Modificación da significación dunha palabra por desprazamento da relación entre significante, significado e referente por causas diversas (históricas, lingüísticas, sociais, psicolóxicas). Recibe o nome de contracción cando hai unha transición dun significado xeral a un específico; o de expansión cando hai un tránsito dun significado específico a un xeral; e o de translación cando os dous significados se ven implicados por unha relación de veciñanza entre os designados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica ao estudo da semántica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Xava Central, Indonesia, situada na costa N, na desembocadura do Kali Baru (1.366.500 h [1996]). Destacan as industrias navais, mecánicas, téxtiles e do tabaco e calzado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten case a mesma aparencia, as mesmas calidades ou as mesmas características que algo ou alguén.

    2. Aplícase aos termos alxébricos que conteñen as mesmas letras afectadas polos mesmos expoñentes.

      1. Aplícase ás dúas figuras xeométricas entre as que hai unha semellanza.

      2. Aplícase a dous polígonos que, tendo ángulos iguais, teñen os lados proporcionais.

    3. Pondera a intensidade, o tamaño ou a cantidade.

    4. Persoa ou cousa da mesma especie que outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de semellante.

    2. Aquilo que fai que unha cousa sexa semellante a outra.

    3. Transformación xeométrica T de O en O tal que a distancia entre as imaxes de dous puntos calquera é igual á distancia entre estes dous puntos multiplicada por unha cantidade constante positiva denominada razón da semellanza. Dúas figuras denomínanse semellantes se hai unha semellanza que transforma unha na outra. As semellanzas conservan a forma das figuras, pero cambian a magnitude, ancheándoa ou reducíndoa segundo a razón sexa respectivamente meirande ou menor que 1. As semellanzas de razón 1 chámanse isometrías ou movementos ríxidos. As homotecias son exemplos típicos de semellanzas. As semellanzas que conservan a orientación chámanse directas ou propias, e as que a cambian chámanse indirectas ou impropias. Toda semellanza ten un punto fixo, denominado centro de semellanza.

    4. Correspondencia entre os efectos causados por todas as forzas que actúan sobre o modelo de laboratorio e os causados por todas as forzas correspondentes que actuarían sobre o modelo a escala real.

    5. teoría de modelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrutura alxébrica dun conxunto onde están definidas dúas operacións asociativas, das que unha é distributiva respecto da outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de medio anel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina teolóxica trinitaria que intentaba opoñer ao homoousios de Nicea un arianismo mitigado, centrado na palabra homoousios para indicar que o Fillo era dunha natureza semellante á do Pai, aínda que non houbo nunca unanimidade na formulación desta semellanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Articulación intermedia entre fricativa e vogal que se produce durante a emisión do primeiro membro pechado dun ditongo. Compórtase como unha rápida transición entre un estado de máxima pechazón e outro de máxima abertura, que se corresponde coa vogal que forma o núcleo do ditongo silábico; por exemplo, [j] en piano [‘pjano].

    VER O DETALLE DO TERMO