"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
-
Acción e efecto de propiciar.
-
Acto con que se tenta acougar a ira de Deus ou dos deuses e de conciliar o seu favor.
-
Sacificio que se ofrecía na lei antiga para aplacar a xustiza divina e ter a Deus propicio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen propicia.
-
-
Aplacar a ira de alguén gañando a súa benevolencia.
-
Favorecer a existencia ou a realización de algo.
-
-
-
Que ten a capacidade de facer algo propicio ou favorable.
-
Tampa cadrada de ouro macizo que cubría a arca da alianza, nos extremos da cal estaban colocadas cara a cara as figuras dos dous querubíns.
-
Templo, santos, imaxes e reliquias por medio das que se acadaban as grazas e mercedes de Deus.
-
aso sagrado no que se ofrecen sacrificios a Deus.
-
reclinatorio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é favorable, adecuado ou tendente a algo.
-
-
-
Parte dun corpo ou dunha superficie que avulta ou sobresae.
-
apófise.
-
protuberancia anular
Parte intermedia entre o bulbo, os pedúnculos cerebrais e o cerebelo. Ocupa a parte anterior e superior da fosa cranial inferior, entre o cerebelo e a canle basilar. OBS: Tamén se denomina protuberancia cerebral ou nó do encéfalo.
-
-
Fonte de gas que se orixina na cromosfera solar e que se propaga dentro da coroa ata alcanzar alturas de varios milleiros de quilómetros. Clasifícanse en eruptivas, son bastante brillantes e fórmanse nas rexións das manchas solares, e a súa altura pode chegar a ser duns 40.000 km; e quiescentes, tamén denominadas filamentos, menos brillantes, desenvólvense lentamente e poden durar menos, e a súa altura é aproximadamente de 75.000 km.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orixe dalgunha cousa.
-
-
Disposición ou medida tomada por adiantado en vista dunha necesidade futura ou posible ou para evitar algo.
-
-
Previsión e coidado que Deus ten do proceso do mundo e, particularmente, da existencia dos homes, incluída a súa liberdade, en virtude da súa sabedoría e da súa vontade amorosa, que omnipotentemente o soporta e condiciona todo. O concepto relaciónase co problema da predestinación, cuxas interpretacións fatalistas non son senón reflexo da que pode ser interpretación incorrecta do providencialismo.
-
Deus mesmo, como providente.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á providencia divina.
-
Que acontece no momento máis necesario ou oportuno.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que afirma que todo sucede por disposición da providencia divina.
-
-
Relativo ou pertencente ao providencialismo.
-
Partidario do providencialismo.
-
-
-
-
Unidade administrativa de primeiro grao propia de moitos estados, entre outros, Arxentina, Bélxica, Costa Rica, Cuba, República Dominicana, Ecuador, Panamá ou Italia. Equivale a outros termos autóctonos doutros estados, como Finlandia (lääni), Irán (ostān), Iraq (muḥāfaẓa) ou Mongolia (ajmag).
-
División administrativa de segunda orde de España. Na lexislación de réxime local española vén definida como unha entidade local determinada pola agrupación de municipios, con personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins. Ademais tamén se define como división administrativa do Estado para a satisfacción doutros fins, entre eles o de servir de circunscrición electoral. O Tribunal Constitucional, ademais, aplicoulle o concepto de garantía institucional que, tomado da doutrina xermánica, protéxea de xeito especial, como se se tratase dun ente básico no organigrama institucional do Estado e no que as comunidades autónomas non poden inferir nun núcleo esencial e irredutible de competencias e funcionalidade. Pero, a provincia, é contestada e cuestionada, sobre todo nas nacionalidades históricas, que a consideran un ente artificial, ahistórico, difícil de asimilar nun estado descentralizado como é o da Constitución de 1978 e necesitado de revisión e reformulación...
-
Territorrio do Imperio Romano conquistado fóra de Italia e gobernado por un pretor. A partir do s I distinguiuse entre a provincia senatorial ou proconsular, rexión pacificada que o Senado administraba por medio dun procónsul; e a provincia imperial, rexión non pacificada gobernada por un pretor designado polo emperador. O proceso de subdivisión iniciado por Dominicano e Traxano acentuouse con Diocleciano, que dividiu o imperio en dioceses, e con Constantino. Internamente dividíase en conventos.
-
Conxunto de mosteiros ou conventos de cada unha das ordes relixiosas que ocupan un territorio determinado e que depende dun mesmo superior ou provincial.
-
Antigo xulgado dos alcaldes de corte que estaba separado da sala criminal e que servía para coñecer os preitos e as dependencias civís.
-
provincia eclesiástica
Circunscrición territorial eclesiástica, a máis ampla das existentes, constituída por un grupo de dioceses, territorialmente contiguas, denominadas sufragáneas. Está administrada por un arcebispo ou metropolitano, normalmente o da sede máis antiga ou máis importante. España organízase nas provincias de Barcelona, Burgos, Granada, Madrid, Mérida-Badajoz, Oviedo, Pamplona, Santiago de Compostela (integrada polas dioceses de Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Ourense e Tui-Vigo), Sevilla, Tarragona, Toledo, València, Valladolid e Zaragoza.
-
provincia relixiosa
Circunscrición territorial propia de moitas ordes e congregacións relixiosas, meirandes ca as divisións administrativas internas dos estados.
-
-
División fitoxeográfica inferior á rexión, na que abundan os endemismos a nivel de xénero e especie.
-
Rexión natural, a miúdo difícil de distinguir, onde as rochas correspondentes a determinados ciclos de actividade ígnea se caracterizan individual e colectivamente pola súa composición química e mineralóxica, a textura e a estrutura, a xénese, as alteracións, os fenómenos metamórficos e todo o que indique comunidade de orixe e analoxía de evolución.
-
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Pontevedra a partir do 4 de febreiro de 1917. Cesou en 1922. Subtitulado “Semanario popular independente”. Fundado e dirixido por Luciano del Río, Valentín Paz Andrade foi o xefe de redacción. Entre abril e xullo de 1917 saíu dúas veces á semana. Informaba sobre literatura, arte, turismo, agricultura, industria, comercio e socioloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Lugo durante a década de 1920. Cesou non antes de 1928. Dirixido por Nilo Fernández Castro, contou coa colaboración de Ánxel Fole, que publicou nel o seu primeiro artigo, con motivo do terceiro centenario da morte de Góngora.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Cartas provinciais Nome con que se coñece o libro de B. Pascal Provinciais ou Cartas escritas por Luis de Montalto a un provincial amigo seu e aos RR.PP. xesuítas sobre a moral e a política destes padres, publicado en 1656-1657. Estaba dirixido contra os xesuítas durante a disputa cos xansenistas. Considerouse como un dos modelos máis prezados da lingua francesa.
-
-
Relativo ou pertencente á provincia.
-
Que ou quen exerce a potestade sobre unha provincia relixiosa.
-
Cidadáns das provincias do Imperio Romano.
-
-
-
Dignidade ou cargo de provincial.
-
Época e duración do goberno dun ou dunha provincial.
-
Conxunto de provinciais.
-
-
-
Afección ou preferencia polos usos ou costumes da provincia.
-
Exaltación da afección política á provincia.
-
Doutrina que propugna as prerrogativas políticas da provincia fronte ao poder central do estado. Propio do federalismo e do anarquismo, tamén os rexionalistas e nacionalistas o consideraron un primeiro paso histórico para a afirmación da propia autonomía. En Galicia comprende, aproximadamente, o período de 1840 a 1885, no que se defenderon as prerrogativas políticas de Galicia, entendida esta como unha unidade política diferenciada, o antigo Reino de Galicia, fronte ao poder central do estado liberal. Na primeira fase do provincialismo destacaron os membros da chamada Xeración do 46: A. Faraldo Asorey, A. Romero Ortiz, P. Rodríguez Terrazo e F. Añón Paz, entre outros, que tiñan como ideal o republicanismo federal. A renovación xeracional desenvolveu nas décadas de 1850 e 1860 un segundo provincialismo, caracterizado polo rexurdimento literario, que culminou coas obras de Rosalía de Castro, E. Pondal e M. Curros Enríquez e polo desenvolvemento teórico e ideolóxico do movemento, no que destacaron...
-
Xiro ou palabra propio dunha provincia.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao provincialismo.
-
Partidario do provincialismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento previo para a xestión directa de servizos públicos provinciais de natureza económica, mercantil ou industrial. Pode efectuarse en réxime de libre concorrencia ou de monopolio.