"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Relativo ou pertencente a Sevilla ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Sevilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • igo 31.1.1942 - Pontevedra 31.7.1994) Pintor, fillo de Ánxel Sevillano García. Iniciou a súa formación na Escola de Artes e Oficios onde tivo como mestre a Luís Torras e estudou belas artes en València e Madrid. Foi bolseiro da Deputación de Pontevedra e tivo unha bolsa de paisaxe en El Paular. Profesor de debuxo de ensino medio, instalouse en Vigo ata que na década de 1980 se trasladou a Venezuela e, ao seu regreso, instalouse en Vilagarcía de Arousa. Nos seus inicios cultivou a paisaxe de raíz expresionista, en que dominaban os verdes e negros, para despois realizar unha figuración con cadros protagonizados por unha multitude de personaxes en escenas da vida cotiá. Empregou a liña grosa que marca os contornos e unha paleta de cores cálidas que, despois da estancia en América, volveuse máis intensa ao tempo que incorporou unha tipoloxía autóctona. Nas súas últimas obras introduciu os ouros e as pratas. Realizou tamén bodegóns, en que empregou gamas de terras, ocres e azuis, e mobles aos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Foi subdirector de El Pueblo Gallego, onde en moitas ocasións asinaba os seus artigos como Vicus, director da revista Grial e do Anuario de Vigo, redactor xefe da Hoja del Lunes e colaborador de Vida Gallega. Escribiu os libros de poemas O muíño albeiro (1935), O amor, o mar, o vento e outros gozos (1938), Terra liñar (1947) e As dornas da preguiza (1963). Como narrador publicou o libro de relatos Historias do canizo (1979) e a novela Doutor Famiano (1988). Foi membro correspondente da Real Academia Galega e recibiu o Premio Nacional de Periodismo Octubre (1943), o Gran Premio de Vigo de Cinematografía (1960) e o Premio Ciudad de Vigo (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manufactura real de porcelana fundada en Vincennes en 1738, trasladada a Sèvres en 1756 e nacionalizada por Luís XV en 1860. Baixo a dirección de J. J. Bachelier iniciou unha valiosa produción orixinal, con porcelanas decorativas deseñadas por Duplessis con escenas galantes e de xénero, e figuriñas en biscoito modeladas por E. M. Falconet. En 1781 introduciu os temas clásicos. A Convención converteu a manufactura en establecemento nacional (1793).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Transilvania (1581-1596 e 1601-1602), fillo e sucesor, por elección, do príncipe Cristóforo I. En 1596, despois de ser recoñecido príncipe herdeiro de Transilvania (1594) polo emperador, cedeulle o principado, pero, arrepentido, volveu sacar adiante o trono axudado polos turcos, e cedeulle a coroa definitivamente ao emperador en 1602.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Borgoña. Sendo ariano converteuse á ortodoxia cristiá, feito polo que os seus súbditos o destronaron. Nos últimos anos levou vida de penitencia e meditación, arrepentido por lle dar morte ao seu fillo, cando se rebelara contra el. En 524 foi asasinado por Clodomiro. A súa festividade celébrase o 1 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino da constelación do Sextante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte do círculo contida en 60°que se corresponde coa sexta parte.

    2. Instrumento provisto dun limbo graduado e de dous espellos, un móbil e outro fixo, feito que permite medir a altura dun astro desde un barco ou desde un avión. O sextante mariño consta dun bastidor cun limbo graduado, na parte inferior, que alcanza un arco de 60° ou de 80°. A alidada xira ao redor dun eixe que pasa polo centro dunha circunferencia, que ten un limbo como arco, e leva no seu extremo un nonio que se despraza sobre a graduación do limbo. Perpendicularmente ao plano deste último hai dous espellos; un M, fixado na alidada e o outro, m, fixado no bastidor. Enfronte deste último espello e collida ao outro lado do bastidor, hai unha pequena lente, u. Unha variedade deste instrumento é o sextante de avión, dunha precisión moi inferior á do sextante mariño.

    3. Antiga moeda de bronce correspondente á sexta parte dun enteiro, composta de doce unidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación austral situada entre León, Copa e Hidra femia. Contén 34 estrelas visibles a simple vista, a principal delas, á−Sextantis, ten unha magnitude visual de 4,5 e está situada a unha distancia de 270 anos luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa. De nome Anne Gray Harvey, o seu temperamento depresivo e a obsesión pola morte levárona ao suicidio. A súa obra expresa a súa angustia existencial e achégase á poesía confesional de R. Lowell ou Silvia Plath. Destacan To Bedlam and Part Way Back (1960) e The Death Notebooks (1974). Obtivo o Premio Pulitzer de Poesía (1967) con Live or Die (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Turquía, o máis importante da costa meridional con 500 km de lonxitude. Nace no Antitauro e desemboca no Mediterráneo despois de pasar pola cidade de Adana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre inglés, II conde de Hertford (1750). Foi embaixador en Francia (1763-1765), lord lugartenente de Irlanda (1765-1766) e lord camarlengo da corte (1766-1782). En 1793 foi nomeado conde de Yarmouth e marqués de Hertford.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico italiano, fillo de Francisco I de Milán e de Blanca Maria Visconti. Bispo administrador de Pavia (1479-1505), foi nomeado cardeal diácono por Sisto IV (1484). Tamén foi bispo de Novara (1484-1485 e 1503-1505) e administrador dos bispados de Cremona (1486-1505) e Pesaro (1488-1491). A súa intervención no conclave de 1492 foi decisiva para a elección de Alexandre VI, que o nomeou vicechanceler da Igrexa e legado en Boloña. Á morte de Alexandre VI, apoiou a candidatura de Xulio II no conclave de 1503.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico, fillo de Bosio (II), conde de Santa Fiora e de Cotignola, e de Constanza, filla de Alessandro Farnese (Paulo III). Foi bispo de Montefiascone-Corneto (1528-1548), de Parma (1535-1560), camarlengo da Igrexa (1537), legado en Boloña (1537-1538) e Hungría (1540) e administrador dos bispados de Narni (1537-1538) e Chiusi (1538). Foi un dos cardeais do partido imperial no conclave de 1550, en que saíu elixido Xulio III. Como hispanófilo, foi encarcerado por Paulo IV en 1555, pero en 1557 interveu na paz entre este e o duque de Alba, que se apoderara de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sheng de China, na rexión do Noroeste (205.600 km2; 35.050.000 h [2000]). A súa capital é Xi’an. O sector meridional é accidentado polas serras Daba Shan e Qin Ling Shan, no setentrional álzase unha penechaira cuberta de loess e o central está ocupado polo val do río Wei He. Ao S o clima é subtropical e ao N continental seco. A agricultura concéntrase no val do Wei He.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político británico, primeiro conde de Shaftesbury. Durante a guerra civil (1642-1649), comezou loitando a favor do rei, pero en 1644 abandonou a causa realista e pasouse ao Parlamento. Acabada a guerra, converteuse en home de confianza de O. Cromwell. Cara a 1660 pasouse á causa da restauración e foi membro do consello privado de Carlos II de Inglaterra, que o ennobreceu e o fixo lord chanceler (1672).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e político. Elaborou unha moral natural que excluía toda sanción extrínseca dos actos humanos e propugnou unha felicidade feita de bo humor, contraposta ao entusiamo e ao fanatismo. Das súas obras destacan An Inquiri Concerning Virtue (1699), The Sociable Enthusiast (1705) e Soliloquy, or Advice to an Author (1710).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Uttar Pradēsh, India, situada ao N de Lucknow (237.663 h [1991]). Ten industrias alimentarias e téxtiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a W. Shakespeare e á súa obra.

    2. Especialista na vida ou obra de W. Shakespeare.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo shan ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo shan.

    3. Pobo do grupo tai, orixinario de Nanzhao (Yunnan), que se estableceu ao NL de Birmania despois de que Khublai Khan destruíse o reino (1253). No s XVI, ante o novo estado Toungoo, conservaron certa independencia, que se converteu nunha débil autonomía cando os británicos ocuparon o país (1885). Coa promesa da independencia, uníronse ao novo estado de Myanmar (1947), pero privóuselles do dereito á autodeterminación e terminaron por constituír o estado Shan dentro da Unión de Myanmar (1948).

    4. Lingua do grupo tai-kadai do phylum áustrico que fala o pobo shan e nalgúns lugares de China e Tailandia.

    VER O DETALLE DO TERMO