"Bra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1231.
-
PERSOEIRO
Matemático e astrónomo indio. Traballou no observatorio de Ujjaen. No seu libro Brāhmasphu ṭ asiddhānta aplicou métodos matemáticos á Astronomía e estudiou a resolución de ecuacións determinadas e indeterminadas de primeiro e de segundo grao.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
A área do cuadrilátero de lados de lonxitudes a, b, c e d é:
FORMULAS:
= Ö(p-a) (p-b) (p-c) (p-d) onde p = 1/2 (a+b+c+d)
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
[sánscr: brāhman]
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concepto fundamental da metafísica do Hinduísmo co que se designa o Absoluto. Inicialmente designaba pregaria, himno, fórmula máxica e coñecemento sagrado, e chegou a ser un principio cósmico absoluto e universal identificado co paramaātman; converteuse na única realidade, centro de especulación dos Upanishad, obxecto de meditación e fin do progreso intelectual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de obras en prosa que constitúen unha serie de comentarios e ampliacións dos Vedas. Escritos entre o 700 e o 600 a C, conteñen comentarios dos himnos védicos, coa descrición dos rituais dos sacrificios e pregarias. Servían de guía para o ritual dos brahmáns. Deron lugar a unha corrente postvédica, caracterizada por unha evolución cara ao ritualismo e relacionada cun crecemento do poder sacerdotal. Son os escritos en prosa máis antigos dunha lingua indoeuropea, aínda que non teñen mérito literario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos brahmáns ou ás súas doutrinas ou cultos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filosofía e sistema relixioso da India. O termo foi empregado polos primeiros viaxeiros e misioneiros europeos para expresar a influencia da caste sacerdotal dos brahmáns sobre a sociedade. Erroneamente, o termo foi utilizado en Occidente co significado de Hinduísmo. É a relixión de toda a rexión ocupada polos arios. As fontes do Brahmanismo están nos libros sagrados da India: Vedas, textos do coñecemento; Scruti ou textos da revelación; Samhita, colección de himnos; Brahmanas, textos de contido litúrxico ou mitolóxico; e os Upanishad, de carácter filosófico. Os deuses (deva) están xerarquizados; tres deles ocupan lugar preeminente: Brahmā, divindade suprema, pai de todos os deuses, xunto con Visnú e Siva, forman a trimurti ou trindade sagrada. Estes deuses residen no ceo ou no cumio dunha montaña inaccesible (Kailasa, Meru) e o seu comportamento é semellante ao dos homes. O punto esencial da súa filosofía é a...
-
CIDADES
Cidade do estado de Orissa (India) situada a 14 km da badía de Bengala, ao L dos Ghats orientais, entre a cidade de Cuttack e Vishakhapatnam, no Golfo de Bengala (210.585 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río da Asia Meridional. Nace no Tibet (China), nos glaciares da vertente N do Himalaia co nome de Tsangpo. O seu curso adopta nun principio unha dirección O-L, paralela ao eixo axial da cordilleira, que atravesa virando cara ao S ao chegar ás Mishmi Hills, na fronteira chinesa co estado de Arunachal Pradesh, na India. No estado de Assam, tamén na India, unha vez superado o Himalaia, vira de rumbo cara ao O. Aí recibe o nome de Dibāng, e despois na confluencia do Luhit, cámbiao polo de Brahmaputra. Atravesa o estado de Assam e entra en Bangladesh onde vira de novo cara ao S e se une ao Ganxes preto de Dacca. Desemboca no Golfo de Bengala formando un delta enorme, que constitúe unha das áreas máis densamente poboadas do planeta. O seu curso ten un percorrido total de 2.900 km de lonxitude. Drena unha conca de 939.000 km2 de superficie, que chegan a 1.125.000 km2 se se considera tamén a rede do Ganxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escritura empregada dende antes do s III a C ata o s V d C para diversas linguas do noroeste da India. Deriva probablemente dalgún alfabeto sudsemítico. Distínguese polo sentido da escritura que vai de esquerda a dereita, e polo feito de sinalar as vocais. Deu lugar á maioría dos alfabetos actuais da India e do sueste de Asia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento relixioso de reforma creado en Calcuta en 1828 por Ram Mohan Roy. Parte da idea de que todas as relixións son iguais esencialmente e aspiran a unha relixión sincretista que recolla os elementos básicos do Hinduísmo, do Islam e do Cristianismo. Os seus membros cren nun deus supremo e persoal, na inmortalidade da alma e defenden a necesidade dun culto público. En 1886 tivo lugar unha ruptura entre os conservadores, que intentaban un regreso ao Hinduísmo, e os progresistas, que continuaron a política de reforma social.
-
PERSOEIRO
Compositor. Recibiu os primeiros coñecementos musicais da man do seu pai, e posteriormente ampliounos con Eduard Marxsen no campo da teoría e composición. Traballou en Detmold e instalouse en Hamburgo, compaxinando a súa faceta como pianista coa dirección dun coro feminino (1859). En 1863 trasladouse a Viena onde foi director da Singakademie (1863-1864) e dos Gesellschaftskonzerte vieneses (1972-1873). A súa consagración definitiva como compositor foi en 1868 coa estrea do Réquiem alemán e coa Cuarta Sinfonía (1885). Buscou os modelos das súas obras en Bach ou Schütz, e nos polifonistas do s XVI. Deste xeito, a súa música, que nos seus tempos puido pasar pola expresión dunha actitude artística reaccionaria, ofreceu unha mostra sorprendente de harmonía entre a forma clásica e o pathos romántico. A súa música ten distintos acentos; en primeiro lugar, unha vea intimista e cordial manifestada nos lieder e obras para piano; en segundo lugar, unha vea popular,...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos brahuis ou a súa lingua.
-
Individuo da confederación de tribos dos brahui.
-
Confederación de tribos do Baluchistán central e oriental (uns 275.000 individuos). De características físicas semellantes aos baluchis e aos pathans, son fundamentalmente pastores nómades de cabras, organizados en 23 tribos tributarias do khan brahui de Qalāt. A confederación agrupa tamén minorías doutros pobos indíxenas.
-
Lingua falada polos brahuis. Escríbese con caracteres árabes e pertence á familia dravídica.
-
-
PERSOEIRO
Cirurxián e oftalmólogo inglés. Foi un dos primeiros en practicar a hipnose con finalidade terapéutica (braidismo) e en describir os fenómenos buscando unha explicación dende un punto de vista psicofisiolóxico. Publicou Neurohypnology, or the rational of nervous sleep considered in relation with animal magnetism (Neurohipnoloxía ou o sono racional dos nervios considerado en relación co magnetismo animal, 1843) e The power of the mind over the body (O poder da mente sobre o corpo).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prehistoriador e arqueólogo. Especializado no Pre-neolítico e Neolítico do Oriente Próximo, onde escavou, entre outros, o poboado de Jarmo. É autor da teoría das zonas nucleares para explicar a aparición e o desenvolvemento da economía da produción, a agricultura e a gandería. Entre as súas publicacións destacan The Near East and the Foundations for Civilisation (O Oriente Próximo e os fundamentos da civilización, 1952), Curses to Urban life (Maldicións para a vida urbana, 1962) e The Cultures Bases in the Domestication of Plants and Animals (As bases culturais na domesticación de plantas e animais, 1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de escritura e lectura, ideado por Louis Braille para invidentes, baseado nun código de puntos en relevo marcados sobre o papel que os cegos poden interpretar mediante o tacto.
-
PERSOEIRO
Educador francés. Cego dende os tres anos, foi alumno e profesor (1828) do Institut des Aveugles, de París. Tomando como base a sonografía Barbier, inventou un método de escritura feito por medio de impresións en relevo sobre láminas, que permite un tipo de lectura analítica e táctil á velocidade de 125 a 175 palabras por minuto. O sistema Braille foi aceptado como oficial no 1854 no Institut des Aveugles e, no 1878, no Congreso Internacional de París como un sistema universal de ensino para cegos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista inglés. Promoveu o grupo Angry Young Men. O heroe da súa primeira novela, Room at the Top (Habitación nas alturas, 1957), é o perfecto rapaz irado. Esta obra alcanzou un grande éxito coa súa sucesora Life at the Top (Vida nas alturas, 1962). Entre as súas últimas obras destacan Finger of Fire (Dedo de lume, 1977) e The Two of Us (Dous de nós, 1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de asesores que rodeou a Roosevelt en 1932 cando foi gobernador de Nova York, candidato á Presidencia e Presidente electo. Contribuíron á elaboración política do New Deal. Estaba composto por Ray Mole, Rex Tugwell e Adolf Berle. O concepto, ‘trust dos cerebros’, aplícase actualmente a calquera grupo de conselleiros económicos ou políticos que asesoran a un partido ou administración pública. No Reino Unido designou os expertos que respondían ás preguntas do público, especialmente os da BBC que durante a Segunda Guerra Mundial participaban nas emisións de radio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica do mundo do marketing, que consiste na acumulación e posterior elaboración e síntese das ideas orixinadas por unha asociación libre e espontánea, ao redor dun núcleo temático. Estas ideas xorden dun equipo de persoas reunidas. É un método eficiente, especialmente para a busca de slogans, para a mellora de certas técnicas de venda. Pódese aplicar a outros campos, por exemplo aos procesos de elaboración de decisións.