"Cis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1012.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade epidémica do gando, que ataca especialmente ao porco, e que lle produce fortes diarreas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de trapo, atada cun fío nas puntas e que contén carbón no seu interior, empregada para pintar sobre unha chapa que, á súa vez, se aplica ao papel ou lugar no que se quere debuxar.
-
CIDADES
Cidade prerromana do litoral de Catalunya, de dubidosa situación. O seu nome relacionouse co de Cesse, que figura nas inscricións das moedas ibéricas, citadas polos historiadores romanos durante a segunda Guerra Púnica. No ano 218 a C, pouco despois do desembarco romano en Empúries, o xeneral Cneo Cornelio Escipión derrotou nesta cidade as forzas cartaxinesas dirixidas por Hanno.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘vexiga’. Ex: cisticerco, cistoflaxelado. OBS: Tamén se emprega como sufixo coa forma -cisto. Ex: cnidocisto, nematocisto.
-
-
Cofre de bronce empregado na Antigüidade clásica para realizar ofrendas.
-
Anta de planta rectangular, formada por chantas dispostas verticalmente e cubertas con laxes horizontais, que lle dan forma de cofre. Apareceron cara ao final do Megalitismo e tanto os seus enxovais como a súa estrutura amosan indicios dunha evolución cara ao enterramento individual. As mostras máis significativas son os túmulos 229 de Veiga dos Mouros e 245 de Veiga de Vilavella, nas Pontes de García Rodríguez, e a de Atios, no Porriño.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás cistáceas.
-
Planta da familia das cistáceas.
-
Familia de plantas da orde das violais á que pertencen os xéneros Cistus, Fumana, Halimiocistus, Halimium, Helianthemum e Xolantha.
-
-
-
-
Produción patolóxica en forma de bolsa pechada provista dunha membrana e con contido líquido ou semilíquido, que se desenvolve en diversos lugares do organismo debido á alteración dos tecidos.
-
quiste dental
Quiste formado na raíz das enxivas, nun dente que falta, en forma de masa adherente.
-
quiste dermoide
Quiste en que as paredes teñen os trazos da pel normal e contén produtos de secreción das glándulas pilosebáceas e sudoríparas, ou incluso formacións de orixe epidérmica.
-
quiste hidatídico
Quiste formado polo crecemento dunha larva da tenia do xénero Echinococcus. Localízase preferentemente no fígado e no pulmón.
-
quiste óseo
Quiste localizado na metáfise dos ósos longos de individuos novos.
-
quiste ovárico
Saco tumoral cheo de líquido ou dun material semisólido que se desenvolve sobre ou dentro do ovario.
-
quiste renal
Quiste que se desenvolve no seo do tecido renal sen comunicación coas vías excretoras.
-
quiste sebáceo
Quiste subepidérmico formado pola acumulación dos produtos de secreción dunha glándula sebácea.
-
-
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos fósiles da suborde dos dicinodontos, de ata 33 cm de lonxitude, coa cabeza grosa, o corpo curto e as patas anteriores anchas. Vivía baixo terra alimentándose de insectos, gasterópodos e miñocas. Os xacementos principais están en Sudáfrica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aminoácido non esencial, polar, sen carga, que contén un grupo mercapto. En contacto co aire oxídase facilmente e dá disulfuro de cistina. A súa biosíntese ten lugar a partir da metionina, que pasa pola homocisteína e pola cistationina para separarse finalmente en cisteína e homoserina.
-
ENTRADA LARGA
Orde monástica nacida da reforma da orde beneditina realizada por san Roberto de Molesme, na abadía de Cîteaux, preto de Dijon, e difundida por san Bernaldo de Claraval.
VER O DETALLE DO TERMO
Orixe e evolución da orde
En Cîteaux instaláronse un grupo de monxes de Molesme dirixidos polo abade Roberto que non estaban de acordo coa relaxación da norma beneditina. O 21 de marzo de 1098 fundouse o primeiro mosteiro da nova orde. Os tres primeiros abades, san Roberto (1098-1099), san Alberico (1099-1109) e santo Estevo Harding (1109-1133) están recoñecidos como santos fundadores. Santo Estevo Harding recibiu do Papa Pascual II o Privilegium Romanum que permitía o desenvolvemento do mosteiro sen temor á intervención señorial ou episcopal. Este mesmo abade escribiu en 1119 a Charta caritatis (Carta da caridade), un documento directivo da orde xunto coa estrita observancia da regra de san Bieito. Estableceuse a pobreza absoluta e a austeridade como normas fundamentais, así como... -
-
Relativo ou pertencente á orde do Císter. Ex: No Camiño de Santiago atopámonos cun grupo de monxes cistercienses.
-
Monxe da orde do Císter.
-
Estilo arquitectónico difundido pola orde cisterciense nos ss XII e XIII, que marcou a transición entre o románico e o gótico. A característica principal é a austeridade, introducida por san Bernaldo. En tempos do abade santo Estevo Harding, os manuscritos de Cîteaux tiñan moita iluminación; sen embargo, en 1134, coincidindo coa maior influencia de san Bernaldo, o cabido xeral mandou que as letras capitais fosen dunha soa cor. O espírito de austeridade maniféstase na prohibición das representacións figuradas e na adopción de motivos xeométricos nas vidreiras. Tamén no canto gregoriano san Bernaldo empobreceu a obra realizada por santo Estevo Harding. Mesmo estableceu que os mosteiros deberían situarse en lugares afastados de poboacións ou castelos. A arquitectura cisterciense é simple e austera, e emprega como material básico a pedra. As igrexas seguiron maioritariamente o modelo adoptado por san Bernaldo, aínda que non é o único. En xeral, adoptouse a planta cruciforme con tres naves no...
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de temática relixiosa que se editou no mosteiro de Oseira entre 1949 e 1951. Os monxes cistercienses encargáronse da súa dirección e redacción. Contén as seccións “Efemérides”, “Flores del Císter”, “Bibliografía” e “Necrología” e está ilustrada con fotografías dos membros da orde. Considérase a sucesora da revista La Voz del Císter, que editou a mesma orde entre 1928 e 1936. Distribuíase por todos os mosteiros cistercienses de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Depósito subterráneo, destinado a conter líquidos, xeralmente auga procedente da chuvia.
-
Depósito de auga dun inodoro. Ex: A cisterna do váter xa se volveu avariar, bota a auga por fóra.
-
Tanque de gran tamaño que posúen certos vehículos para transportar líquidos ou gases. Ex: Vai ao volante dun camión cisterna que contén mercadorías perigosas.
-
Espacio situado na base do cerebro onde se concentra abundante líquido cefalorraquídeo.
-
Dilatación localizada na parte alta e profunda do abdome que dá orixe ao conduto torácico que transporta a linfa á pelve, ás extremidades inferiores e ás arterias intestinais.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado ao SL de Valladolid e drenado polo Pisuerga (2.488 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
cist(i/o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado larval do ciclo evolutivo da tenia e doutros cestodos, posterior á oncosfera e anterior ao individuo adulto. Represéntase por unha pequena vesícula, de poucos milímetros, que se aloxa no tecido muscular do porco e orixina a triquinose. O cisticerco queda, neste estado, envolto por unha cuberta de tecido conxuntivo. A súa membrana interna invaxínase e forma o escólex. O ciclo evolutivo continúa se o anaco infectado resulta inxerido, en estado cru ou pouco cociñado, por un humano ou por outro hóspede axeitado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parasitose humana producida polas larvas da tenia do porco (Taenia solium) ou da tenia da vaca (Taenia saginata). Prodúcese por autoinfección ou, máis frecuentemente, por contaminación fecal dos alimentos. Cando os ovos chegan á porción inicial do intestino delgado, saen as larvas, que atravesan a parede intestinal, disemínanse polo sangue e fíxanse especialmente na pel, nos músculos, no cerebro e nos ollos.
-
-
-
Relativo ou pertencente á vesícula biliar.
-
conducto cístico
ía biliar que se estende da vesícula da bile cara á extremidade inferior do conduto hepático. Os condutos cístico e hepático únense e forman o conduto colédoco, que vai parar ao duodeno.
-
-
Relativo ou pertencente á vexiga.
-
Relativo ou pertencente ao quiste.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos sílvidos ao que pertence o picaxuncos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hifa estéril, hialina, unicelular, claviforme ou fusiforme, ás veces con cristais de oxalato cálcico, que se atopa no himenio de moitos fungos agaricais.