"Das" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 542.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operacións militares en Filipinas durante a Segunda Guerra Mundial. A ofensiva xaponesa (10 de decembro de 1941) obrigou a McArthur a abandonar as illas (marzo de 1942) e á rendición dos últimos continxentes norteamericanos en Bataan e Corregidor. A resistencia das guerrillas impediu o control total das Filipinas polos invasores. O contraataque aliado reconquistou o arquipélago e liberou Manila (4 de febreiro de 1945).
-
IGREXAS
Igrexa situada en Fisterra na aba do monte de San Guillerme. Construída a finais do s XII ou principios do s XIII en estilo románico, orixinariamente tiña unha soa nave e unha capela maior de planta rectangular. A nave está dividida en catro tramos por tres arcos apuntados; a cuberta é de madeira. Posteriormente, abriuse unha porta lateral no terceiro tramo e engadíronse as capelas: a finais do s XIV construíronse a capela maior e a de Santa Lucía, cubertas con bóveda de crucería; a do Rosario de estilo plateresco; as de san Miguel e as Angustias no primeiro tramo; e a do Santo Cristo, de finais do s XVII ou principios do s XVIII e na que se venera a imaxe do Cristo da Barba Dourada, cun tramo cuadrangular, formado por cruz grega con cúpula con lanterna, e un segundo tramo rectangular que comunica coa nave, cun arco decorado cunha tripla moldura cóncava, e co exterior por unha porta arquitrabada. Construíuse tamén unha sancristía á beira do altar maior e unha torre cuadrangular aos pés...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo constituído en 1969 dentro da Organización das Nacións Unidas. O seu obxectivo é financiar tecnicamente as políticas demográficas dos países en desenvolvemento. O seu financiamento provén das contribucións voluntarias dos estados e os seus programas son levados a cabo por estes, por outros organismos da ONU e por ONGs. Seguindo as metas e directrices formuladas na Conferencia Internacional de Poboación e Desenvolvemento (CIPD) de 1994, traballa en tres grandes programas: saúde reprodutiva, incluíndo a planificación familiar e a saúde sexual; estratexias de poboación e desenvolvemento, por medio da axuda na recolleita de datos e na realización de investigacións prácticas en materia de política de poboación; e promoción, coa defensa e promoción dos obxectivos da CIPD referidos aos servicios e dereitos produtivos, á prolongación da esperanza de vida, á redución da mortaldade infantil e materna, á redución da diferenza de escolarización entre nenos e nenas, ao fortalecemento da capacidade...
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Chandrexa de Queixa baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que serve de límite á parroquia de Santa Comba de Carnota (concello de Carnota) coas de Serres e Sestaio (concello de Muros). O seu cumio acada os 474 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río da vertente atlántica, que desemboca na beira meridional da ría de Cedeira. Nace na parroquia de Labacengos (Moeche). O seu curso adopta unha dirección SL-NO coa que penetra nas parroquias de Abade e San Xoán de Moeche, para penetrar despois no concello de San Sadurniño pola parroquia de Bardaos e, despois de virar cara ao N, no concello de Valdoviño pola parroquia de Vilaboa. Encorado pola presa augas abaixo, o encoro das Forcadas serve de límite ás parroquias de Vilaboa e Loira. Superada a presa, o seu curso baixo discorre entre Pantín e Vilarrube, onde desemboca despois dun percorrido duns 20 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei das Dúas Sicilias (1825-1830) e duque de Calabria (1817-1825), fillo de Fernando I e de María Carolina de Austria. Nomeado rexente de Sicilia en 1812, dotou á illa dunha constitución de carácter liberal na que se outorgaba o poder lexislativo a unha Cámara de Notables e a unha Cámara de Comúns. En 1816 o seu pai aboliu a Constitución e retirouno do poder. Trala revolta dos carbonarios, volveu ao poder como vicario xeral en 1820 e restableceu a Constitución, que foi suprimida un ano máis tarde por causa da intervención austríaca. Volveu ser rei en 1825 e trala Revolta de Cliento (1827) deixou o goberno en mans dos seus ministros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei das Dúas Sicilias (1859-1860), fillo de Fernando II. Non puido impedir que Garibaldi ocupase Sicilia e Nápoles en 1860. Capitulou e refuxiose en Roma ata que se exiliou.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expedición militar que dirixiu Xulio César durante o proconsulado para conquistar a Galia entre o 58 a C e o 51 a C. Durante a campaña derrotou os xermanos de Ariovisto e logo os pobos belgas e os armoricanos. Despois de conquistar o NO, os romanos derrotaron as tribos de Gran Bretaña que axudaban aos galos menapios. No 53 a C os galos, encabezados por Vercinxetórix, subleváronse contra os exércitos romanos e ocuparon diversas rexións. Despois de cercar as tropas galas en Alesia derrotounas (51 a C) e apoderouse de todo o territorio. César escribiu a obra De bello gallico (A Guerra das Galias) onde recollía os datos destas expedicións militares.
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Coñecido como Il Buranello, foi primeiro mestre de capela en San Marcos de Venecia e destacou como autor de música sacra, óperas, oratorios e sonatas para clavecín. Colaborador do libretista Carlo Goldoni, da súa produción destaca a ópera bufa Il filosofo di campagna (1754).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da serra do Faro que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Santa Baia de Camba e Fafián (Rodeiro) coa de Argozón (Chantada). O seu cumio acada os 1.078 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e pensador hindú. Coñecido co título de mahatma, estudiou dereito no University College de Londres e exerceu como avogado en Bombai. En 1893 aceptou un contrato de traballo en Sudáfrica, onde permaneceu durante 21 anos e iniciou un movemento de non violencia en defensa dos dereitos dos hindús emigrados, denominado satyagraha (‘abrazo da verdade’). En 1915 regresou á India e converteuse en líder do movemento en favor do autogoberno (swaraj), acompañou os seus postulados de resistencia pasiva cun sistema de vida ascético e de confraternización coas clases baixas. Entre 1921-1932 o Congreso Nacional Indio outorgoulle a autoridade executiva. Levou a cabo diversas campañas de desobediencia civil que lle supuxeron períodos de cárcere; na súa estancia en prisión en 1932 protagonizou una folga de fame co obxecto de erradicar a inxustiza social e económica do sistema de castes. Malia á súa oposición inicial, aceptou a separación de India e Paquistán cando se acadou...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oficial da chancelería que custodiaba os selos reais.
-
PERSOEIRO
Político. Foi un dos fundadores do Partido Radical Socialista e ministro de Industria e Comercio co goberno de Martínez Barrio (1933). Durante a Guerra Civil foi embaixador do goberno republicano en México e Cuba e ocupou o cargo de presidente do consello de goberno da República no exilio (1951-1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Miguel de Oia (Vigo). Está moi remodelada. Conserva un muro de peche con ameas e capela unida polo interior que presenta escudos, entre eles un alusivo á Inquisición.
-
MUNICIPIOS
Municipio do Principado de Asturias, na comarca do Alto Navia, á beira do río Navia (1.271 h [2001]). Localízase á beira do camiño asturiano de peregrinación a Santiago. En 1945 comezaron as obras de construción do encoro de Salime, que, inaugurado en 1954, asulagou a vila homónima, capital do concello desde 1836 ata daquela.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València (5.414 h [2001]). Ten agricultura (laranxas e hortalizas), gandería bovina e industrias de preparación de froita. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Sant Vicent (s XVIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aparato que se emprega para levantar ou mover grandes pesos, provisto dun gancho ou culler suspendido dun cable. Consiste, fundamentalmente, nunha estrutura metálica provista dun torno de tracción en que se enrola o cable que eleva a carga. A estrutura é xeralmente móbil e ten un brazo ou pluma xiratorio, ríxido ou articulado, polo extremo do que pasa o cable de elevación. Na construción emprégase o guindastre torre, constituído por unha torre metálica, fixa ou montada sobre carrís, cun brazo horizontal xiratorio polo que corre un carro que porta os mecanismos de elevación da carga. O guindastre ponte, consiste nunha estrutura metálica horizontal que corre por un raíl suspendido a certa altura e provisto, tamén, dun carro cos mecanismos elevadores. Cando a estrutura do guindastre está apoiada sobre pés, e estes ao mesmo tempo sobre raís, denomínase guindastre pórtico.
-
Vehículo automóbil provisto dun guindastre para remolcar a outros vehículos.
-
Aparato provisto dun brazo longo mecánico en que vai fixada unha plataforma para colocar nela unha cámara, permitindo unha gran variedade de movementos, tanto horizontais como verticais.
-
-
PERSOEIRO
Escritor estadounidense. Creador da novela negra, escribiu nun estilo conciso e directo obras nas que trataba os aspectos máis violentos da sociedade norteamericana. En 1929 publicou Red Harvest e The Dain Curse. Tamén destaca The Maltese Falcon (1930), levada ao cine por J. Huston (1941), e The Glass Key (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alta presión de orixe dinámica situada ao NO do Oceáno Pacífico, sobre o arquipélago das Hawaii.