"Lac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 769.

    1. Acción e efecto de fabular.

    2. Creación imaxinaria propia de psicóticos e histéricos. É delirante cando a imaxinación xira ao redor dun tema principal, e amnésica cando inventa lembranzas dun período pasado, no que houbo amnesia lacunar, para encher esa lagoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás faláceas.

    2. Fungo da familia das faláceas.

    3. Familia de cogomelos saprofíticos caracterizada por presentar cogomelos de aspecto fálico e cheiro desagradable. Engloba fungos que reciben as denominacións populares de caralláns e caralletes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de falaz.

    2. Cousa que engana ou conduce a erro.

    3. Erro no razoamento, na dedución ou na conclusión extraída da información coa que se conta. Nos razoamentos cotiás distínguense, entre outras, as seguintes falacias: a petición de principio, que se comete cando no razoamento se parte da conclusión como algo incuestionable antes de ofrecer os argumentos; a falacia por ambigüidade, que se produce cando non se definen ben os termos da discusión, de xeito que calquera conclusión feble pode ser tomada por verdadeira; a falacia ad hominem, que se produce cando no curso dunha discusión se ataca a persoa e non os argumentos que se están presentando; e a falacia da evidencia, que se comete cando se afirma que algo é verdadeiro porque non hai evidencia da súa falsidade ou é imposible demostrar o contrario. Ás veces utilízase o termo como equivalente de sofisma, no sentido de argumento aparente ou argumento que non é, en realidade, un argumento. Na historia da filosofía concedéuselle moita importancia á falacia...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos falacrocorácidos.

    2. Ave da familia dos falacrocorácidos.

    3. Familia de aves á que pertencen os corvos mariños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritora. Destacou coas súas primeiras entrevistas a personaxes importantes do mundo da política e da cultura, e fíxose popular coas súas reportaxes publicadas en toda a prensa mundial. Da súa produción cómpre salientar I sette peccati di Hollywood (Os sete pecados de Hollywood, 1959), Penelope alla guerra (Penélope na guerra, 1962), Lettera a un bambino mai nato (Carta a un neno que nunca naceu, 1975), Un uomo (Un home, 1979) Insciallah (1990) e La rabbia e l orgoglio (A rabia e o orgullo, 2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palacios que mandou construír Alexandre Farnese en Roma e Caprarola. O romano iniciouno Sangallo o Mozo (1514), continuono Michelangelo (1546) e finalizouno Giacomo della Porta (1580); foi decorado polos Carraci. O palacio de Caprarola realizouno A. Vignola.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disposición en fascículos.

    2. Contracción involuntaria de diversas fibras musculares que son innervadas por un único filamento nervioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás fabáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, irmán de Bieito Xerome Feijoo. Autor de dúas glosas, unha en castelán e outra en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Excitación bucal do pene.

    2. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘morte’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. O seu pai, Andrés Fernández Montero, coñecido como Ollos mouros, e o seu avó, coñecido como Guinchote, foron escultores. Formouse baixo a liña de Xoán Antonio García de Bouzas. En 1794, pensionado polo conde de Gimonde, ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, onde coincidiu co seu irmán Tomé, tamén pintor. Foi profesor de debuxo na Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago (1806-1809). A súa obra é mostra do eclecticismo neoclasicista mesturado coas pervivencias barrocas. Antes de 1794 realizou, entre outras obras, a pintura do retablo de Nosa Señora das Dores en Santa María a Real de Conxo. Tralo breve paso pola academia, instalouse en Santiago, onde desenvolveu a fase de madurez da súa pintura (1794-1815) coas decoracións das novas igrexas de San Bieito do Campo e da Capela Xeral das Ánimas. Estas obras caracterizáronse pola presenza dun gran número de personaxes, realizadas a gran tamaño, cunhas composicións baseadas na diagonal coa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora, filla de Xulio Antón Fernánez Argüelles. Coñecida como Coco Argüelles, formouse co seu pai e co pintor Juan Luis e no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Na súa obra, de carácter intimista, predomina o debuxo. Cultivou a paisaxe e as escenas de interiores. Aínda que a súa obra é figurativa, en ocasións achégase á abstracción. Os seus traballos foron seleccionados, entre outras mostras, na VI Bienal de Pontevedra (1982), no Premio Concello de Cambre (1985 e 1987), na I Mostra Unión Fenosa (1989), 33 artistas con Amnistía Internacional (1991) e na Exposición Homenaxe Laureano Álvarez (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trastorno que consiste na contracción espasmódica, independente, espontánea e local das fibras musculares.

    2. Arritmia cardíaca ocasionada pola produción continua e caótica de impulsos eléctricos no interior das paredes das aurículas, que se ven incapaces de contraerse adecuadamente. Algúns destes impulsos chegan ata os ventrículos nos que determinan unha contracción totalmente arrítmica; deste xeito, prodúcese unha arritmia completa.

    3. Arritmia cardíaca ocasionada pola produción desorganizada de impulsos eléctricos no interior das paredes dos ventrículos, que son incapaces de contraerse adecuadamente. A falta de contracción ventricular equivale a un paro cardíaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Amuleto que se usaba antigamente.

    2. Cada unha das dúas bandas de pergameo con inscricións da Toráh que, dende o exilio, os xudeus colocan na fronte e no brazo esquerdo nas oracións da mañá dos días non festivos.

    3. Fita empregada polos artistas medievais e renacentistas para comunicar ao espectador o texto dito por un dos personaxes representados. Foron moi usados en temas como os da Anunciación. Son un antecedente da forma de expresión do texto dos cómicos e das fotonovelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos filactolemados.

    2. Briozoo da clase dos filactolemados.

    3. Clase de ectoproctos que presentan o lofóforo en forma de ferradura, provista de tentáculos. Forman colonias homomorfas que no caso dalgunhas especies teñen capacidade de movemento. O xénero máis representativo é Plumatella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto austríaco. Formouse en Roma con Carlo Fontana e ao regresar a Austria, despois dunha etapa borrominesca, definiu un barroco clásico. Das súas obras destaca a Karlskirche de Viena (1716-1729). Foi autor de Entwurf einer historischen architektur (Fundamentos dunha historia da arquitectura, 1721). O seu fillo Joseph Emmanuel Fischer von Erlach (Viena 1693-1742) continuou as súas obras, entre outras, a Hofbibliotethek de Viena, e construíu obras propias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás fitolacáceas.

    2. Planta da familia das fitolacáceas.

    3. Familia de plantas, pertencente á superorde das cariofilais. Presenta follas alternas, flores, as máis das veces unisexuais, pouco vistosas, de cinco tépalos, e ovario súpero de 5 ou 10 carpelos; e froitos en cápsula, aquenio ou baga. A esta familia pertencen o ombú e a Phytolacca americana, denominada comunmente como herba carmín, que está presente en Galicia como naturalizada, en lugares despexados e bordos de camiños, e que durante un tempo se cultivaba para empregar os froitos como colorante do viño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de flabelar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de fláccido.

    2. Ausencia de tonicidade da musculatura dun membro ou dunha parte do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é brando, falto de consistencia ou de forza.

    VER O DETALLE DO TERMO