"Nan" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1411.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación patronal fundada en 1977 que representa a maior parte do sector educativo privado de España dos niveis non universitarios. Está integrada por asociacións e federacións que, á súa vez, están constituídas por uns 5.000 centros, a maioría non confesionais, de distintos niveis e modalidades. Conta con federacións e asociacións espalladas por todas as provincias e existe unha representación autonómica das mesmas. Forma docentes e directivos, especialmente a través do Instituto de Técnicas Educativas (ITE), e publica a revista mensual Actualidad Docente (cun suplemento de información europea, Actualidad Europea), ademais de libros e documentos. Tamén integra as seguintes asociacións e federacións sectoriais: Asociación Estatal de Centros de Enseñanzas Musicales (AECAM), Federación de Escuelas de Música y Centros no reglados de Enseñanzas Musicales del Estado Español (FEM), Asociación Nacional de Escuelas de Turismo (ANESTUR), Asociación Nacional de Centros de Peluquería...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao territorio que limita con outro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen conglutina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano consultivo de participación institucional e de asesoramento do Consello da Xunta de Galicia en materia de Formación Profesional Regulada e Ocupacional, adscrito á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Decreto 348/1990, do 22 de xuño, e modificado polo Decreto 223/1994, do 7 de xullo). Entre as súas competencias, cómpre destacar as seguintes: propoñer accións para mellorar a orientación profesional; realizar a elaboración, seguimento e actuacións do programa galego de ensinanzas técnico-profesionais; emitir informes sobre os proxectos e plans de estudios e propoñer novas titulacións e certificacións de profesionalidade en materia de formación profesional ocupacional; avaliar as iniciativas e propostas dos axentes sociais implicados na actividade laboral; propoñer os criterios de homologación dos centros colaboradores na formación profesional ocupacional; e emitir informes e avaliar os concertos e convenios que asinen as diferentes consellerías en materia de formación...
-
-
Calidade dun intervalo ou dun acorde que produce un efecto de afirmación e repouso por mor da fusión dos sons que o constitúen. Trátase dun concepto relativo que variou ao longo dos séculos. Para os pitagóricos, avaliábase segundo as relacións numéricas entre as lonxitudes dos sons que as constitúen. Segundo a harmonía tradicional, a orde de perfección decrecente das consonancias é a oitava, única consonancia absoluta, a quinta e a súa inversión (a cuarta xusta), a terceira maior, a terceira menor, a sexta maior, a sexta menor, etc.
-
Calidade das cousas que se combinan entre si con conformidade ou que gardan correspondencia lóxica.
-
Repetición dos mesmos sons vocálicos e consonánticos a partir da última vocal tónica dun grupo de dúas ou máis palabras. Nos textos en verso, dá lugar á rima consonante, mentres que na prosa o efecto se consegue mediante a reiteración sistemática de certos sons, que buscan incidir nunha idea ou marcar unhas determinadas contraposicións de elementos. Xunto coa asonancia, modelo de rima que tan só repite os sons vocálicos a partir da ultima vogal tónica, o seu cultivo remóntase á literatura latina, principalmente medieval.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se caracteriza pola repetición de todos os seus sons a partir da última vogal acentuada.
-
-
Relativo ou pertencente á consonancia.
-
Relativo ou pertencente ás consoantes.
-
Aplícase ao fonema que posúe as características dunha consoante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema organizado de consoantes nunha lingua dada. Segundo as teorías de Jakobson, este termo designa o conxunto de oposicións consonánticas primarias (como /p/-/k/) que aparecen nas primeiras manifestacións lingüísticas de todos os falantes. Tamén se denomina consonantismo mínimo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de consonantizarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mudar en consoante unha vogal ou unha semivocal.
-
-
Que contamina.
-
-
Substancia estraña ou que se dá en exceso nun organismo, nun ecosistema, etc. Poden clasificarse segundo diversos criterios: pola súa procedencia (naturais ou sintéticos); pola súa degradabilidade e pola súa natureza (química, orgánica, acústica, térmica, etc).
-
contaminante de alimentos
Produto químico (metal, insecticida, elemento radioactivo, etc) ou material biolóxico (microorganismos, animais, etc) que se incorpora accidentalmente a un produto alimentario durante a colleita, o transporte, o proceso de transformación ou o de almacenamento.
-
contaminante precursor
Contaminante atmosférico primario que dá lugar, xeralmente por unha transformación fotoquímica, a un contaminante secundario.
-
contaminante primario
Contaminante que conserva a estrutura do momento de ser emitido.
-
contaminante secundario
Contaminante resultante das reaccións espontáneas que sufriron un ou varios contaminantes primarios.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Efecto fónico que se produce cando nunha rima se manteñen os sons consonánticos e se cambian as vocais tónicas, átonas, ou ambas as dúas. Pode ser simple, se a identidade entre as consonantes se limita ás situadas en posición postónica; ou dobre, se coinciden tanto na posición anterior como na posterior á vogal tónica. Na tradición poética moderna considérase un medio de enlace entre versos ou un recurso para incrementar a variedade estilística, que posibilita a creación de paronomasias.
-
GALICIA
Compositor e director de bandas militares. Realizou estudios musicais con Rafael Salazar e foi músico do rexemento de Castela na campaña de Marrocos (1859-1860). Recibiu o título de Cabaleiro da Orde de Carlos III e a Medalla de Honor da Guerra de África.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que coordina, especialmente aplicado ás conxuncións que unen oracións mediante coordinación.
-
PERSOEIRO
Bioquímico. Estudiou medicina na German University de Praga, centro no que se doutorou en 1920. Dous anos despois emigrou a EE UU xunto coa súa muller, Gerty Theresa Cori. Entre os traballos que realizaron conxuntamente, cómpre destacar o estudo das reaccións enzimáticas que acompañan a conversión do glicóxeno muscular en glicosa, ácido pirúvico e ácido lácteo (ciclo de Cori), o dos efectos das hormonas na actividade enzimática e o illamento da α-D-glicosa-1-fosfato (éster de Cori). En 1947 compartiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía coa súa muller e con B. A. Houssay polos traballos sobre o metabolismo dos glícidos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten os cornos moi longos.
-
Aplícase á persoa que é obstinada e teimosa.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ás cornanas.
-
Planta da superorde das cornanas.
-
Superorde de plantas da subclase das dilénidas que engloba as ordes das cornais e das ericais.
-
-
GALICIA
Médico e xornalista. Licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1888 e doutorouse en Madrid ao ano seguinte. Exerceu como médico en Furís, na súa terra natal, e posteriormente en Lugo. Colaborou cos xornais El Lucense, La Idea Moderna e El Regional, e a partir de 1900 fundou e dirixiu El Monitor de Becerreá. Escribiu tamén artigos médicos para as publicacións El Siglo Médico e El Diario Médico-Farmacéutico. Publicou, entre outras obras: Los contrastes de la vida (1888), Topografía médica de la provincia de Lugo (1891), Estudio médico de los insectos nocivos al hombre (1894), Los pecados y vicios capitales en el concepto médico, social y religioso (1898), El contagio de la tisis (1899), Historia fin de siglo (1902) e La poesía popular en Galicia. Colección de cantares en variedad de metros (1906). Foi académico correspondente da Real Academia de Medicina...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Marqués de Mos, conde de Villanueva de San Bernardo e vizconde do Pegullal. Foi membro da orde militar de Alcántara, cabaleiro de Carlos III, mordomo maior de Carlos IV e administrador do estado de Lemos.
VER O DETALLE DO TERMO