"llo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1518.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boullosa.
-
PERSOEIRO
Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e profesora da mesma universidade. Traballa en temas relacionados coa lingua e a toponimia. Publicou: Contribución ao estudo do léxico de Valentín Lamas Carvajal (1986) e doutorouse coa tese Contribución ao estudo da antroponimia medieval galega (séculos VIII-XIII) (1993). Ten participado en volumes colectivos como Estudios dedicados a Celso Emilio Ferreiro (1992), Guía bibliográfica da lingüística galega (1996), Homenaxe a Pilar Vázquez Cuesta (1996) e Homenaxe a Ramón Lorenzo (1998), entre outros moitos. Ademais participou na elaboración do Dicionario normativo galego-castelán (1988), Vocabulario comercial básico (1988), Dicionario escolar galego (1990), Léxico administrativo castelán-galego (1991) e do Dicionario dos nomes galegos (1992). Colaboradora nas revistas Verba e Cadernos da Lingua...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe toponímica. Este topónimo, que semella ser un derivado formado a partir do latín bulla ‘burbulla’, fai referencia a terreos nos que nacen mananciais a cachón. A mesma orixe ten o apelido Boullón, tamén de orixe toponímica.
-
Liñaxe que leva como armas: en campo de sinople, tres castañas de ouro, ben ordenadas; bordo de ouro con dúas espadas de sable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado rupestre localizado na Cerrada de Chaveira, na aba sur do monte Fontenla, na parroquia de Santa Mariña das Fragas (Campo Lameiro). O conxunto, formado por cérvidos, antropomorfos, combinacións circulares e outros motivos xeométricos e unha serpe, constitúe un dos mellores petroglifos da arte rupestre galega. Está gravado sobre un bloque de granito de gran fino de 10 m de longo por 8,5 m de largo. Topograficamente está dividido en tres sectores de diferente altura, sendo o máis alto o central. No sector occidental atópanse diversos motivos xeométricos: cruciformes, combinacións circulares e deseños lineais sinxelos. O conxunto central é o máis abundante en gravados, entre os que salienta a figura dun cérvido, realizado con dúas liñas e estilizado na parte anterior, unido a unha combinación de tres círculos concéntricos cortados por un radio que se prolonga cara ao exterior; sobre este grupo atópase unha escena de caza ou pastoreo composta por unha figura antropomorfa de grande esquematismo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia de pintores e gravadores parisienses dos ss XVII e XVIII. Louis Boulongne o Vello (París 1609 - 1674), estudiou en Roma e foi un dos fundadores da Académie. O seu fillo, Bon Boulongne o Maior (París 1649 - 1717), decorou as capelas de san Xerome e santo Ambrosio, na igrexa dos Inválidos de París. Louis de Boulongne o Novo (París 1654 - 1733), foi director da Académie e primeiro pintor do rei. Traballou no palacio de Versailles. As súas irmás, Geneviéve Boulongne (1645-1708?) e Madelaine Boulongne (1646-1709?), tamén cultivaron a pintura e foron membros da Académie.
-
-
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Fundou e dirixiu a revista La Estrella Galaica, onde publicou relatos en galego como “Xan Canitrote”, e poesías en galego e en castelán, moitas veces baixo os pseudónimos Magdalena de Monteblanco ou Gonzalo. Despois dunha estadía en Huelva (1898), regresou a Galicia e dirixiu os semanarios os El Faro de las Rías (1909), La Opinión (1912) e El Pueblo e colaborou en varios xornais (La Integridad, Gaceta de Galicia, Crónica Carrileña, etc). Participou na celebración do Centenario da Guerra da Independencia co poema “Aos héroes da Arousa”. O seu poema “Esperanzas” acadou o premio dos Xogos Florais lugueses (1900) e “Plegaria” foi premiado polo Ateneo de Sevilla (1908). Deixou varios libros inéditos, entre eles un poemario galego-castelán titulado Hojas Secas. A súa novela curta La Torre de Miadelo empezou a publicarse na Crónica Carrileña e os seus relatos Nubes...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Abandonou os estudios de teoloxía polos de dereito. Entre 1833 e 1835 foi fiscal da Audiencia de Cáceres. En 1835 creou o Boletín de jurisprudencia. Afiliado ao partido moderado, foi deputado no 1837. Participou en moitos dos gobernos de Narváez, foi ministro de Gracia e Xustiza no 1847 e de Comercio, Instrución e Obras Públicas entre 1847 e 1849, e en 1849 de Finanzas, cargo dende o que intentou nivelar os orzamentos e ordenar a débeda pública. En 1851 presidiu o consello de ministros. Negociou o concordato coa Santa Sé no 1853. En 1852 tentou impoñer unha nova Constitución de orde ultraconservadora, o que motivou a súa saída do goberno. Foi presidente do Congreso en 1858 e senador a partir de 1863.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Portas baixo a advocación de san Cristovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno mosteiro que estivo situado en Portas e que se converteu en priorado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo multilateral asinado en París o 27 de agosto de 1928 polo que se renunciaba ao recurso da guerra como medio para resolver os conflitos internacionais. Asinado polos representantes de 15 nacións, conseguiu a adhesión doutros 54 estados ata finais de 1929. O documento foi promovido e elaborado polo secretario de Estado para Asuntos Exteriores de EE UU, Frank Billings Kellog, e polo ministro de Asuntos Exteriores francés, Aristide Briand. O pacto non cumpriu os obxectivos previstos, dado que non conseguiu evitar os conflitos que se sucederon na década dos trinta e que culminaron co descrédito total tralo estoupido da Segunda Guerra Mundial.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Pai dos tamén actores Beau e Jeff Bridges, triunfou na televisión na década dos setenta. Traballou en numerosos westerns e películas cómicas. Entre as súas interpretacións destacan: The Lone Wolf takes a Chance (O lobo perdido ten sorte, 1941), She’s a Soldier too (Ela tamén é un soldado, 1944), A Walk in the Sun (Un paseo baixo o sol, 1945), Airplane (Aterriza como poidas, 1980), Hot shots (1991) e Blown away (Voar polos aires, 1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Luz que despide un corpo.
-
Que posúe unhas calidades admirables.
-
-
Dispositivo das pantallas dos ordenadores empregado para facelas máis ou menos luminosas.
-
Filtro de programas de manipulación fotográfica que ten o mesmo efecto que xirar o mando dun televisor ou dun monitor de ordenador; aclara ou ben escurece a zona completa á que se aplica. O brillo pode estar combinado co filtro de contraste, posto que os dous atributos aféctanse entre si.
-
Control de aplicacións dispoñible normalmente cos escáneres e usado para axustar a luz normal da imaxe.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Difusión da luz causada por un fluído transparente, na que a lonxitude de onda difundida é lixeiramente diferente da incidente. Como resultado deste efecto, o espectro da luz difundida presenta, ademais da raia correspondente á frecuencia incidente, un par de raias (par de Brillouin) a ambos os lados desta. O espectro de Brillouin é dunha gran complexidade.
-
-
PERSOEIRO
Físico francés. Profesor na Universidade de París (1928), pasou aos EE UU, onde foi profesor en Harvard e Columbia. Traballou en mecánica estatística, paramagnetismo, propagación de ondas e, especialmente, no estudo da estrutura das bandas de enerxía nos sólidos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Poliedros determinados na rede recíproca dun cristal ao construír os planos perpendiculares aos puntos medios dos vectores que unen un nó desta rede recíproca, que se toma como orixe, co resto de nós. Son de interese na teoría das bandas dos cristais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é moi fraxil ou que ten facilidade para facerse anacos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Brullón.