"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
CAPITAIS
Capital do departamento da Alta Savoia, na rexión administrativa de Ródano-Alpes, Francia, a carón do lago Annency (49.644 h [1990]). Centro industrial e turístico. A cidade, de aspecto medieval e atravesada por canais, está presidida polo castelo dos condes de Xenebra, edificado durante os ss XII ao XIV. Annency converteuse no s X na capital do condado de Genevois ata que foi cedida a Savoia no 1401. Cando a reforma triunfa en Xenebra converteuse en Sé do Bispado de Xenebra (1535-1801). No 1860 foi anexionada a Francia xuntamente con Savoia. Ten a Catedral de San Francisco (s XVI).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Creador de vestiarios e decorados para o cine, de orixe rusa. Chegou a Francia con Chagall e Jean Pougny, despois de dirixir na URSS a popular pantomima A prisión do Palacio de Inverno. Traballou especialmente para Max Ophüls.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico literario ruso. Mantivo correspondencia con Marx. A Pis´ma iz Pariža (Cartas de París, 1847-1848) dá a coñecer as novas correntes ideolóxicas occidentais. Entre os seus estudios críticos destaca Zamečatelnoje des´atiletije (O marabilloso decenio, 1880) sobre a literatura rusa dos anos trinta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta simbolista e dramaturgo ruso. A súa obra de creación, publicada moi tardiamente, caracterízase pola tristura das imaxes simbólicas, de inspiración francesa, ás que engade a paixón do mundo clásico. Ademais da traxedia de tema mitolóxico, escribiu tres volumes de poesía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xefe insurrecto napolitano. Armeiro de oficio, despois da morte de Masaniello, dirixiu a revolta do pobo napolitano contra o dominio hispánico (1647). Confioulle a resistencia aos franceses comandados polo duque de Guisa, quen gobernou autoritariamente. Annese, entón, aliouse cos españois que entraron en Nápoles en abril de 1648. Intentou novamente conseguir a alianza francesa e, por iso, foi executado polos españois en xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome da illa de Pagalu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento retórico de carácter repetitivo que ten a súa orixe en alteracións de carácter fonético que ocasionan, á vez, un xogo semántico que amplía as posibilidades estilísticas do discurso literario. Xa que logo, as variacións que se producen no plano da expresión traen consecuencias inmediatas, de maior ou menor alcance, no plano do contido. A annominatio comprende varios tipos de recursos que se diferencian segundo o tipo de modificación á que se somete a palabra reiterada. A retórica tradicional establece no interior da annominatio unha subdivisión entre a paronomasia, que é o termo reservado para os xogos de palabras que se realizan mediante variacións fónicas non gramaticais (“mando-me-lh’eu que s’enfinga / da mia cinta e x’a cinga”), e aqueloutras figuras nas que a alteración que ten lugar no proceso iterativo é de carácter morfolóxico, pero nunca afecta o significado léxico da palabra repetida. Neste segundo grupo intégranse: a derivatio, baseada na...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deusa romana protectora das colleitas. Tiña como atributos o corno da abundancia, un modio ou medida de gran, un ramo de espigas de trigo, unha áncora, unha proa e un temón dun navío.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores tropicais da familia das anonáceas ao que pertence o chirimoio e o guanábano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Imposto que, na época romana, se aplicaba tanto para o abastecemento de Roma, e máis tarde de Constantinopla (annona civica), como do exército (annona militaris); posteriormente, estendeuse ao mantemento dos funcionarios.
-
-
-
Relativo ou pertencente á annona.
-
lei annonaria
Conxunto de leis e constitucións imperiais que regulaban a percepción do imposto da annona, a administración dos víveres recolleitos e a súa distribución.
-
-
Funcionario do estado romano que tiña coidado da recepción, da administración e a distribución da anonna como autoridade superior. Só había un en Roma e outro en Cartago, tiñan xurisdición civil e penal sobre os subordinados. Constantino dá a estes funcionarios o título de Clarissimus. O prefectus annonae tiña ás súas ordes os oppossitores, coñecidos tamén por annonarii, os mensores, encargados de abastecer os mercados públicos, e os administradores da arca frumentaria, que coidaban da venda a baixo prezo e distribución dos víveres entre os pobres.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar que tivo lugar o 21 de xullo de 1921 na posición de Annual (ou Anouâl), establecida no norte de Marrocos polo xeneral Fernández Silvestre, comandante das tropas españolas, derrotadas no seu precipitado avance cara a Alhucemas polas de ‘Abd al-Karīm. A desorde na retirada facilitou unha matanza de soldados españois e a apropiación por parte dos marroquís da praza de Melilla. A discusión sobre as responsabilidades da derrota de Annual foi unha das causas do Golpe de Estado de Primo de Rivera no 1923.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gabriele D’Annunzio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espectáculo teatral producido e realizado en 1994 pola compañía Chévere a partir dun libreto de Pepe Sendón e con música de Fran Pérez. Inicialmente foi interpretado por Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Fran Pérez, Pepe Sendón, Manuel Cortés, Carlos Santiago e Xron, con acompañamento musical ao piano de Suso Alonso. Recollendo técnicas de interpretación en directo que fixeron populares, entre outros, Les Luthiers ou Golden Apple Quartet, os integrantes de Chévere -coa súa indubidable enerxía creativa- conseguiron converter a historia da iniciación sentimental de Lucas Tamara, príncipe herdeiro do Reino de Galicia, nun divertido, entretido e irreverente espectáculo musical que camiña entremedias da comedia e a opereta. En Galicia acadou un notable éxito de público e crítica e en 1996 recibiu o Premio da Crítica de Barcelona ao mellor espectáculo musical da temporada.
-
-
-
Intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas consecutivas do Sol polo mesmo punto da eclíptica, segundo a hipótese aparente ( xeocentrismo), que corresponde, segundo a hipótese real, á duración dunha revolución da Terra arredor do Sol.
-
ano anomalístico
Intervalo de tempo que transcorre entre dúas pasadas consecutivas do Sol polo perixeo, segundo a hipótese aparente. Equivale a 365,2596 días civís.
-
ano astronómico
Calquera dos intervalos cos que se mide a órbita de traslación da Terra (ano anomalístico, ano sideral, ano trópico) por oposición a ano civil.
-
ano luz
Unidade usada en astronomía que equivale á lonxitude que percorre a luz nun ano. O seu valor é de 9,46 x 10 15 m equivalente a 63.240 unidades astronómicas ou ben a 0,306 parsecs. A pesar do uso estendido do termo ano luz, é máis exacta a utilización do termo unidades astronómicas (u a) ou parsecs.
-
ano natural
O ano solar, en relación coa sucesión das estacións e por oposición a ano civil.
-
ano planetario
Empregado impropiamente por revolución sideral ou período sideral.
-
ano sideral
Intervalo de tempo no que o Sol percorre os 360° da eclíptica ou ben o intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas consecutivas do Sol polo círculo horario dunha mesma estrela. A súa duración é de 365,256 días.
-
ano trópico/solar
Intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas do Sol polo primeiro punto de Aries. Durante este intervalo de tempo o Sol percorre 360° da eclíptica, menos o desprazamento en sentido retrógrado por un observador no hemisferio norte, do primeiro punto de Aries, coñecido por precesión dos equinocios, cun valor que, aínda que non é constante por mor da mutación, é duns 50” ao ano. Se se conta o ano trópico en días verdadeiros, atopamos que ten un día menos que se se conta en días siderais, polo feito de que, ao variar a ascensión recta do Sol 24 h nun ano e percorrer a eclíptica nun sentido directo, durante este intervalo, o Sol pasa polo meridiano do lugar unha vez menos que por Aries.
-
-
-
...

Orificio da fin do tracto dixestivo, sempre contráctil, que se abre ao exterior ou desemboca na cloaca, e a través do cal o animal expulsa os residuos non dixeridos do alimento e outras materias asociadas; nalgúns animais acuáticos tamén ten unha función respiratoria. Téñeno a maioría dos metazoos, agás algúns invertebrados (platihelmintos, cnidarios, ctenóforos, etc).
-
Abertura do intestino feita na parede do abdome de xeito que por esta abertura se expulsan as materias fecais: pode ser accidental cando a abertura é espontánea ou ben artificial cando é cirúrxica.
-
-
-
Cría da ovella ata a idade dun ano.
-
A carne de año sempre gozou de gran reputación pola súa calidade e sabor, que depende dos pastos, da raza e da idade que ten cando se sacrifica, preferíndose os animais máis novos. Ata non hai moito, esta carne era a máis consumida, pois a provisión de carne de porco estaba afectada pola estacionalidade (só nos meses da matanza) e os animais vacúns só se sacrificaban ocasionalmente. En Galicia consómese, sobre todo, guisado no forno, acompañado de chícharos e patacas; é costume que, nalgunhas comarcas, se estree a temporada do año por san Xosé. É un dos pratos máis tradicionais na celebración de festas en Galicia.
-
-
año de Deus
Expresión aplicada por Xoán o Bautista a Xesucristo na súa calidade de víctima inocente.
-
año pascual
No Xudaísmo, año sacrificado o día de Pascua en memoria da liberación do pobo xudeu da súa escravitude no Exipto.
-
año de Deus
-
Figura dun año, xeralmente representada pasante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Políptico que consta de 24 plafóns de madeira pintados ao óleo entre 1426 e 1432 por Jan Van Eyck; mide 370 x 495 cm e consérvase no Sint Baafs de Gante. É a primeira obra de gran formato da Escola Flamenga. O autor puxo ao servizo dunha idea teolóxica certo realismo e unha técnica moi notable no tratamento de efectos lumínicos e da perspectiva aérea.
-