"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Película dirixida por F. W. Murnau en 1922 e protagonizada por Max Schreck e Alexander Granach. Considerada a primeira película de terror do cine mudo, trata o tema do vampirismo baseándose na obra Drácula (1897), de Abraham Stoker.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da nosoloxía que se encarga da clasificación e da descrición das enfermidades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Monterroso. Ten planta en forma de L e a capela está situada a un lado do patio, que conforma o peche en forma de U. Destaca a solaina do primeiro andar, sobre piares que sosteñen o tellado. Conserva o hórreo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de arquitectos expresionistas alemáns que, a finais da Primeira Guerra Mundial, se organizaron coa intención de reconstruír Alemaña despois do desastre. Vinculados activamente ao proceso revolucionario alemán de 1918 e seguindo o exemplo soviético de 1917, intentaron facer unha arquitectura ao servizo do pobo. O fundador foi B. Taut, seguido por H. Poelzig, P. Behrens e H. Scharoun. W. Gropius, F. Ll. Wright e Mies van der Rohe, antes de formular o racionalismo arquitectónico rigoroso, estiveron tamén vinculados ao grupo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento fotográfico que se iniciou na Coruña en 1980 e en que participaron Xosé Abad, Vari Caramés, Xulio Correa, Ángel Flores, Luis Gayol, Xurxo Lobato e Xoán Piñón. O seu obxectivo era revitalizar a vida fotográfica da cidade herculina e de Galicia, e servir como motor da produción creativa. Tras a conformación deste movemento constituíuse a Sociedade Fotográfica Coruñesa, que se fundou o 13 de maio de 1984, e tirouse do prelo a revista fotográfica 40 X 50 (1985), que contribuíu á dinamización do panorama fotográfico galego. A súa primeira exposición tivo lugar na Coruña en 1984 e nela colaboraron, ademais dos membros do movemento, outros fotógrafos como Luis Carré, María Lendoiro e Manuel Vilariño.
-
PERSOEIRO
Monxe e cortesán ruso. Coñecido como Rasputin e como o monxe tolo, levou unha vida aparentemente de asceta e de taumaturgo. En 1905 visitou Peterburgo e introduciuse na corte como home de confianza da Tsarina Alexandra F’odorovna, á que lle fixo crer que podería aliviar as dores do seu fillo e herdeiro á coroa, Aleksej Nikolajevič, que padecía hemofilia. Asumiu o control do goberno, especialmente durante a Primeira Guerra Mundial (1914-1918), cando o Tsar Nicolao II se ausentou para asumir o mando do seu exército. Os seus escándalos e os rumores sobre a súa conspiración a favor de Alemaña, foi algunha das causas do seu asasinato, a mans do grupo de monárquicos formado por Jusupov, Puriškevič e o gran príncipe Dmitrij Pavlovič. Considerouse un dos responsables do descontento popular co tsarismo, réxime que caeu un ano despois, tras a Revolución Rusa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica radiolóxica que se emprega para facer opaco o disco intervertebral mediante un produto de contraste.
-
VER O DETALLE DO TERMO
icerreinado dependente da monarquía hispánica que comprendía o territorio dos actuais estados de Colombia, Ecuador, Venezuela e Panamá e unha parte de Perú e de Brasil. Establecido en 1717, tras a loita pola independencia formouse, en 1819, a República da Gran Colombia, ata que se desintegrou para constituír as Repúblicas de Venezuela (1829), Ecuador (1830) e Nueva Granada (1831), que en 1889 tomou o nome de República de Colombia, da que se separou, en 1903, a República de Panamá.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Descrición sistemática das moedas e das medallas.ƒ
-
PERSOEIRO
Teólogo e pastor luterano sueco. Profesor de teoloxía en Lund (1924-1949), foi bispo desta cidade entre 1949 e 1958. Ecumenista destacado, foi membro do comité central na Asemblea de Amsterdam en 1948 e foi o primeiro presidente da Federación Luterana Mundial (1947-1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación política e cultural fundada na Coruña en 1963 que ten como obxectivos fomentar o estudo da cultura galega e a dos pobos afíns. Desenvolveu unha importante actividade galeguista coa celebración de conferencias impartidas por relevantes intelectuais, cursos de galego, realización de programas de radio e colaboracións en prensa. Así mesmo, destacou o seu activo labor teatral, coa creación do Grupo Independente de Teatro, posteriormente denominado Grupo de Teatro O Facho. En 1972 creou un concurso teatral co obxectivo de axudar ao desenvolvemento dun teatro infantil en galego. Dos seus fundadores e membros históricos destacaron H. Harguindey Banet, Andrés Salgueiro, Leopoldo Rodríguez, López Meneses e Miguel Anxo Fernán-Vello.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de teatro creado na Coruña en 1965 ao abeiro da Agrupación Cultural do mesmo nome, se ben inicialmente recibiu o nome de Grupo Independente de Teatro, vinculado ao movemento das Xuventudes Comunistas. Foi un dos primeiros colectivos teatrais do teatro contemporáneo galego e un viveiro de actores e directores que terían considerable protagonismo na creación das primeiras compañías profesionais. O seu primeiro director foi Manuel Lourenzo, que presentou diversas lecturas dramatizadas a partir de textos de L. Pimentel, A. Castelao ou Celso E. Ferreiro, e os espectáculos O cabalo do cabaleiro (1965), de Carlos Muñiz ou O Señor Bonhome e os incendiarios, de Max Frisch. Dos seus espectáculos posteriores destacan O Santo Grial (1972), de Nina Epton, con dirección de Xosé Manuel Rodríguez Pampín, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1973), sobre o texto de Carlos Casares, O retábulo da peste (1979), con texto de I. Bergman, ou Panchino,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación creada en Lugo en maio de 1987, que se constituíu en fundación en xuño de 1995. Presidida por Jesús Busto Peteiro, entre os seus obxectivos están o de axudar os galegos da emigración, promover a cultura e defender e potenciar a gastronomía de Galicia. Desde a súa creación vén outorgando insignias de ouro e convocando premios, como O Grelo de Ouro, que se concede anualmente, desde 1987, a persoas que destacan polo seu labor en favor de Galicia. Tamén convoca o Premio Literario O Grelo-Amigos de Galicia, o Premio de Poesía Suso Vaamonde, o Premio de Relatos Curtos Daniel Hortas, o Premio de Gastronomía Cociña Tradicional ou o Premio de Repostería Rei das Tartas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Certame organizado pola Fundación O Grelo-Amigos de Galicia desde 1993 co obxectivo de promocionar a publicación de obras en lingua galega. Resultaron premiados autores como Bibiana Amoedo ou Paulo Martínez Lema (1997).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda os océanos. Servíndose da física, a xeoloxía, a bioloxía, a química e as matemáticas, dedícase á exploración das augas e das profundidades mediante os instrumentos de medida e materiais precisos (sonda acústica, fotografía submarina, reflexión sísmica ou escafandros) dos buques oceanográficos e dos batiscafos. Actualmente utiliza tamén sensores remotos situados nos avións ou nos satélites artificiais. Neste sentido, a oceanografía ábrese a novas dimensións, importantes para o futuro da humanidade, xa que pode axudar a localizar xacementos minerais ou a facer predicións de tempo a longo prazo. Proxéctase tamén a obtención dun rendemento enerxético das mareas e das diferenzas de temperatura entre as augas superficiais e as profundas. A oceanografía inclúe unha serie de disciplinas, como por exemplo a oceanografía física, que se ocupa entre outras cuestións ,da interacción das mareas, e a oceanografía biolóxica, que quere comprender as interaccións entre a vida oceánica...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á oceanografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa especialista en oceanografía.
-
PERSOEIRO
Rei de Grecia (1832-1862), fillo de Luís I de Baviera. O seu cargo estivo ratificado pola Conferencia de Londres (1832), mais a súa incapacidade para encabezar o movemento nacional e a inimizade con Reino Unido motivaron unha revolta militar que o destronou. En 1884 outorgou unha constitución.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano-xermánico (962-973), rei de Xermania (936) e de Italia (951 e 961), fillo de Enrique I de Alemaña e de santa Matilde. Recuperou Lorena e obtivo do rei francés o recoñecemento do seu dominio nesta rexión (942 e 947). Interveu nas loitas de Lombardia e foi proclamado rei (951), aínda que deixou o seu goberno en mans de Berenguel II un ano máis tarde. Por mor da represión deste, o Papa Xoán XII pediulle axuda e depuxo a Berenguel. Foi novamente coroado rei de Italia e Milán e recibiu a coroa imperial de mans do papa o 2 de febreiro de 962 e restaurouse así o Sacro Imperio, vacante desde 899. Deseguido enfrontouse co papa e os romanos ata 967. A loita cos gregos de Italia meridional solucionouna co casamento do seu fillo Odón coa princesa bizantina Teófano.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Descrición dos dentes.
-
Radiografía dos dentes.
-