"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
GALICIA
Economista. Doutor en Enxeñaría Aeronáutica e licenciado en Ciencias Económicas. Catedrático de Econometría e Métodos Estatísticos na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidad Complutense de Madrid (1980), foi vicerreitor primeiro da Universidad Complutense de Madrid (1980-1982), director xeral do Banco Hipotecario de España (1982-1983) e presidente executivo de Caja Madrid e da súa Corporación Financiera (1988-1996). É membro do Consejo de Administración e da Comisión Ejecutiva de Unión Fenosa desde 1988 e presidente da súa Comisión de Auditoría y Cumplimento desde 1999; do Consejo de Administración e da Comisión Ejecutiva de Sogecable desde 2000 e presidente da súa Comisión de Auditoría y Cumplimento desde 2004; e desde 2005 membro do Advisory Board de Accenture. Escribiu Estimation of Dynamic Econometric Models with Errors in Variables (1990), Crecimiento del Sector Público y Gasto en Educación (1996), Matlab Toolbox for Econometric Modeling...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista deportiva publicada na Estrada e Vigo a partir do 24 de abril de 1993. Subtitulouse “A Voz Independente do Deporte Galego” e comezou como semanario na Estrada, coa cabeceira Tercer Tiempo. Xa como Terceiro Tempo pasou a ser mensual e estableceuse en Vigo (1996). Inserida no grupo Tempo Visión e dirixida por Daniel Soto, ocúpase dos deportes minoritarios en Galicia e dos deportistas galegos que participan en competicións fóra do país.
-
-
Relativo ou pertencente ao Terceiro Mundo.
-
Que non funciona ben ou que indica pobreza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arco que nunha bóveda de cruzaría se voltea desde os ángulos ata as claves secundarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arma de fogo, un terzo máis curta ca a carabina, que foi empregada pola cabalaría ata o comezo do s XX e posteriormente pola policía e outras forzas armadas.
-
-
Grupo de tres persoas ou cousas.
-
Agrupación de tres versos suxeita a variadas formas métricas e rimadas, e que se resolve en estrofa propiamente dita co terceto encadeado: versos hendecasílabos combinados baixo o esquema ABA BCB CDC, que pecha a serie cun cuarteto. De orixe italiana, deulle prestixio á Divina Comedia de Dante. Juan Boscán introduciuno nas literaturas hispánicas no s XVI.
-
Composición para tres voces ou tres instrumentos, e conxunto das mesmas
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á febre palúdica que aparece cada tres días.
-
-
Colocar algo atravesado ou ao nesgo.
-
Equilibrar unha carga repartíndoa a ambos os dous lados.
-
Dividir algo en tres partes.
-
Intervir ou mediar nun asunto ou nunha cuestión.
-
Presentarse a ocasión para realizar algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema ou período máis antigo da era cenozoica, comprendido entre os 65 e os 1,9 millóns de anos BP, que se caracteriza polo extraordinario desenvolvemento e o predominio dos mamíferos. Estes e os foraminíferos son os grupos capitais na análise biostratigráfica. Son tamén moi abundantes os moluscos, os equinodermos, os hexacoralarios, os briozoos e as algas calcarias nos sedimentos mariños. Neste período tivo lugar a oroxenia alpina, que orixinou a formación dos Alpes, os Pireneos, os Andes ou o Himalaia, entre outros.
-
-
Que é terceiro en orde ou grao.
-
Relativo ou pertencente ao Terciario.
-
-
Aplícase ao átomo de carbono que, nun composto orgánico, está unido a outros tres átomos de carbono.
-
Aplícase ao grupo funcional que está unido a un carbono terciario.
-
Aplícase á amina que ten un grupo -N unido a tres átomos de carbono diferentes.
-
-
Membro dunha orde terceira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de síntomas da sífilis terciaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Predominio, segundo a interpretación do crecemento económico en termos de evolución, do sector terciario como fase máis avanzada desta evolución. É consecuencia dun profundo cambio estrutural nas actividades produtivas e de consumo. Os servizos que engaden máis valor ao PIB son os relacionados coa actividade específica da industria, a innovación empresarial e a tecnoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corpo de infantaría creado por Filipe II o 27 de febreiro de 1566 e sostido economicamente pola provincia de Galicia. Integrado nas tropas do duque de Alba, participaron na Guerra de Flandres, nas batallas de Groeninhen e Geminghen. Posteriormente tomou parte nas campañas contra Enrique IV de Francia, e distinguiuse en Aumale (1592). No s XVII destacou en diversas campañas en Francia, Alemaña e Flandres. Foi trasladado á Península Ibérica en 1713 e estableceuse en Benavente. Desapareceu tras a reorganización do exército en rexementos e deu orixe ao rexemento de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexemento voluntario de infantaría de liña creado en Bos Aires o 17 de setembro de 1806 por Pedro Antonio Cerviño Núñez, director da Escuela Náutica, para defender a cidade dun ataque británico similar ao acontecido meses antes. Constaba de 600 homes distribuídos en 8 compañías de fusileiros de liña e unha de granadeiros lixeiros, 10 tambores, 1 pito ou pífano militar e, completando a fanfarra musical, as gaitas tomadas como trofeo de guerra ao 71º rexemento de Highlanders de Escocia. Tivo dúas bandeiras de seda branca: unha coronela coas Armas Reais nun lado e a cruz encarnada do Apóstolo Santiago, o seu patrón, no outro; e unha batallona co escudo do Reino de Galicia por un lado e o escudo de Bos Aires polo outro. Foi destinado á Banda Oriental de Uruguay, unha vez ocupada esta a comezos de 1807, pero non entrou en combate pola inmediata caída de Montevideo. O 2 de xullo de 1807 enfrontouse nos Corrales de Miserere ás tropas do xeneral J. Whitelocke e, despois da xornada do 5...
-
GALICIA
Comarca situada a N da provincia de Lugo e N da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coas comarcas da Mariña Occidental (concello de Ourol) e A Mariña Central (concellos do Valadouro, Alfoz e Mondoñedo), ao S coa comarca de Lugo (concellos de Friol, Outeiro de Rei, Rábade, Lugo e Castroverde), polo L coa comarca de Meira (concellos de Riotorto, Meira e Pol), e polo L coas comarcas de Eume (concellos de Monfero e As Pontes de García Rodríguez) e Betanzos (concellos de Aranga e Curtis). Abrangue unha extensión de 1.822,7 km2en que acolle unha poboación de 47.761 h (2001), distribuída entre os concellos de Abadín (196 km2; 3.399 h [2001]), Begonte (126,8 km2; 3.674 h [2001]), Castro de Rei (177 km2; 5.850 h [2001]), Cospeito (144,8 km2; 5.658 h [2001]), Guitiriz (293,7 km2; 6.259 h [2001]), Muras (163,8 km2; 1.044 h [2001]), A Pastoriza (175 km2; 3.959 h [2001]), Vilalba (379 km2; 15.365...
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Comarca situada no NL da provincia de Ourense e no SL da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coas comarcas da Terra de Lemos (concellos de Sober, Monforte de Lemos) e Quiroga (concello de Ribas de Sil), ao S coas da Limia (concello de Vilar de Barrio) e Verín (concello de Laza), ao L coa da Terra de Trives (concellos de San Xoán de Río e Chandrexa de Queixa) e ao O coas de Ourense (concello de Nogueira de Ramuín) e Allariz-Maceda (concellos de Xunqueira de Espadanedo e Maceda). Abrangue unha superficie de 313,2 km2 en que acolle unha poboación de 4.448 h (2001), distribuída entre os concellos de Castro Caldelas (87,6 km2; 1.834 h [2001]), Montederramo (135,6 km2; 1.206 h [2001]), Parada de Sil (62,4 km2; 841 h [2001]) e A Teixeira (27,6 km2; 567 h [2001]). A evolución socioeconómica e a mellora das comunicacións fixeron que a vila de Castro Caldelas constituíse un pequeno centro ao que se vinculan o resto dos concellos. A debilidade...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comarca situada no O da provincia de Ourense e no S da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coas comarcas do Ribeiro (concellos de Cortegada, A Arnoia e Castrelo de Miño) e Ourense (concellos de Toén, Barbadás e San Cibrao das Viñas), ao S coa comarca da Baixa Limia (concellos de Lobeira e Bande), ao L coas comarcas de Ourense (concello de Taboadela), Allariz-Maceda (concello de Allariz) e A Limia (concello de Rairiz de Veiga), e ao O coa comarca da Paradanta (concello de Crecente) e Portugal. Abrangue unha superficie de 508,9 km2en que acolle unha poboación de 22.394 h (2001), distribuída entre os concellos da Bola (34,9 km2; 1.527 h [2001]), Cartelle (94,3 km2; 3.732 h [2001]), Celanova (67,3 km2; 5.993 h [2001]), Gomesende 28,3 km2; 1.115 h [2001]), A Merca (51 km2; 2.419 h [2001]), Padrenda (57 km2; 2.588 h [2001]), Pontedeva (9,9 km2; 679 h [2001]), Quintela de Leirado (31,3 km2;...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comarca situada no S da provincia de Lugo e no centro-L da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coa comarca de Sarria (concellos de Paradela e O Incio), ao L coa de Quiroga (Folgoso do Courel e Quiroga), ao S coa de Quiroga (Ribas de Sil), Terra de Caldelas (Castro Caldelas, A Teixeira e Parada de Sil) e Ourense (Nogueira de Ramuín), e ao O coa de Chantada (Taboada, Chantada e Carballedo). Abrangue unha superficie de 940,1 km2en que acolle unha poboación de 34.962 h (2001), distribuída entre os concellos de Bóveda (91,1 km2; 1.949 h [2001]), Monforte de Lemos (199,5 km2; 19.091 h [2001]), Pantón (142,9 km2; 3.341 h [2001]), A Pobra do Brollón (176,7 km2; 2.557 h [2001]), O Saviñao (196,6 km2; 5.010 h [2001]) e Sober (133,3 km2; 3.014 h [2001]). A capitalidade da comarca está na cidade de Monforte de Lemos, onde se asenta un equipamento comercial e de servizos cunha capacidade de atracción que supera os límites...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comarca situada no SL da provincia da Coruña e no centro da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coa comarca de Betanzos (concellos de Curtis e Vilasantar) e a Terra Chá (Guitiriz), ao S coa de Deza (concellos de Vila de Cruces e Agolada), ao L coas de Lugo (concello de Friol) e A Ulloa (concello de Palas de Rei), e ao O coa de Arzúa (concellos de Boimorto e Arzúa). Abrangue unha superficie de 367,2 km2en que acolle unha poboación de 14.066 h (2001), distribuída entre os concellos de Melide (101,3 km2; 7.818 h [2001]), Santiso (67,4 km2; 2.266 h [2001]), Sobrado (120,6 km2; 2.402 h [2001]) e Toques (77,9 km2; 1.580 h [2001]). Presenta unha clara capitalidade comarcal centrada na vila de Melide, vinculada ao Camiño Francés de peregrinación a Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Dentro do relevo comarcal, composto por materiais duros (granitos, serpentinitas, anfibolitas e lousas), que alternan con depósitos cuaternarios...