"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ehículo de combate, completamente acoirazado, armado cun canón e unha ou dúas metralladoras e que se despraza mediante eirugas. Destinado principalmente a romper a fronte do inimigo e penetrar en profundidade, as súas características básicas céntranse na mobilidade, a blindaxe e a potencia de fogo. A mobilidade posibilita a operación en terreos moi accidentados, vén determinada pola potencia do seu motor (entre 500 e 800 CV), a súa autonomía (ata 600 km), e polos sistemas de tracción e de suspensión. Como non teñen rodas directrices, xiran por diferenza da velocidade da eiruga dun lado respecto á da outra, polo que o diferencial é especialmente complicado. O motor, nun principio de gasolina, foi substituído posteriormente por un diésel sobrealimentado. Co tempo algúns tanques (M 1 Abrams americano) son propulsados por turbinas de gas. As blindaxes chegaron a acadar grosores de aceiro de 400 mm na torreta. Divididos inicialmente en lixeiros, medianos e pesados; o denominado tanque de batalla...
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado na costa NO da illa de Tenerife (2.966 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tanque moi lixeiro, de ata dez toneladas de peso e armados cunha ou dúas metralladoras, empregado xeralmente como tanque de recoñecemento. Pasaron a ser vehículos de apoio de unidades militares e de corpos policiais, substituíndo, polo xeral, as eirugas polos pneumáticos.
-
PERSOEIRO
Poeta italiano. É autor de numerosas composicións líricas dunha grande elegancia formal, de breves poemas didácticos onde imita os escritores xeórxicos antigos, como La balia (1552), e de diferentes poemas descritivos, mitolóxicos e épico-líricos, como Stanza a Bernardino Martinano (1540).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación xenérica do anión poliatómico que ten o tantalio como elemento central, e dos compostos que conteñen os mencionados anións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento químico de número atómico 73 e peso atómico 180,9479, pertencente ao grupo VB da táboa periódica. É un elemento de abundancia media que constitúe un 5·10-4 por cento do peso da codia terrestre. Non aparece en estado natural, só formando parte de minerais, dos que o máis importante é a tantalita. A obtención do metal efectúase mediante o tratamento da tantalita, con ácido fluorhídrico e extracción con acetona, seguida da redución con sodio de heptafluorotántalo potásico. Forma con numerosos metais, aliaxes caracterizadas por un punto de fusión elevado. Ademais de entrar na composición de aceiros e doutras aliaxes emprégase especialmente para facer filamentos de lámpadas de incandescencia, eléctrodos de tubos electrónicos e como getter, pezas para contactores, interruptores, condensadores electrolíticos, entre outros. Foi descuberto en 1802 por A. Ekeberg e obtido puro por primeira vez en 1903 por W. von Bolton.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tantalio de ferro e manganeso, de fórmula (Fe, Mn)Ta2O6. Cristaliza no sistema rómbico e forma unha serie isomorfa continua coa columbita. Ten un peso específico de 5,19-8,2 e unha dureza de 6-6,5, e é de cor negra parda. Entre os seus usos está o de participar en aliaxes co ferro, para aumentar así a súa resistencia á corrosión e ás altas temperaturas. En Galicia destacan os xacementos de Verín, Laza, Boiro ou Maceda.
-
-
Ave que pertence ao xénero Mycteria, da familia dos cicónidos, cuxos máis importantes representantes son o tántalo africano e o tántalo americano (Mycteria americana).
-
Ave ciconiforme de cor branca coas rémixes e a cola negras. É sociable e habita nos grotos e nos prados de Madagascar e en África tropical e meridional.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Protagonista dun dos mitos gregos máis difundidos e representativos da arte clásica. Segundo a versión máis coñecida, foi fillo de Zeus e pai de Penélope e Níobe, rei de Lidia ou de Frixia. Ao querer ser igual aos deuses, roubou a ambrosía e o néctar, polo que foi castigado a estar diante dun lago rodeado de árbores cargadas de froita sen poder satisfacer a súa sede nin saciar a súa fame.
-
-
Timbal alto e estreito, feito normalmente dun tronco de árbore baleirada, que utilizan diversos pobos de Indonesia, Oceanía, África e América para facer música ou transmitir mensaxes.
-
Son producido por este instrumento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
2chantaxe.
-
-
apalpar.
-
Considerar unha persoa con prudencia ata descubrir a súas intencións.
-
Facer uso do dereito de tenteo.
-
Calcular unha magnitude de xeito aproximado.
-
-
-
En tal cantidade, grao ou intensidade que se expresa.
-
En correlación con canto indica no mesmo grao ou na mesma proporción.
-
Seguido de peor, mellor, menor, maior, menos e máis, intensifica a comparación de desigualdade.
-
-
-
Establece unha relación comparativa de igualdade.
-
Expresa unha gran cantidade ou número elevado.
-
Nunha cantidade ou número indeterminado, en determinados contextos hipotéticos.
-
Expresa o valor en que se sobrepasa unha cantidade redonda.
-
olume, extensión ou tamaño dunha cousa que son iguais aos de outra.
-
Testemuño dun proceso xudicial cando segue responsabilidade contra unha testemuña polas súas declaracións, para instruír o sumario e deducir o carácter delituoso. Unha vez visto polo fiscal, constitúe a base para a interposición da querela.
-
porcentaxe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divisa humanística persoal de Fernando II de Aragón que, combinada co xugo e as frechas, figurou no escudo dos Reis Católicos desde antes da conquista de Granada, en 1492. Este par de palabras parece ter xurdido do ambiente cultural do rei, referíndose á resposta atribuída a Alexandre o Grande cando cortou coa espada o nó gordiano: ‘tanto dá cortar como desfacer’, é dicir, liberdade de decisión para acadar o resultado desexado. A acepción posterior ‘monta tanto Isabel como Fernando’ pode deberse á fantasía política dos historiadores románticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico das numerosas escrituras anónimas, de natureza mística, que recollen as ensinanzas do tantrismo. Consisten xeralmente nunha serie de comentarios que forman un ciclo de prácticas centrado ao redor dunha determinade deidade tántrica, da que toman o nome. Os Tantra budistas clasifícanse xeralmante en catro categorías: kriyā (acción ritual), caryā (conduta), ioga (prácticas psicofísicas) e anuttarayoga (ioga superior).
-
-
Relativo ou pertencente aos Tantra ou ao tantrismo.
-
Sincretismo de elementos de orixe budista e hinduísta, con achegas propias dos países onde se desenvolve o tantrismo. Os vestixios máis antigos remóntanse ao s VIII. Arte anónima, segue fielmente a tradición canónica e deixa pouco espazo á creatividade. Tanto a pintura como a estatuaria consisten en gran parte na representación iconográfica das numerosas deidades do panteón tántrico, nos aspectos pacífico ou iracundo. Entre as pinturas destacan as denominadas t’angka (desenrolables), achega típica da arte tibetana.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma esotérica de espiritualidade establecida en India entre os ss III e IV, desde onde se difundiu cara a Nepal, Tibet, Mongolia, China e Xapón. As formas hinduísta e budista presentan moitos puntos en común. O tantrismo hinduísta procede en parte das doutrinas do xivaísmo; e o budista, asentado na metafísica de mahāyāna, é a derradeira fase no desenvolvemento do budismo. Para o tantrismo, que é esencialmente empírico, o home, mediante as prácticas axeitadas, pode acadar a liberación da existencia continxente, que está situada máis alá das dicotomías entre suxeito e obxecto, activo e pasivo, ser ou non ser. A integración dos dous factores complementarios está representada iconograficamente pola unión conxugal, pero mentres que no tantrismo hinduísta o aspecto dinámico da realización está personificado polo principio feminino, no tantrismo budista represéntao o masculino. Unha das prácticas superiores consiste en identificarse cunha determinada deidade,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canto utilizado na liturxia latina nas bendicións e procesións co Santísimo. Está formado polas dúas derradeiras estrofas (a penúltima comeza coas palabras Tantum ergo) do himno Pange lingua, composto por san Tomé de Aquino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dayr al- Ṭ an ṭ ūr.