"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • GALICIA

    Comarca situada ao O da provincia da Coruña e no NO da Comunidade Autómoma de Galicia. Limita ao N co Océano Atlántico e coa comarca de Bergantiños (concellos de Laxe e Cabana de Bergantiños), ao S coas comarcas de Xallas (concello de Mazaricos), ao L as comarcas de Bergantiños (concello de Coristanco) e Xallas (concello de Santa Comba) e ao O a comarca de Fisterra (concellos de Dumbría e Muxía) e, de novo co Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 372,5 km2en que acolle unha poboación de 21.020 h (2001), distribuída entre os concellos de Camariñas (51,9 km2; 6.421 h [2001]), Vimianzo (187,4 km2; 8.542 h [2001]) e Zas (133,2 km2; 6.057 h [2001]). Non existe unha clara capitalidade comarcal, aínda que Vimianzo exerce certa atracción.
    Xeografía física
    Desde o punto de vista físico, trátase dun espazo moi contrastado, pois é unha comarca costeira e interior ao mesmo tempo. O relevo pódese enmarcar nunha área de transición...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada ao NL da provincia de Ourense e no SL da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coa comarca de Quiroga (concellos de Ribas de Sil e Quiroga), ao S coas de Verín (concello de Laza) e Viana (concellos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo), ao L coa comarca de Valdeorras (concellos de Larouco e O Bolo) e ao O coa comarca da Terra de Caldelas (concellos de Castro Caldelas e Montederramo). Abrangue unha superficie de 431,7 km2en que acolle unha poboación de 5.730 h (2001), distribuída entre os concellos de Chandrexa de Queixa (171,8 km2; 844 h [2001]), Manzaneda (114,6 km2; 1.198 h [2001]), A Pobra de Trives (84,2 km2; 2.756 h [2001]) e San Xoán de Río (61,1 km2; 932 h [2001]). A Pobra de Trives é a capital comarcal e un núcleo consolidado de servizos básicos. Debido ao seu afastamento da capital da provincia, o referente da comarca é O Barco de Valdeorras, sobre todo no relativo a servizos públicos especializados.
    ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soberano ou gobernador dunha tetrarquía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade ou cargo de tetrarca.

    2. Época e duración do goberno dun tetrarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor belga. Admirador de Apollinaire, tanto a súa poesía, con obras como Vie poésie (1961), como a súa prosa, con títulos como Échec du Temps (1945), caracterízanse por evidentes audacias formais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Ourense a partir do 7 de febreiro de 1876 que cesou en 1889. Subtitulado “Parrafeos c’o pobo galego”, incluíu na portada os lugares de venda e os seus contidos “artigos de costumes, poesías, efemérides, cantares e contos do país galego”. Fundado por Valentín Lamas Carvajal, foi o primeiro xornal publicado integramente en galego e no que, baixo un estilo xornalístico e literario, onde se abordaron os problemas cotiáns do rural galego e a defensa do idioma desde un punto de vista anticentralista, foi precursor dos ideais agrarios e galeguistas. A publicación tivo dúas épocas, a primeira entre 1876 e 1880, en que se publicou primeiro como quincenal e, a partir do 5 de novembro de 1876, semanal, aínda que con diversas suspensións. A segunda época abarcou entre 1883 e 1889, cunha certa regularidade. A través de diálogos co paisano, o tío Marcos, Lamas Carvajal denunciou o caciquismo, a miseria do campo galego, os impostos e os políticos corruptos; para iso, contou coa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Ourense a partir do 21 de febreiro de 1917 que cesou o 7 de xullo de 1919 (nº58). Coa mesma cabeceira e idénticos contidos e espírito que a publicación orixinal, algúns investigadores considérana como a terceira época do xornal publicado por Lamas Carvajal. Editada polas Irmandades da Fala de Ourense, a cabeceira funcionou como voceira desta organización cunha periodicidade quincenal e nova numeración. Dirixido por Hixinio Ameixeiras, o seu propietario, os contidos seguiron a liña do orixinal: composicións literarias, artigos de opinión e diálogos, pero engadiu tamén información sobre as actividades das Irmandades. Contou coa colaboración de destacados escritores rexionalistas da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor latino. É autor dunha Vita Ciceronis e do tratado gramatical De usu atque ratione linguae latinae. A tradición atribúelle a invención das notas tironianas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arco triunfal construído en Roma pouco despois da morte do Emperador Tito Flavio Vespasiano, no ano 81. Atópase no Foro Romano, consta dun só van e conserva, na cara interna, diversos relevos que conmemoran a toma de Xerusalén polo emperador no ano 70.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Última etapa do Xurásico Inferior, situado sobre o Pliensbaquiano e baixo o Aaleniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e escultor. Colaborou co seu pai, Antonio Tomé, e co seu irmán Diego Tomé na fachada da Universidad de Valladolid (1715). Mestre de obras da catedral de Toledo desde 1721, realizou Transparente (1721-1723) do deambulatorio. Fixo tamén o retablo maior da catedral de León.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Argola que serve para pechar ou enganchar unha cancela ao marco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que torce.

    2. Fuso que serve para torcer o fío groso de tecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de torcer ou torcerse.

    2. Torsión forzada e violenta dunha articulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Piñor baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deformar un corpo ao darlle voltas sobre si mesmo e facer xirar cada un dos seus extremos nunha dirección contraria, de xeito que adquira unha forma helicoidal.

    2. Facer que algo adquira unha forma curva.

    3. Forzar unha articulación ao realizar un movemento de flexión violento e especialmente en sentido contrario ao natural.

    4. Facer que algo tome unha dirección, unha posición ou unha orientación distinta á que tiña.

    5. Poñer algo que estaba en posición vertical en posición oblicua.

    6. Coller algo ou alguén unha dirección distinta á que tiña.

    7. Tomar algunha cousa unha posición inclinada cara a algún lado.

    8. Inclinarse algunha cousa cara a algún lado.

    9. Evolucionar algunha cousa de maneira negativa ou distinta ao esperado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cordón de fíos de algodón ou de liño retorcidos da candea e doutros obxectos semellantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de torcer ou torcerse.

    2. Que amosa unha actitude maliciosa e malintencionada.

    3. Que non manteñen boas relacións.

    VER O DETALLE DO TERMO