"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Diagrama que se utiliza para determinar as condicións dunha combustión óptima a partir dos datos que proporciona unha análise dos fumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Profesora titular de filosofía do dereito, desde 1989, e decana da facultade de Dereito da Universidade de Santiago Compostela desde 2002, escribiu El poder y los ciudadanos (1998), Alfredo Brañas, universitario (1999), Valores constitucionales. Introdución a la Filosofía del Derecho: axiología jurídica (1999) e La filosofía del derecho penal en la Universidad de Santiago: (1800-1970) (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vilamaior da Boullosa (Baltar). O seu cumio acada os 1.321 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Quintillán (Forcarei). O seu cumio acada os 643 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Muras, no concello homónimo. O seu cumio acada os 792 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festival fotográfico anual organizado desde novembro de 1983 por iniciativa da Casa da Xuventude de Ourense, baixo a coordinación de Benito Losada, director desta institución. Xurdiu co obxecto de introducir a cidade de Ourense nos circuítos artísticos e para promocionar as últimas tendencias fotográficas do momento, con especial interese nos traballos dos novos fotógrafos galegos. Ademais das mostras fotográficas, distribuídas nas distintas salas de casas de cultura, cafés, concellos ou museos que colaboraron na iniciativa, o programa deste evento incluíu cursos, saídas á rúa ou concursos que se desenvolveron nas 17 vilas e cidades e nas 55 entidades que traballaron na súa organización e promoción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de filósofos, dentro do neopositivismo moderno, que se distingue polo feito de aplicar a análise crítica á linguaxe ordinaria pero non á científica, recusando tanto o uso da lóxica simbólica para levala a cabo, como a idea da ciencia unificada. Os representantes máis destacados foron A. J. Ayer, G. Ryle, J. L. Austin, S. Hampshire, P. F. Strawson, D. Pears e G. J. Warnock.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista irlandés. Considerado como un dos escritores máis importantes do Renacemento literario irlandés, destacou polas súas versións inglesas das lendas irlandesas. Da súa produción cómpre salientar History of Ireland: Heroic Period (dous volumes, 1878-1880).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Toiriz (Pantón). Construída no s XVIII en cantaría miúda con reforzos nas esquinas, ten planta rectangular. Na fachada destaca a solaina e a torre ameada, ademais do escudo situado no muro de peche do terreo. Nos seus arredores sitúase unha capela datada en 1714 que conseva un retablo rococó no seu interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos espáridos, ao que pertence o prago (P. pagrus).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo bizantino. Ordenouse sacerdote en Tesalónica (1326) e levou unha vida eremítica en Berea e no monte Athos (1331). Escribiu máis de 60 libros en defensa do hesicasmo, onde expuxo a súa teoloxía, o palamismo. Foi designado arcebispo de Tesalónica por Xoán VI Cantacuceno (1350) e a súa ortodoxia foi recoñecida no Sínodo de Blaquernes (1351). Foi canonizado no Sínodo de Constantinopla de 1368.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello que consiste esencialmente nunha corda longa que pode acadar varios quilómetros, da que colgan outras cordas máis finas, denominadas ramais, cada unha delas provista dun anzol no extremo libre. Sitúanse a diversas profundidades segundo a especie obxecto de pesca e deste xeito poden calarse no fondo (como na pesca da pescada) ou ben na superficie (atún).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao palangre.

    2. Pescador de palangre.

    3. Embarcación que se emprega para pescar con palangre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de investigación instrumental que se emprega en fonética para obter unha imaxe da zona de contacto entre a lingua e o padal nunha articulación dada. A marca do contacto conséguese aplicando sobre a lingua unha fina capa dunha substancia coloreada que deixa unha pegada no padal ao producirse un movemento articulatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato principal que se emprega en palatografía, que consiste nunha serie de espellos regulables que iluminan o interior da boca dun informante para fotografar a zona de contacto que a lingua produce no padal nunha articulación dada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica da zona de contacto palatal que a lingua deixa mediante o método da palatografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estuda a distribución antiga dos seres vivos e a dinámica do seu cambio xeográfico nas eras xeolóxicas. Trata de identificar a composición biótica das rexións nos diferentes tempos xeolóxicos e de buscar as razóns desta distribución dos organismos que depende do lugar de orixe dos diversos taxons, das súas capacidades migratorias, dos condicionamentos xeográficos para a dispersión, e tamén dos parámetros que definen o medio en que viven ou poden vivir os organismos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia que estuda as escrituras e os signos gráficos (formas, orixe e evolución) e a súa interpretación axeitada (lectura, datación e localización). O seu suxeito son os alfabetos e toda clase de escrituras desde a Antigüidade ata a época actual. O seu obxectivo primordial é a lectura e transcrición correcta do texto escrito, pero tamén a datación das escrituras en que non aparezan indicacións de tempo ou lugar. Como ciencia auxiliar, proxéctase sobre a codicoloxía, a diplomática, a papiroloxía, a epigrafía, a tipografía, a filoloxía, a edición de textos, a sixilografía, a numismática, a historia das ciencias e, en xeral, sobre calquera investigación histórica de primeira man que empregue fontes escritas. A análise paleográfica que se aplica ás letras e a outros signos gráficos para explicar a súa formación e evolución ten en conta os elementos que integran as letras, os seus elementos adventicios e os factores que as transforman. Dos primeiros destacan a forma, o módulo, o dutus,...

    2. Rama da musicoloxía que se encarga da lectura, da transcrición e da interpretación axeitada dos antigos sistemas de notación musical anteriores á proporcional ou medida. Ten unha importancia especial no estudo do antigo canto litúrxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á paleografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especialista en paleografía.

    VER O DETALLE DO TERMO