"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Punto da órbita, real ou aparente, dun satélite da Terra, xa sexa a Lúa ou ben un satélite artificial, en que a separación entre os corpos toma o seu valor máis pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘baile’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xograr, probablemente galego. De difícil identificación, na documentación galega do s XIII, fálase dun homonimo clérigo de Sanfins e dun clérigo de Banga (Ourense), ligado ao mosteiro de Toxos Outos. Tamén se relaciona cun notario de Santiago de Compostela. A súa colocación no hipotético Cancioneiro de Xograres Galegos ratifica a súa procedencia galega. Estivo activo na segunda metade do s XIII. Consérvanse nove cantigas de amigo, transmitidas polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional. Todas elas forman un conxunto coherente, trabado pola recorrencia de temas e símbolos novidosos, coa incorporación de elementos eróticos como o cervo ou a fonte, a medio camiño entre a cantiga narrativa e a de amigo. No apartado estrutural, o autor emprega recursos estilísticos de repetición, característicos da lírica galego-portuguesa, nunha serie de diálogos ou soliloquios entre nai e filla, onde as referencias á natureza e as descricións da paisaxe son constantes. No apartado rítmico hai que destacar...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao peroné.

    2. Que está próximo ao peroné.

    3. Músculo que está situado nas extremidades posteriores do corpo e que ten como funcións a eversión e flexión do pé. Existe o músculo peroneo anterior, o músculo peroneo lateral longo e o músculo peroneo lateral curto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación boreal situada entre as de Casiopea, Xirafa, Cocheiro, Tauro, Carneiro, Triángulo e Andrómeda. Contén 153 estrelas visibles a simple vista. O astro principal, á Persei, chamado tamén Mirfak, é unha estrela superxigante de cor amarela, de magnitude visual 1,90 e situada a 470 anos luz. Contén un importante cúmulo de galaxias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe grego, fillo de Zeus e de Dánae. Con esta foi lanzado ao mar por Acrisio, rei de Argos e tío seu. Conducidos polas ondas á illa de Sérifos, foron salvados por Ditti, irmán do Rei Polidectes. Este encargoulle levarlle a cabeza de Medusa. Axudado por Atenea e Hermes, logrou decapitar o monstro e liberar a Andrómeda, filla do rei dos etíopes. Volveu a Argos e viviu con Andrómeda en Tirinto. Tiveron un fillo, Perses, considerado a estirpe dos monarcas aqueménidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor alemán. Iniciouse no mundo dos libros na libraría Ettinger, ata que en 1785 fundou en Gotha unha editorial que, máis tarde, se transformou en Instituto Editorial Xeográfico. Nel colaboraron destacados xeógrafos e intelectuais da época, como Berghaus, Diez, Reichard e Sydow. Das súas publicacións destacan Almanach Gotha e Stieler’s Hand Atlas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é de pedra.

    2. Que ten a natureza ou a dureza da pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aceite mineral constituído por hidrocarburos de composición diversa e en proporcións moi variables segundo o xacemento de orixe. Clasifícase en petróleos de base parafínica, nafténica, aromática ou mixta, segundo o tipo de hidrocarburos que nel predominen. Hai diversas teorías que intentan explicar a súa orixe. A máis comunmente aceptada é a de Engler-Hofer, que supón que unha gran cantidade de materia orgánica (algas, diatomeas, plancto) acumulouse no fondo dalgúns mares, onde, pola ausencia de osíxeno, se formou unha masa albuminoide que, en principio pola acción bacteriana e despois por efecto da temperatura e da presión (dobramento tectónico), deu orixe ao petróleo. Os xacementos de petróleo sitúanse en profundidades variables, e normalmente constan de tres capas: a superior constituída por gas natural (principalmente metano), a intermedia por petróleo e a inferior por auga salgada. A produción mundial de petróleo (1998) distribúese domo segue: América do Norte (EE UU, Canadá, cun 20%...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • petroquímica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • petroquímico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa estatal venezolana, creada en 1960 para intervir na explotación petrolífera, que pertence a multinacionais estranxeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa petroleira estatal mexicana, creada en 1938 ao ser nacionalizada a produción nacional polo goberno de Lázaro Cárdenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático ruso. Investigou e publicou sobre a teoría de ecuacións en derivadas parciais, a teoría de probabilidades e as ecuacións diferenciais ordinarias. Foi condecorado coa orde de Lenin e recibiu diversos premios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marca de vehículos comerciais do grupo francés PSA Peugeot Citroën. A empresa, fundada en 1810 polos irmáns Jean-Pierre e Jean-Frédéric Peugeot, especializouse na fabricación de ferramentas de aceiro e bicicletas ata 1888, cando construíu o primeiro automóbil. En España participaba en Citroën Hispania SA, creada en 1957, e en Talbot SA, ao adquirir as instalacións industriais de Chrysler Corporation en Europa, desde 1979, e nas súas filiais. En 1976 absorbeu Citroën e formaron o grupo PSA Peugeot Citroën.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e industrial francés. Xunto co seu irmán Eugène Peugeot (Hérimoncourt 1844-1907) iniciou a fabricación en Francia de bicicletas e automóbiles, agrupando varias sociedades da familia Peugeot. En 1897 fundou a Société des Automobiles Peugeot. Máis tarde fóronse independizando varias sociedades: Peugeot Cycles (1926), Peugeot Automobiles (1929) e Peugeot et Cie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a un pobo fabuloso, e aos seus individuos que, segundo a antiga poesía grega, non medían máis dun cóbado e eran moi belicosos.

      1. Relativo ou pertencente á raza pigmea.

      2. Individuo da raza pigmea.

      3. raza pigmea

        Raza do grupo melanodermo. Son mesocéfalos, de estatura moi baixa, pel marrón, cara pouco prognata e beizos grosos, e ocupan varias pequenas áreas de África ecuatorial.

    2. Que ou quen ten pouca estatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gorra que poñían como tocado os escravos romanos ao recibir a liberdade.

    2. Cima da cabeza dunha ave, desde a base do bico á caluga.

    3. Sombreiro dos cogomelos.

    4. Membrana que, ás veces, cobre a cabeza do feto no parto.

    5. Un dos hemisferios do cerebelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos pelos e ás glándulas sebáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formado en Venecia, Anveres e París, foi profesor en Múnic. As súas obras, de tema histórico, presentaban unha gran teatralidade. Destacan Wallenstein (1855) e Galileo na prisión (1864).

    VER O DETALLE DO TERMO