"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Mártir. Cando era un catecúmeno, padeceu torturas que a fe lle axudou a superar. Os anxos sacárono da cadea para que o bispo de Cesarea o bautizase, e logo devolvérono á cela. A partir daquela tivo a capacidade de predecir a morte dos verdugos e de amansar animais bravos. Iconograficamente representouse como un mozo imberbe vestido con traxe segrar, túnica curta e clámide e unha serra nas mans (atributo persoal), como recordo do último suplicio. A súa festividade celébrase o 28 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Observou os dous tránsitos de Venus por diante do Sol (1874 e 1882), en Xapón e Santo Domingo, respectivamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e orientalista francés. Sacerdote (1907), ensinou linguas orientais no Apollinare de Roma (1908-1913) e foi conservador da Biblioteca Vaticana (1908), da que foi prefecto (1930). Cardeal (1936) e bispo de Ostia (1937), foi secretario da Congregazione per le Chiese Orientali (1936-1959) e desde 1951 decano do Collegio Cardinalizio. Das súas publicacións destaca a colección Specimina codicum orientalium (1914).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político húngaro, fillo de Kálmán Tisza, conde de Tisza. Calvinista, foi deputado liberal (1886). Membro do Partido Nacional do Traballo, foi primeiro ministro (1903-1905 e 1913-1917). Opúxose ás reformas democráticas e involucrou o seu país na Primeira Guerra Mundial. Dimitiu en 1917 e foi asasinado por soldados amotinados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político húngaro. Cabeza da facción de centro esquerda no parlamento (1865), uniuse (1875) co partido gobernamental de Deák, de onde naceu o partido liberal, do que foi máximo dirixente. Xefe do goberno (1875-1890), mellorou a economía do país.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cada un dos seis fillos homes de Urano e Xea: Oceáno, Ceo, Crios, Hiperión, Xapeto e Cronos. Uníronse en matrimonio coas súas irmás, as Titánides, coas que crearon unha serie de divindades secundarias (entre elas Prometeo). De Cronos, o máis novo, saíu a liñaxe dos Olímpicos.
-
Persoa dunha gran potencia física e intelectual.
-
Guindastre que se emprega para levantar grandes pesos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sexto satélite de Saturno descuberto por C. Huygens o día 21 de marzo de 1665. É o máis grande e brillante dos seus satélites. A súa distancia media ao centro de Saturno é de 1.221.830 km e a súa órbita ten unha excentricidade de 0,0292 e unha inclinación respecto do ecuador de Saturno de 18’. Ten un período de revolución sideral de 15 días, 22 h, 41’ e 24,7’’; un diámetro de 5.150 km e a súa masa da orde de 1,401×1023 g. Demostrouse nel a existencia dunha atmosfera apreciable, descuberta por G. P. Kuiper, que é máis densa ca a da Terra, cunha presión a nivel da superficie de 1.500 milibares, unha temperatura de 96K e cuxo compoñente máis abundante é o nitróxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia de mísiles balísticos intercontinentais de EE UU, empregados nalgunhas das súas versións como foguetes espaciais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal que contén o anión TiO3-2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terceiro satélite de Urano descuberto por F.W. Herschel o día 11 de xaneiro de 1787. A súa distancia media ao centro de Urano é de 438.000 km e a súa órbita ten unha excentricidade de 0,0022 e está situada case no mesmo plano ecuatorial de Urano. Ten un período de revolución sideral de 8 días, 16 h, 56’ e 30’’, un diámetro de 1.580 km e unha masa de 26×1023 g.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transatlántico británico de 46.000 t, o meirande e luxoso da súa época (1911). Aínda que estaba considerado insomerxible, no curso da súa primeira viaxe chocou cun iceberg e afundiu na noite do 14 ao 15 de abril de 1912. Houbo máis de 1.500 vítimas.
-
-
Relativo ou pertencente aos titáns.
-
Que é inmensamente grande.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao titanio.
-
Que contén titanio.
-
Aplícase aos compostos de titanio en que actúa con valencia 4.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén ou abastece de titanio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento metálico de número atómico 22 e peso atómico 47,90, pertencente ao grupo IVB da táboa periódica. Constitúe un 0,63% en peso da superficie terrestre e abunda nas estrelas do tipo M e na Lúa. É duro, resistente e maleable, e presenta a baixa temperatura unha boa resistencia á corrosión. Desde o punto de vista químico, é un elemento reactivo e non é atacado polo osíxeno atmosférico, a humidade, as solucións alcalinas nin os ácidos diluídos, pero disólvese en hidrácidos e ácidos oxidantes concentrados, e é atacado por álcali en medio oxidante. Os seus minerais máis importantes son a ilmenita e o rútilo. As aplicacións máis importantes do titanio derivan da súa resistencia á corrosión, das propiedades mecánicas e da pouca densidade. Emprégase na industria aeronáutica, na do armamento e en plantas químicas, especialmente para a fabricación de elementos que están en contacto co cloro. Foi descuberto en 1791 polo químico inglés William Gregor e illado en forma relativamente pura por Lars...
-
VER O DETALLE DO TERMO
esfena.
-
-
Relativo ou pertencente aos titanoterios.
-
Mamífero do grupo dos titanoterios.
-
Grupo de mamíferos perisodáctilos primitivos que tiveron a súa máxima importancia durante o Eoceno e o Oligoceno. Tiñan as patas curtas, con catro dedos nas de diante e tres dedos nas de atrás, un par de cornos bastante grandes na parte frontal do cranio e o cerebro moi pequeno. As formas máis grandes chegaron a ter 2,5 m de altura.
-
-
PERSOEIRO
Emperador romano (79-81), fillo de Vespasiano. Foi tribuno militar en Xermania e Britania, en 69 obtivo o título de césar, co seu irmán Domiciano, e en 71 o poder proconsular e o poder tribunicio. Tomou parte na guerra contra Xudea, converténdose no seu correxente (71) e ocupou Xerusalén (70). Herdou de seu pai o cargo de prefecto do pretorio e en 80 tomou o consulado co seu irmán. Durante o seu goberno tivo lugar a erupción do Vesubio (79).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Discípulo e colaborador do apóstolo san Paulo. Pagán de orixe, non foi circuncidado ao converterse cristián. Acompañou a Paulo ao Concilio de Xerusalén. A tradición identifícao co xefe da igrexa de Creta, destinatario dunha das epístolas pastorais. A súa festividade celébrase o 26 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Terceira etapa e idade do Xurásico Superior, situada sobre o Kimmeridxiano e baixo o Berriasiano.