"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

    1. Relativo ou pertencente ao paralelogramo.

    2. Que consiste nun paralelogramo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cuadrilátero que ten os lados opostos paralelos e, por tanto, iguais. As diagonais dun paralelogramo córtanse no seu punto medio, denominado centro do paralelogramo. Se un paralelogramo ten os catro lados iguais, denomínase rombo. Se os catro lados son perpendiculares, denomínase rectángulo. Os paralelogramos que son rombos e rectángulos denomínanse cadrados. A área dun paralelogramo resulta de multiplicar a lonxitude dun lado, que se denomina base, pola distancia que o separa do seu paralelo, denominada altura.

    2. Regra práctica para sumar graficamente vectores, segundo a que a suma a + b de dous vectores a e b, non paralelos e con orixe común, é o vector que ten a mesma orixe común e que se determina pola diagonal correspondente do paralelogramo que os vectores a e b determinan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Foi maxistrado na Audiencia da Coruña (1838) e maxistrado (1857) e presidente (1861) da primeira sala da Audiencia de Madrid (1857). Foi elixido deputado en nove lexislaturas entre 1837 e 1864 por Lugo e polos distritos de Mondoñedo e Vilalba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Coñecida como Graziella Pareto, debutou en Barcelona en 1906 no papel de Micaela de Carmen de Bizet, e como profesional no Teatro Real de Madrid (1908) con La sonnambula de Bellini. Retirouse en 1931, despois de actuar en Madrid, Bos Aires, San Petersburgo, Kiev, Estocolmo, Roma e Milán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Engràcia Pareto i Homs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo valenciano de artistas de vangarda formado en 1957. Foi o primeiro foco de introdución do informalismo en València e, ao igual que os demais grupos artísticos da posguerra, naceu coa intención de conectar a creación artística valenciana co panorama internacional. Entre 1960 e 1964 o grupo perdeu a súa cohesión debido ás diferentes traxectorias artísticas dos seus integrantes. Dos seus membros destacaron Manuel Gil, Salvador Sòria, Monjalés, Eusebi Sempere, Isidoro Balaguer e Andreu Alfaro e o galego Xosé María de Labra. Editou a revista Arte Vivo (1957-1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque etnográfico situado no Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro). Dependente da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, está integrado por un pequeno poboado con pallozas, cunha mostra de mobiliario e útiles domésticos no seu interior, convertido en museo desde 1970; a igrexa prerrománica de Santa María a Real do Cebreiro (s IX) e unha hospedaxe fundada no s IX para atender os peregrinos que se dirixían cara a Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque etnográfico situado en Allariz. Xurdiu como un proxecto de recuperación e saneamento das beiras do río Arnoia. Está integrado polo Muíño do Burato (1992), museo dedicado aos muíños hidráulicos que se poden atopar ao longo do río e onde se mostra a moenda do cereal; o Museo do Tecido O Fiadeiro (1994), onde se amosan os aparatos empregados no cultivo e transformación do liño, un antigo tear en uso e un pequeno obradoiro, ademais de pezas antigas tecidas á man; o Museo do Coiro Fábrica de Curtidos Familia Nogueiras (1994), sobre o proceso e ferramentas empregadas no curtido e que mostra os curtidoiros e as ferramentas propias do oficio; e o Museo Galego do Xoguete (1995), que mostra unha colección de xoguetes. Pertence ao Consello Galego de Museos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político creado en 1933 a partir da Federación Agraria que xurdira o ano anterior no antigo concello de Valadares. Declarouse antiforista, progresista, de esquerdas, antiburgués e anticaciquil, e o seu programa tivo un marcado influxo galeguista. Limitaba o seu ámbito de actuación a Galicia e segundo as súas listas de afiliados, acadou unha importante implantación, especialmente entre os labregos da provincia de Pontevedra. Apoiou o proxecto da Autonomía de Galicia pero, despois do fracaso das eleccións de 1933, desapareceu como partido político para desenvolver un papel sindical. En 1936 decidiu apoiar o programa do Partido Galeguista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente política liberal exaltada durante as cortes de 1836-1837, despois de que os feitos de La Granja (12 de agosto de 1836) obrigasen á raíña rexente María Cristina das Dúas Sicilias a nomear un goberno liberal radical. Defendeu o poder soberano da nación e pretendía a configuración dunha monarquía constitucional (Constitución de 1837) e unha certa modernización económica do país, especialmente a través da desamortización. Ademais, a súa base social heteroxénea e a carencia tanto dunha organización interna como dun programa claro favoreceron un case constante afastamento do poder e a escisión da á esquerdista (Partido Democrático). Tivo que recorrer a golpes militares e ao dereito de rebelión para gobernar en 1840-1843 e 1854-1856. O éxito da Revolución de Setembro de 1868 levou a Joan Prim i Prats ao caudillismo, pero despois da súa morte produciuse a definitiva disgregación do partido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político republicano xurdido a partir do acordo entre Nicolás Salmerón Alonso e Manuel Ruiz Zorrilla no exilio en abril de 1880. Doutrinalmente, pretendía combinar un certo unitarismo, o republicanismo e o reformismo social radical de 1872. Pero o revolucionarismo conspiratorio de Ruiz Zorrilla e a política de intransixencia contra o réxime monárquico orixinaron unha serie de crises internas. O fracaso das conspiracións de 1883 e, sobre todo, a de 1886 (do brigadier Villacampa), determinaron a escisión de Salmerón, que pasou a constituír o Partido Republicano Centralista. O grupo ruiz-zorrillista, encabezado sobre todo por Esquerdo Zaragoza, tivo que aceptar o electoralismo e desbotar as conspiracións. Aínda así, non se puido evitar a disgregación que se produciu na asemblea de Madrid en marzo de 1895.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encíclica de Pío X promulgada o 8 de setembro de 1907. Complementou o decreto do Santo Oficio Lamentabili, onde se condenaba o modernismo. A primeira parte intenta presentalo como un sistema coherente de pensamento, mentres que a segunda presenta disposicións prácticas para a formación dos sacerdotes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Historia ou descrición dunha enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edición xeral das obras dos Padres gregos, preparada por Jean-Baptiste Pitra e realizada por Jacques-Paul Migne en 161 volumes (1857-1866). Comprende todos os escritos cristiáns gregos ata o Concilio de Florencia (1439), co texto orixinal e a versión latina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Grecia (1947-1964), fillo segundo de Constantino I de Grecia e de Sofía de Prusia. Viviu no exilio en Reino Unido (1924-1935) e volveu a Grecia como diádoco ao ser restaurada a monarquía co seu irmán Xurxo II, a quen sucedeu. Casou con Federica de Hannover e coidou do retorno de Grecia á normalidade política e económica, despois da ocupación alemá e da Guerra Civil (1946-1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Cultivou a narrativa e o ensaio, aínda que destacan os seus libros de poemas 87 pesama (87 poesías, 1952), Oktave (1957), Velika Skitija (A grande Escitia, 1969) e Poezije (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Castrelo de Miño. Ten planta rectangular con dous patios e conta con dous andares, segundo a pendente do terreo, descendente de S a N. Posúe unha capela independente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Militante do PSOE desde 1972 e deputado nas Cortes (1977-1986), interveu en todas as leis orgánicas destinadas a desenvolver a Constitución de 1978 e no propio relatorio constitucional. Presidiu o Congreso de los Diputados (1982-1986) e foi nomeado reitor da Universidad Carlos III de Madrid en 1989. En 2004 foi nomeado alto comisionado para a Atención ás Vítimas do Terrorismo coa finalidade de coordinar as accións en materia de apoio ás vítimas e vixiar que se cumpra a lexislación ao respecto. Escribiu Libertad, poder, socialismo (1982), Los valores superiores (1984), La elaboración de la Constitución Española de 1978 (1988), La Democracia en España. Experiencias y Reflexiones (1996) e Historia de los Derechos Fundamentales (2001). É académico de número da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico estadounidense. Interpretou habitualmente a figura do heroe prototípico, sobre todo en filmes de aventuras e westerns. Das súas películas destacan Days of Glory (1944), Duel in the Sun (1947), Moby Dick (1956), Designing Woman (1957), Cape Fear (1962), To Kill a Mockingbird (1962, Oscar ao mellor actor), I Walk the Line (1970), The Boys from Brazil (1978), Old Gringo (1989) e Other’s People Money (1991). Foi galardoado co Premio Donostia (1986), co Premio Especial de Cannes (1989) e co Goldener Bär de Berlín (1993) pola súa carreira cinematográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Xenealoxía dun animal de raza.

      2. Documento que acredita a xenealoxia dun animal.

    1. Cultivo puro, a partir dun único individuo, semente ou espora, para o estudo da súa descendencia.

    VER O DETALLE DO TERMO