"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome latino da constelación de Triángulo Austral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de dous pequenos palacios construídos nos xardíns de Versailles. Por encargo de Luís XIV, J. Hardouin-Mansart edificou Le Grand Trianon (1686-1687), composto por dous corpos que forman un hemiciclo e se unen por un perístilo; os xardíns son obra de J. Le Vau e A. Le Nôtre. Nun bosque próximo, A. J. Gabriel construíu, por orde de Luís XIV, Le Petit Trianon (1762-1766). Foi habitado por María Antonieta, que o fixo circundar por un xardín á inglesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paz asinada en Le Grand Trianon, o 4 de xuño de 1920, entre Hungría e os aliados ao final da Primeira Guerra Mundial. Hungría tivo que aceptar reducións no exército e foi obrigada a ceder Eslovaquia e Rutenia a Checoslovaquia, Transilvania e parte do Banato a Romanía, e Croacia, Eslavonia e o resto do Banato a Iugoslavia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que dura tres anos ou que aparece cada tres anos.
-
PERSOEIRO
Xurisconsulto bizantino. Colaborador de Xustiniano, foi magister officiorum e quaestor sacri palatii. Colaborou na redacción do Código de Xustianiano (529) e dirixiu a redacción do Dixesto (533) e das Institucións (533) e, malia ser destituído a raíz da revolta de Nika (532), continuou a ser a alma da lexislación imperial na eliminación das novas constitucións (Novelas). Atribúenselle algunhas obras que a Suda adscribiu a un homónimo e contemporáneo seu.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tribunal ordinario e supremo de apelación da Santa Sé. Ten a súa orixe na Chancelaría Apostólica da que formaban parte o chanceler, os auditores contraditorum e os cappellani. Encomendábaselle ao principio, caso por caso e despois de modo estable, a instrución das causas. Inocencio III concedeulles tamén a potestade de pronunciar sentenza. Con Inocencio IV e o I Concilio de Lyon os capeláns formaron un tribunal estable. O nome de Rota deriva probablemente do recinto circular en que se reunían e sentaban os auditores para xulgar as causas. Sisto IV (1472) fixou en 12 o número dos capeláns auditores. Benedito XIV determinou definitivamente a competencia do tribunal coa constitución Iustitiae et pacis (1747). A elección dos auditores estivo sempre reservada ao papa, pero concedeuse a algúns estados o dereito a nomear algún auditor: España nomeaba 2 e Alemaña e Francia un. Debían ser importantes doutores en dereito, ademais de distinguirse pola súa prudencia e integridade de vida. A partir...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado pola Constitución de 1931 da Segunda República Española para o control da constitucionalidade das leis e que entendía dos recursos de inconstitucionalidade destes. Estaba formado por un presidente, que nomeaba as Cortes, o presidente do alto corpo consultivo da República, o presidente do Tribunal de Contas, dous deputados elixidos polas Cortes, dous avogados e catro profesores de dereito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tribunal eclesiástico colexiado, ordinario, con sede en Madrid, constituído principalmente para recibir as apelacións contra as sentenzas eclesiásticas pronunciadas en España. Tivo a súa orixe no Tribunal del Nuncio que,a instancia de Carlos V, o Papa Clemente VII concedeu a España en 1529 como tribunal de apelación onde, amodo de privilexio, puideran terminarse as causas españolas sen necesidade de acudir a Roma. Este tribunal reformouno Clemente XIV en 1771 mediante a constitución Administrandae iustitia zelus e concedeulle unha organización similar ao da Rota Romana, polo que a partir de entón se denominou Rota de la Nunciatura Apostólica ou Tribunal de la Rota de la Nunciatura Apostólica. No s XIX suspendeuse en 5 ocasións, a causa das persecucións políticas contra a igrexa española. Pío XI suprimiuno o 21 de xuño de 1932, debido ás circunstancias particularmente antieclesiais creadas durante a Segunda República. Pío XII restableceuno o 7 de abril de 1947 mediante o motu...
-
VER O DETALLE DO TERMO
inquisición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo, con sede en Estrasburgo, creado polo Consello de Europa para garantir o libre exercicio dos dereitos políticos e cívicos. Poden recorrer a el tanto os individuos como os estados asinantes da Convención Europea para a Salvagarda dos Dereitos do Home, creada en Roma en 1950. Antes de recorrer a el cómpre esgotar todas as instancias nacionais e ter presentado o caso perante a Comisión Europea dos Dereitos do Home.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete que corresponde á voz ‘cortar (coas tricantas)’.
-
PERSOEIRO
Xeomorfólogo. Profesor na Universidade de Estrasburgo, dirixiu un gran número de estudos arredor do mundo, particularmente en Francia, na África francófona e en Suramérica, para a mellora ou establecemento de comunicacións, o acondicionamento de vertentes, planos hidráulicos e explotación de recursos naturais. Creou tamén o Institut de Géographie Appliquée e foi membro da Unión Xeográfica Internacional. Entre as súas obras destacan Cours de Geomorphologie: introdution a la geomorphologie climatique (1958) e Geomorphologie applicable (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido incoloro e case inodoro, moi volátil, miscible cos solventes orgánicos e inmiscible con auga, que ten unha densidade de 1,490. Emprégase como solvente, refrixerante, axente propelente e extintor. OBS: Tamén se denomina freon 11.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hábito obsesivo de arrincar os cabelos.
-
-
Hidrocarburo aromático que forma parte dun gran número de colorantes sintéticos.
-
Familia de colorantes que conteñen a estrutura do trifenilmetano, dos que destaca o verde malaquita, a fucsina, o violeta cristal e a aurina.
-
-
GALICIA
Sacerdote e escritor. Formouse no Seminario Conciliar de Tui e ordenouse presbítero en 1954. Foi ecónomo de San Mateo de Oliveira (Ponteareas) e encargado de San Simón de Lira (Salvaterra de Miño). Colaborou nas revistas Pregón e Soberossum e no xornal A Peneira, todos de Ponteareas, así como na Revista de Estudios Provinciais da Deputación de Pontevedra. Publicou Os signos lapidarios nas terras de Galicia (1993), O verbo dos arginas de Avedra (1993) e Zanqueando cos cabaqueiros (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto técnico e político. Pertence ao Colectivo Socialista, integrado no BNG. Foi membro do Consello Nacional do BNG e deputado no Parlamento Galego (1990-2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Procurador e promotor turístico. Foi decano do Ilustre Colegio de Procuradores da Coruña (1978-1998) e o primeiro presidente do Consello Galego dos Procuradores. Tenente de alcalde da Coruña (1950-1963), foi presidente da Asociación de Amigos do Turismo de Galicia e cónsul de Portugal. Preside a agrupación folclórica Aturuxo e foi fundador do Club Naútico de Camariñas. Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla de Prata de Galicia (2004). É académico de honra da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Foi un dos cultivadores da poesía barroca e nalgunha das súas obras aparece a vertente erótica e satírica. Da súa produción destacan Neopolisea, Poema heroico el gran capitán (1651) e Poesías varias, heroicas, satíricas y amorosas (1652).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa. Da súa obra, de construción moi sinxela e ligada á literatura popular, destacan Ceibos. Versos galegos (1980), Xanela aberta (1981), Tempos idos (1983), Védelos aí van (1985), A rosa dos ventos (1989) e Compostela i as camelias (1992).
VER O DETALLE DO TERMO