"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Distribución dos nervios nun órgano ou nunha rexión anatómica.

    2. Conxunto de accións que exercen os nervios sobre os diferentes órganos ou as diferentes rexións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de innovar.

    2. Cousa nova que se introduce nun ámbito determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mártir galego. Ingresou no seminario pasionista de Peñafiel aos 15 anos e foi ordenado sacerdote en 1913. Dedicouse ao ensino nos centros da congregación pasionista en España. Foi martirizado en Turón (Asturias), xunto con outros oito irmáns das Escuelas Cristianas (1934). O Papa Xoán Paulo II beatificounos (1990), ao igual que aos oito irmáns de La Salle, e canonizounos (1999). A súa festividade celébrase o 28 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1130-1143). De nome Gregorio Papareschi, tivo que enfrontarse á elección paralela do antipapa Anacleto II. Fuxiu a Francia e ao seu regreso a Roma convocou o Concilio II de Letrán (1139), no que puxo fin ao cisma de Anacleto II e no que definiu as leis sobre a simonía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1198-1216), conde de Segni. De nome Giovanni Lotario, destacou como defensor da teocracia papal. Apoiou inicialmente a Odón IV de Brunswick como emperador de Alemaña, pero posteriormente excomungouno pola súa hostilidade á Igrexa (1210). Protexeu o futuro Emperador Federico II Hohenstaufen e aprobou e protexeu as ordes franciscana e dominicana. Predicou a Cuarta Cruzada e convocou o Concilio IV de Letrán (1215)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1243-1254). De nome Sinibaldo Fieschi, continuou a política de Inocencio III. Convocou o Concilio I de Lyon (1245) no que reafirmou o poder da Igrexa e a súa orixe divina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1352-1362). De nome Étienne Aubert, foi bispo de Noyon (1338), de Clermont (1340) e cardeal-bispo de Ostia (1352). Durante o seu papado combateu os espirituais. Confiou ao cardeal Gil Álvarez de Albornoz a pacificación dos Estados Pontificios (1353).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1484-1492). De nome Giambattista Cybo, durante o seu papado a política, dirixida polo cardeal Giuliano della Rovere, levouno a enfrontarse con Fernando I de Nápoles. Organizou a cruzada contra os valdenses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1676-1689). De nome Benedetto Odescalchi, desde o papado loitou contra o nepotismo e introduciu importantes reformas na administración da Igrexa e dos Estados Pontificios. Defendeu a liberdade da Igrexa fronte as presións de Luís XIV de Francia e animou a   Leopoldo I de Austria para expulsar os turcos de Viena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bibliógrafo. Realizou unha nova bibliografía xeral portuguesa, o Dicionario Bibliográfico Português, que publicou entre 1858 e 1870.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que deriva do nome latino Innocentia ‘que é inocente’, ‘que non fai dano’ (in- + nōcere ‘ferir’). Ten os hipocorísticos Nocencio, Chencho, Xenxo/Chencha, Xenxa, Sensa. Levaron este nome 13 papas e, entre as santas, destacan a Inocencia de Rimini (s V), virxe e mártir baixo Diocleciano, celebrada o 16 de setembro; e santa Inocencia de Ravenna, celebrada o 1 de febreiro. A festividade de santo Inocencio celébrase o 28 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de inocular.

    2. Adición ao metal líquido de substancias que actúen como núcleos de cristalización e modifiquen así a microestrutura cristalina e as propiedades físicas e mecánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos actos de derradeira vontade, dotes ou doazóns que lesionan os dereitos de lexítima.

    2.   Contrario a un deber natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de inquirir.

    2. Institución xudicial creada polo papado na Baixa Idade Media, para perseguir a herexía. Aínda que existen precedentes antigos na loita contra as desviacións da doutrina cristiá oficial, frecuentemente mesturados con motivos políticos, a Inquisición como tal naceu en 1231 co Papa Gregorio IX, quen determinou que o bispo do lugar constituíra un tribunal integrado por teólogos das ordes mendicantes, que inquirira se existía delito de herexía. O seu ámbito de actuación estaba centrado no Sacro Imperio Romano-Xermánico e no Reino de Aragón; posteriormente espallouse de xeito irregular por Europa e América. O seu obxectivo inicial foi perseguir a herexía cátara, aínda que tamén se ampliou a focos declarados heréticos pola Igrexa (fraticelli, begardos ou valdenses), científicos e teólogos sospeitosos de desviacións dogmáticas, así como noutras actividades e grupos sociais considerados heterodoxos (menciñeiros, bruxas, adiviños). En realidade, foi unha forza de choque espiritual, perfectamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Corzáns (Salvaterra de Miño). Conserva parte do portón monumental formado por un muro de perpiaños e dous rexistros, no inferior atópase a porta con arco de medio punto, e no superior tres escudos: no centro o da Inquisición, na dereita o dos Barbeito e na esquerda o dos Suárez de Puga. Segundo unha inscrición foi edificada por Bartolomé Barbeito Padrón, inquisidor apostólico en 1688.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Donas (Gondomar). Fundouna o inquisidor Francisco Antonio Lorenzo de Guntín en 1777 segundo unha inscrición do patín. Ten planta en forma de L, con dúas alturas, e con construcións adxectivas e muros laterais que conforman un patio ante a fachada principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cruces (Padrón). Ten planta en forma de L. No portón conserva un remate brasonado coroado por unha cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de elección aplicado nas corporacións públicas da Coroa de Aragón no s XV e que estivo vixente ata a promulgación dos Decretos de Nueva Planta (s XVIII), que consistía en introducir nun saco ou bolsa os nomes dos candidatos propostos polo rei, dos que un neno de dous anos elixía un ao azar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de insalivar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de falta de consecución dos desexos dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO