"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Substancia que actúa sobre o sistema regulador renina-anxiotensina-aldosterona, inhibindo a acción do enzima ACE-peptidildipéptido-carboxi hidrolasa, que controla a conversión da anxiotensina I e a anxiotensina II, provocando unha diminución da presión sanguínea. En terapéutica emprégase para combater a hipertensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia da facción güelfa de Cremona, do s XIII, oposta aos Barbarasi. Da interpretación errónea duns versos de Dante, Luigi da Porto creou a familia veronesa dos Ca-puleto, adversaria dos Montescos (Montecchi), e inspirou a Shakespeare na súa obra Romeo e Xulieta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos Capuletos.

    2. Membro da familia dos Capuletos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (211-217), fillo do Emperador Sétimo Severo, quen o vinculou a tarefas de goberno desde o 198, e de Xulia Domna. Recibiu o sobrenome de Caracalla pola peza de vestir que levaba. Á morte do seu pai asasinou o seu irmán Sétimo Geta e os seus partidarios. Promulgou no 212 a Constitutio Antoniana que concedía a cidadanía romana a todos os homes libres do Imperio. Emprendeu campañas militares nas fronteiras do Rin e do Danubio. Asasinárono despois de pasar o Tigris nunha conspiración dirixida polo prefecto do pretorio. Datan do seu goberno o mapa de camiños coñecido como Itinerario Antonino e as termas que levan o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Coñecido como Vari Caramés, ao longo da súa traxectoria profesional organizou numerosas exposicións individuais, entre as que destacan as celebradas no Ateneo da Coruña (1985), no Centro de Estudos Fotográficos en Coimbra (1987), no Círculo de Bellas Artes de Madrid (1989), na Bienal de Fotografía de Vila Franca de Xira, en Lisboa (1995), e dúas retrospectivas, unha no Festival Internacional de Fotografía, en Bos Aires, e outra en Montevideo, na sala do ministerio de Educación y Cultura. Amais participou en exposicións colectivas como: Antropologia e memória (1987) da Fundação Gulbenkiam, en Lisboa; Confrontaciones (1988), no Museo Español de Arte Contemporáneo, en Madrid; Fotografía española contemporánea. Un paseo por los 90 (1995), celebrada en Lisboa, Atenas, Varsovia, Bremen, Utrecht e Manchester; 150 años de fotografía española (1999), no Círculo de Bellas Artes de Madrid; e Desde mi ventana (2000), no Château de Eau, en Toulouse. Colabora en numerosas publicacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Doutorado en Dereito en Madrid en 1910, estudiou economía en Múnic, Berlín, Viena e Londres. Foi discípulo de Flores de Lemus. Catedrático das universidades de Murcia (1916) e de Sevilla (1918), e conselleiro de estado (1931-1933) e do Banco Urquijo (1933). Dedicouse á investigación da historia económica e especializouse no s XVI, principalmente no reinado de Carlos V. Foi un dos fundadores dos Anuarios de historia del derecho español. Entre as súas obras sobresaen: Sevilla, fortaleza y mercado (1924), Carlos V y sus banqueros (1943-1949), El crédito de Castilla en el precio de la política imperial (1949), El despotismo ilustrado de los Amigos del País (1956), Informe de Olavide sobre la ley agraria (1956), Siete estudios de historia de España (1969) e Otros siete estudios de historia de España (1978). Postumamente apareceron: Recuerdos de mi infancia (1987), El historiador (1989), Libro...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cara fea.

    2. Xesto que deforma a expresión da cara, especialmente os que se fan para mofarse dunha persoa.

      1. Obxecto que cobre a cara dunha persoa para non ser recoñecida.

      2. carantoña de arame

        Careta que ten os arames moi xuntos empregada para protexer a cara das picaduras das abellas cando se castra unha colmea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Miño baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vimianzo baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que presenta como armas escudo cortado: en campo de goles, brochante sobre o todo un carballo de sinople e, saínte da súa copa, brazo armado empuñando unha espada de prata coa gornición de ouro. Entre outros brasóns recollidos para esta caste, cómpre salientar: en campo de goles, cinco cabezas de reis mouros ao natural, postas en aspa; en campo de ouro, tres cabezas ao natural, coroadas de prata e mal ordenadas; en campo de ouro, tres cabezas coroadas e mal ordenadas e tres mans dereitas apalmadas e ben ordenadas, alternando coas cabezas, todo da súa cor natural; en campo de goles, cinco brazos armados, empuñando cadanseu puñal de sable, dous moventes do flanco destro e tres do flanco sinistro; outros, en campo de goles, tres brazos armados ao natural, empuñando cadansúa espada de prata coa punta cara a arriba e postas en faixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. Foi profesor axudante de química inorgánica da Universidad de Madrid. Exerceu como redactor xefe da revista Motor Mundial e redactor de El Español, amais de dirixir El Comercial dende 1954, onde publicou numerosos artigos xornalísticos co pseudónimo de Till. Editou, entre outros, os libros: El siglo futuro (1954), Memorias del peregrino Till (1965), Viaje a tierras de Finisterre en el año del cometa Kohoutek (1974) e Introdución a Orlando Pelayo (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Despois de opositar en Salamanca (1733), ingresou no Colegio de Pasantes de Alba de Tormes. En 1736 gañou o lectorado de artes no convento de Tui. Na Universidad de Salamanca rexentou a cátedra de Teoloxía, pero acabou por renunciar a ela. Publicou en 1747 Oración fúnebre en las exequias que la Universidad de Salamanca celebró en su Real Capilla de San Jerónimo (...).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político nicaraguano. Foi presidente da República entre 1887 e 1889, ano no que faleceu sen poder rematar o programa de obras públicas que proxectara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Coñecido como Tono Carbajo, estudiou na escola Massana e na facultade de Sant Jordi de Barcelona. En 1983 trasladouse a Madrid, onde traballou no taller de Luis Gordillo no Círculo de Bellas Artes. As súas primeiras propostas, que se achegan a unha figuración matérica e xestual, están realizadas en superficies de formatos irregulares. Posteriormente, creou obras de carácter conceptual, nas que os obxectos forman parte da obra e na que os novos materiais, como a fibra de vidro, non fan esquecer os materiais tradicionais como o lenzo. A súa primeira exposición individual realizouna en 1982 na galería Novecento en Vigo e, desde entón, fixo exposicións individuais nesta cidade, na Coruña, en Santiago de Compostela e en Madrid; participou tamén en mostras colectivas como ARCO’85 ou a VII Bienal de Arte de Pontevedra, entre outras. No ámbito internacional participou en diversas exposicións colectivas: Palazio degli aratisti (Turín), Galleria Fascimile (Roma), Casa de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiadora da arte. Licenciada en Filosofía e Letras e doutora en Arte, foi directora da escola de artes aplicadas e oficios artísticos Ramón Falcón de Lugo e profesora de arte e directora do departamento de Historia da Arte e Xeografía da facultade de Humanidades da Universidade de Vigo, da que foi decana. Foi comisaria das exposicións Julia Minguillón: período de 1934-1964 (1991), Olga Reinoso (1993) e Luís Seoane: pinturas, debuxos e gravados, 1932-1979 (1999). Ademais de numerosos artigos sobre arquitectura e transformacións urbanas, e sobre diversos artistas galegos (Camilo Díaz Baliño ou Arturo Souto), publicou as obras: La ilustración en la revista Nós (1983), Julia Minguillón (1984), Os castelaos de Ourense (1985), Antonio Failde (1986), La transformación de una ciudad: Orense (1995) e El santuario de Nuestra Señora de las Ermitas (1996), xunto con Antonio Bonet Correa. É membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e da Real Academia Gallega de Bellas Artes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • + -ato ‘sal’)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome rexistrado do éter monoetílico do etilenglicol, líquido, miscible en auga e mais en disolventes orgánicos e, por extensión, aplicado aos outros éteres monoalquílicos ou dialquílicos do dietilenglicol, e aos seus derivados. Utilízanse como solventes industriais e como plastificantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Rodeiro. A primeira noticia documental corresponde á acta fundacional do mosteiro de San Pedro de Vilanova de Dozón (1154), ao que foi doada en 1156. A primitiva fábrica constaba dunha nave e unha ábsida rectangular cuberta cunha bóveda de canón. Da nave só queda unha colección de canzorros variados: vexetais, aves, figuras humanas e cuadrúpedes. Os muros transformáronse ao abrirse portas e ventás. No interior destaca a ábsida, cuberta cunha bóveda de canón semicircular reforzada por un arco faixón. O arco triunfal, de medio punto e dobrado, descansa sobre columnas con capiteis figurados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sal ou éster formado por substitución dos dous hidróxenos de ácido carbónico. Os carbonatos metálicos son moi abundantes en estado natural (malaquita, azurita, calcita, aragonita, dolomita, etc). A maioría dos metais forman carbonatos, excepto o aluminio e o cromo; os metais alcalinos configuran, ademais, carbonatos ácidos ou hidroxenocarbonatos, mentres que o bismuto, o cobre e o magnesio compoñen só carbonatos básicos. Por mor da feble ionización do ácido carbónico, os carbonatos solubles son básicos e, nun medio acuoso, sofren unha hidrólise considerable. A maioría dos carbonatos pódense obter por precipitación dunha solución dun sal do metal cun carbonato alcalino. Todos os carbonatos, a excepción dos alcalinos e do de talio, son moi pouco solubles; moitos deles descompóñense, pola acción da calor, dando lugar a dióxido de carbono e a un residuo de óxido do metal ou de metal libre, se o óxido non é estable a temperatura alta. Só os carbonatos alcalinos resisten a acción da calor. Todos...

    2. Ión bivalente de fórmula CO 3 2- que provén do ácido carbónico, por disociación dos seus hidróxenos.

    3. Álcali utilizado en certos reveladores cromóxenos en procesos de cor (ou branco e negro) cando se quere obter un pH elevado.

      1. Álcali que acompaña a substancia reveladora, da que mantén a acción en reveladores en branco e negro.

      2. Primeiro revelador de cor en certos baños cromóxenos que precisan un pH non moi elevado.

    VER O DETALLE DO TERMO