"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
CIDADES
Cidade de Columbia Británica, Canadá (545.671 h [2001] e 1.986.965 h [2001] a área metropolitana). Situada na costa do Pacífico, forma un porto natural na baía de Burrard, brazo do estreito de Georgia. É centro do comercio canadense polo Pacífico e cabeza de liña dos dous ferrocarrís transcontinentais: o Canadian National e o Canadian Pacific. A industria da madeira, a do papel e a alimentaria son as principais actividades fabrís. A área urbana expandiuse por núcleos próximos, como os de New Westminster e North Vancouver.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante. Formou parte de dúas das expedicións de Cook (1772-1775 e 1776-1780). Escribiu A Voyage of Discovery to the North Pacific and round the World (1798), relato da viaxe que fixo entre 1791 a 1794.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Jiři Mahen, escribiu obras poéticas de ton impresionista, ademais de dramas, como Mrtvé More (O mar Morto, 1918), e novelas, como Kamarádi svobody (Camaradas da liberdade, 1909).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que procede do xermánico vand ‘espírito, alento’. Ben puido ser un nome inventado, derivado do nome dos vándalos, polo frade polaco V. Klablubek (s XIII) para unha heroína da súa lendaria historia das orixes dos polacos, segundo a que sería filla de Krek ou Krakus, o fundador de Cracovia.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Traballou con Diego de Siloé na igrexa do Salvador (1536), en Úbeda, onde tamén traballou na igrexa do Hospital de Santiago e nos palacios Vázquez de Molina e Vela Cobos. En 1554 foi nomeado mestre de obras da catedral de Jaén.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao vandalismo.
-
Relativo ou pertencente aos vándalos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia a destruír por gusto perverso, ignorancia ou ostentación de forza, as obras da civilización ou aquilo que pertence ao dominio artístico, científico ou sagrado.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos vándalos.
-
Individuo do pobo vándalo.
-
Pobo xermánico que, ao inicio da era cristiá, estaba instalado á beira esquerda do curso medio do Vístula. Dividido en silingos e asdingos, establecéronse en Moravia no s II, e despois en Panonia setentrional. En 401 avanzaron cara ao Rin e espalláronse pola Galia. En 409 conseguiron atravesar os Pireneos centrais e occidentais e ocuparon diversas zonas da Península Ibérica. Os vándalos silingos establecéronse en Andalucía, onde foron derrotados polo visigodo Valia en 416-418. Os vándalos asdingos comezaron ocupando a metade setentrional de Portugal e en 425 tomaron Sevilla e despois Cartagena. En 429 establecéronse no N de África, desde onde se apoderaron das Balears, Córsega, Sardeña e Sicilia. En 455 saquearon Roma. Belisario, xeneral do Emperador Xustiniano, destruíu o seu reino e incorporou os territorios ao Imperio de Oriente en 534.
-
Lingua xermánica do phylum indoeropeo que falaba o pobo vándalo.
-
-
Que ou quen realiza actos vandálicos.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Tarragona, Catalunya (4.373 h [2001]). No seu termo atópanse as centrais nucleares de Vandellòs.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político estadounidense. Senador desde 1928, impulsou a creación da ONU (1945), do Plan Marshall (1948) e da OTAN (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Estudou as ecuacións cúbicas e cuadráticas e elaborou, xunto con Lagrande, métodos para resolver ecuacións. Son especialmente importantes os seus estudos sobre os determinantes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político belga. Foi un dos dirixentes do Parti Ouvrier Belge (1890), posteriormente Parti Socialiste Belge. Durante a Primeira Guerra Mundial formou parte dos gobernos de unión nacional (1914-1917). Foi ministro de Xustiza (1919-1921) e de Asuntos Exteriores (1925-1927). Como dirixente socialista impulsou unha política reformista e contraria ás teses dos bolxeviques.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Coñecido como o Novo, emigrou a Nova Inglaterra, onde foi gobernador de Massachusetts (1636). De volta a Inglaterra, opúxose a Carlos I, colaborou con Pym e Cromwell e formou parte do Consello de Estado (1649-1653). Restaurada a monarquía, foi decapitado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico inglés. Estudou nas universidades de Birmingham, Oxford e Yale. Descubriu que certos medicamentos antiinflamatorios inhiben a síntese das prostaglandinas. En 1982 recibiu, xunto cos suecos K. S. Bergström e B. I. Samuelsson, o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina, polos seus descubrimentos sobre as prostaglandinas.
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago do S de Suecia, o máis grande do país e o terceiro de Europa (5.546 km2). Está situado nunha cubeta tectónica que se estende despois na chaira de Västergötland. Nel desaugan os ríos Klar, Tida e Let, e é emisario do Göta.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que provén dun nome inventado polo escritor Jonathan Swift, para a protagonista do poema autobiográfico Cadenus and Vanessa (1712), a súa amante Ester Vanhormigh, do que Vanessa é o anagrama aproximativo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de insectos lepidópteros, da familia dos ninfálidos, que inclúe bolboretas diúrnas que se caracterizan por ter as ás festonadas e de cores vistosas, corpo robusto e antenas en forma de maza.
-
-
Destacamento dunha unidade que a precede na marcha como medio de seguridade.
-
Movemento cultural ou artístico que ten unha tendencia novidosa e avanzada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política arredista liderada por Álvaro de Las Casas. Deuse a coñecer oficialmente o 25 de xullo de 1933 coa publicación do seu voceiro Mais! A súa ideoloxía coincidía case totalmente coa do Partido Galeguista, agás na súa defensa da separación de España. Non tiña un programa concreto nin unha estrutura organizativa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico co que se coñece un conxunto de correntes estéticas que evidencian a crise das artes no mundo occidental a comezos do s XX. Os primeiros sinais da crise localízanse nos artistas do impresionismo e do simbolismo. Os aspectos máis notables desta crise foron: o rexeitamento dos esquemas culturais elaborados pola burguesía na Belle Époque; o intento de destrución da arte no sentido tradicional; a procura de novas formas expresivas; a asimilación de culturas afastadas; o inconformismo social; a incorporación das novas formas da sociedade industrial á creación artística e o uso de métodos de traballo freudianos. Os movementos de vangarda, iniciados cara ao ano 1905, acadaron a máxima violencia entre os anos 1916 e 1925, e entraron en crise cara á década de 1930, polo menos como fenómenos dominantes. Xa na década de 1960 se produciu un novo movemento de destrución e de experimentación artística relacionable co modern style e con certas formas da cultura pop (carteis,...